4.7 1 1 1 1 1 Rating 4.70 (120 Votes)

Viaxe á cidade milenaria de Nóvgorod

Vista do Kremlin de Nóvgorod dende unha ponte sobre o Río Vóljov
Vista do milenario Kremlin de Nóvgorod dende unha ponte sobre o Río Vóljov

Viaxar polo interior dun país extranxeiro en principio non plantea maiores problemas. Pero se ese país é Rusia, a experiencia pode chegar a convertirse nunha experiencia kafkiana. Así, na mañán dun soleado domingo de agosto de 2006 emprendín en solitario a aventura de viaxar nun tour organizado ata a milenaria cidade de Nóvgorod, a 200 kilómetros de San Petersburgo, para coñecer de preto a realidade da vida rusa de provincias. Volve a sección de camarinas.eu adicada aos viaxes dos camariñáns polo mundo con máis forza que nunca. Camarinas.eu procede a publicar unha reportaxe completa e unha galería fotográfica do noso usuario Zhúkov por aquelas terras eslavas.

Viaxe á orixe da democracia rusa

O Monasterio de Yuriev nas aforas de Nóvgorod
O Monasterio cristiano-ortodoxo de Yuriev nas aforas de Nóvgorod
A primeira sorpresa prodúcese nada máis subir ao autobús estacionado nun lateral das centenarias galerías comerciais de Gostiny Dvor, en plena Perspectiva Nevski. O viaxeiro previsor, chega cunha antelación de 15 minutos sobre o horario de saída (oito da mañán) e atopa o autobús xa abarrotado de turistas, maioritariamente rusos de visita na antiga capital imperial e orientais de ollos rasgados (¿chinos, coreanos, xaponeses?), ninguén sabe a ciencia certa a súa procedencia, pero por si acaso chámaselles "kitaiskie" (chinos). Tamén entre os presentes atópase unha rolliza rapaza francesa de pai polaco e nai checa ca que o viaxeiro español fará amistade ao longo da viaxe e que será a encargada de reflexar fotográficamente para a posteridade a mesma.
Outra sorpresa é a guía do presente tour, unha muller de mediada idade que unha vez agarrado o micrófono non parará de falar explicando as motivacións da viaxe nin un só segundo ata que, tres horas despois, xa en Nóvgorod, outra guía local colla o seu testigo e, seguindo as mesmas costumbres rusas, non descanse de falar ata que xa unha vez devoltos ao bus, a guía inicial retome a súa labor con idéntico entusismo ao inicial no percorrido de volta cara Píter, tal e como é coñecida a antiga capital imperial polos peterburgueses.
Comenza entón a viaxe propiamente dita ao interior da lexendaria vida provinciana rusa, con todo o seu tedio, o seu aburrimento e a súa brutalidade, xa descrita no seu momento por escritores da talla de Nikolai Leskov, Antón Chéjov, Iván Bunin, Nikolai Gógol ou Maksim Gorki, por só citar uns poucos. Conforme imos alexándonos de San Petersburgo os sinais do nivel da calidade de vida caen en picado. Aos lados dunha carretera con mellor firme do esperado van sucedéndose monumentos de homenaxe coronados con tanques T-34 da Gran Guerra Patriótica (1941-1945), tumbas colectivas de compañías enteiras de soldados soviéticos que morreron defendendo as aforas de Leningrado do invasor alemán.
O Monumento aos 1.000 anos de Rusia
O Monumento aos 1.000 anos de Rusia
A miña compañeira de asiento é unha muller rusa que sobrepasa os corenta e aínda está de bo ver que viaxa acompañada nos asentos dianteiros polas súas dúas fillas. De ambas, a que nun principio causa impacto no viaxeiro chegado do sur é unha espectacular rapaza de longa melena rubia, pero tras unha inspección ocular máis exhaustiva descubre que ao seu carón, a súa irmán, cun pelo máis recortado de cor cobrizo e ollos felinos, é unha auténtica beleza de rasgos finos e delicados. Finalmente e tras darse conta de que as dúas rapazas son simples adolescentes de pouco máis de 14 anos, precozmente desarrolladas que lanzan coquetas miradas aos homes, o viaxeiro avergoñado e azorado, decide cambiar a vista concentrándose a partir de entón na paisaxe: kilómetros e máis kilómetros de llanura insondable, a estepa rusa.
O autobús cubre os 200 km de distancia en pouco máis de tres horas e así pasadas as once da mañán facemos a nosa entrada na milenaria cidade de Veliki Nóvgorod, a Súa Señoría Nóvgorod a Grande, que actualmente conta con 232.000 habitantes e universidade propia. O seu nome significa literalmente Cidade Nova, pero atopámonos nunha das cidades máis vellas de Rusia de importancia capital na Edade Media pero cun destino maldito que a levou a ser arrasada dúas veces ata os seus cimientos. Mencionada por primeira vez nos escritos no ano 856, Nóvgorod foi un importante centro comercial nas inmediacións do Mar Báltico chegando a formar parte da Liga Hanseática (Liga de cidades bálticas unidas por nexos comerciais) e constituindo ata os anos 90 do século XX a única experiencia democrática en toda a historia rusa. En efecto, Nóvgorod durante máis de 600 anos foi unha especie de república independente gobernada por unha asamblea de notables. Xa se sabe: a liberdade económica acaba traendo a liberdade política. En 1570, sospeitando dunha posible traición provocada por unha alianza co veciño Reino Polaco-Lituano, o Zar de Rusia Iván IV O Terrible decide atacar cun golpe devastador Nóvgorod, a cal queda completamente arrasada polo exército persoal do Zar, a Opríchnina, a primeira e fatídica policía secreta creada nas terras rusas que estaba integrada por homes dos máis baixos escalafóns da sociedade, os cales vestidos totalmente de negro tiñan como símbolo un can e unha vasoira: o can significaba fidelidade absoluta cara o Zar, seu amo; a vasoira, a implacabilidade no barremento dos enemigos do mesmo.
Vista panorámica do milenario Kremlin da cidade de Nóvgorod
Vista panorámica do milenario Kremlin da cidade de Nóvgorod
Entremedias, a fundación polo Zar Pedro o Grande en 1703, a tan só 200 km, da nova Capital Imperial, San Petersburgo, provoca un novo golpe á importancia de Nóvgorod como centro político e económico. Sobrevivindo como a típica cidade rusa de provincias, entre a siesta e o bostezo, en 1941 sen embargo esta milenaria poboación recibirá o golpe máis brutal: o Exército Alemán por medio do Grupo do Exércitos Norte irrumpe nas aforas de Nóvgorod en agosto de 1941 iniciando unha ocupación de tintes xenocidas que durará ata xaneiro de 1944.
Precisamente foi en Nóvgorod onde tivo a súa base a División Azul española. Aquel grupo hetereoxéneo formado por idealistas, aventureiros, carreristas e forzados enviado polo Réxime do Xeneral Franco a loitar contra o comunismo, atopouse metido de cheo no frente de guerra máis duro que existío xamáis e loitando nunha guerra que non era a súa: a guerra contra o bolchevismo convertírase da man do invasor alemán nunha guerra de exterminio e aniquilación dunha poboación eslava nativa (rusa e bielorrusa) ca que os españois descubriron que simpatizaban e tiñan en común moito máis que cos seus aliados teutónicos.
A primeira parada é o Complexo Monástico de Yuriev nas aforas de Nóvgorod. Alí a parlanchina guía local ao saber que entre o grupo de turistas viaxa un español, recorda a lexendaria Batalla de Krasny Bor sucedida en febreiro de 1943 non moi lonxe de alí, onde 5.900 soldados españois fixeron frente heroicamente a catro divisións soviéticas (máis de 44.000 homes) e a dous reximentos acorazados con máis de 100 carros de combate, cunhas pérdidas de 4.000 mortos e 300 prisioneiros, pero frenando ao fin e o cabo a ofensiva soviética. Preguntado polo viaxeiro cómo recordaba a poboación rusa local aos soldados españois e temendo por unha resposta que os comparase cas atrocidades sen límite cometidas polos implacables e despiadados soldados da Werhmatch, a resposta da guía non pode ser máis sorprendente: "Oní biednie lyudi" (Eran pobres xentes), "Mnogo poguiblo!" (¡Morreron tantos!).
Catedral de San Gueorgui en Yuriev
Catedral de San Gueorgui en Yuriev
Outra huella da presencia española preséntase cando o grupo se encontra xa dentro do Kremlin (fortalezas defensivas cas que contaba toda cidade rusa medieval) de Nóvgorod. Tras visitar o Monumento aos mil anos de Rusia, adentrámonos na Catedral de Santa Sofía que preside o recinto, e alí a carón do altar álzase maxestuosa unha cruz ortodoxa que ten unha curiosa historia. Orixinariamente a cruz coroaba a cúpula da Catedral, pero tras ser bombardeado o recinto por un exército soviético que intentaba reconquistar a súa cidade, os soldados españois da División Azul recolleron a cruz cristiana entre os cascallos da cúpula derruida e enviárona por avión a España, onde estivo no Museo de Exército ata que no ano 2004 as autoridades españolas decidiron devolver a cruz aos seus lexítimos donos, recibindo a cambio unha copia exacta elaborada por artesáns locais, constituindo este feito un día de festa na atormentada cidade de Nóvgorod.
Despois duns cantos intercambios de miradas furtivos ca deusa adolescente de pelo cobrizo e ollos felinos,  decidín da man da miña regordeta amiga francesa, a cal se non recordo mal vivía nun piso alquilado na zona de Smolny, preto do lexendario Instituto de Damas da Nobleza que servío a Lenin de Cuartel Xeneral dende o que trazar e dirixir o fatídico golpe de estado do 7 de novembro de 1917, cruzar o Río Vóljov que divide o recinto do Kremlin en dous para tomar unhas cuantas fotos que inmortalizasen unha viaxe que se antoxaba tan enigmática e que sen embargo resultou tan placenteira.
Xa de volta na parada de autobús de Gostiny Dvor, e tras o cruce de miradas final, ao reflexionar sobre o triste destino da en tempos moi fermosa e democrática cidade de Nóvgorod, non puiden evitar trazar un paralelismo co sino asemesmo fatal da democracia no xigante euroasiático e recordar as palabras do gran escritor soviético de orixe xudea Vasili Grossman, Gloria de Rusia:
"Rusia ha visto mucho a lo largo de sus mil años de historia: guerras, hambres, epidemias, matanzas, la gloria de la victoria, etc... Tan sólo hay una cosa que Rusia no ha visto jamás en sus mil años: la libertad"

Comentarios   

O SOCO
+1 # O SOCO 02/07/2008 21:57
Enhoraboa de novo Marcos, siempre me deixas con ganas de seguir leendo e saber mais sobre esa terra e a sua historia.

As fotos estan de puta madre asi que eso habra que agradecerllo a Francesa... ¿Ou xa llo agradecestes?.. jeejjeje
Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # mantida 02/07/2008 22:10
A tí dijoche coma a o Soco, xa era hora de que acabaras as vacasións bloggeras, ainda que as tuas foron más larjas que as do Soco.Muy bonito reportaje copma siempre.
Muy bonito tamén o detalle dos españoles por devolver a cruz cristiana.
Denunciar ante o administrador
lusina
+1 # lusina 02/07/2008 22:18
Xa fai tempo que estaba eu poñendo de menos as historia de Rusia,que ademais sempre me quedo cas ganas de seguir leendo.Espero que ahora sigas con elas e non as deixes tanto tempo como esta última temporada.Bicos
Denunciar ante o administrador
pepewells
+1 # pepewells 02/07/2008 23:01
Magnífico reportaje que glosa un viaje hacia lo desconocido. Alguno que está dando la nota por los más diversos foros de esta página y que se va de intelectualoide , debería respetar un poco más una web que tiene redactores con semejante bagaje cultural. Felicidades, Zhúkov por tan soberbio reportaje.
Denunciar ante o administrador
uXi
+1 # uXi 02/07/2008 23:08
Simplemente... impresionante.
Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # lucia018 03/07/2008 01:03
Moi bonito o reportaje!!
E as fotos tamen..
Parece que che marcou moito ese viaxe a rusia!!
Espero que sigas asi!!!!Non cambies
Bikos!
Denunciar ante o administrador
Fatiminha
+1 # Fatiminha 03/07/2008 08:14
As fotos impresionantes! Debe ser mui bonito todo por ahí. O reportaxe fantástico!Bo traballo, seguide asi!
Denunciar ante o administrador
Salaño
+1 # Salaño 03/07/2008 21:19
Estupendo e reconfortante viaxe a terras rusas...

Coma sempre, un pracer leerche Marcos.

Non podo evitar decilo, pero unha cousa é clara; Se algunha das Beautys de Camariñas se lles da por presentarse a Miss España, alomenos seguro que se lle preguntar ¿qué sabes de Rusia? (como lle preguntataran a unha pobriña beleza do concurso fai uns anos), deixarían coa boca aberta a medio país co que xa saben da fría terra de Rasputín(eso que che deben Marcos)

PD;(por certo, recordo máis ou menos a resposta da miss non sei cando lle preguntaron eso, e respondeu: "Rusia es un país que vive gente maravillosa...y en política ha sufrido cambios..." jajaja
Denunciar ante o administrador
gelinita
+1 # gelinita 03/07/2008 21:30
moi boa reportaxe,pero non e de estrañar porque Marcos e un fenomeno
Denunciar ante o administrador
trintadousventos
+1 # trintadousventos 03/07/2008 23:05
Dios Zhukoh vaia fobia tes ti polos rusos e polas rusas , e de admirar a atracion que tes por esa parte do mundo, o que me tes que esplicar e que cojones facian os españoles en esa guerra, que intereses REALES os levaron asta ali.
Saludos campeon.
Denunciar ante o administrador
bertp74
+1 # bertp74 04/07/2008 09:05
Reportaxe magnífica.
A verdade é que entrei por casualidade no blogger colillero e tras leer os maravillosos viaxes de zhúkov as terras rusas, quedei namorada deste inmenso país do que descoñecía parte da súa historia.
Gracias por mostrárnola con tanta precisión de detalles e cunha lectura tan amena. Un placer
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.