- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 15 Xuño 2008 15 Xuño 2008
Seguindo a gloriosa estela musical que un primo seu xa abrira hai máis de 10 anos co que foi ata o de agora o mellor grupo de rock da historia de Camariñas (The Third is the Piggiest, xa recordado cun artigo nestas mesmas páxinas), o camariñán Pablo Laranjo Campaña triunfa enriba dos escenarios como baixista do grupo Snatch, grupo que ven de ser elexido primeiro clasificado dentro do concurso Musicódromo 08, repetindo con elo o éxito acadado o ano pasado ao gañar o Millarock 07 e que este venres 20 de xuño estará actuando en directo no pub Nerio de Cee. Pulsa na foto se queres saber algo máis de Snatch, ver as fotos do grupo en acción e un vídeo.
O grupo Snatch naceu no ano 2006 baixo a formación de cuarteto cun repertorio orientado a desenrolar principalmente versións de grupos e solistas anglosaxóns dentro do ámbito da música popular norteamericana (Alanis Morrisette, The Doors, Janis Joplin, Credence, B.B. King, Police…), pero pouco a pouco foron compoñendo as súas propias cancións, tomando para elo como referencia diversos estilos (soul, reggae, funk, pop, rock...) o que os leva a acadar ese sonido definido e propio marca da casa que fusiona as citadas tendencias musicais. Precisamente unha das súas composicións, "Bikos from Madeira", é seleccionada polo Apololight 2007 como quinta mellor canción do verán.
E é que para chegar a este resultado, moitos kilómetros e bolos tivo que tragar Pablo en diversos grupos, incluso compartindo escenario co director de camarinas.eu, Diego Alonso Freire, como músicos a sueldo, mercenarios da guitarra, en orquestas pachangueras que cubrían as rutas das aldeas olvidadas das provincias de Ourense e León. Era o camiño iniciático necesario que todo profesional da música ten que percorrer para curtirse como músico. Posteriormente, entrou a formar parte de Snatch xunto a Jacobo Gallego (batería), Germán Prieto (guitarra) e Paola Piñeiro (vocalista), dando lugar a este grupo de marcado carácter propio que triunfa dende o seu Santiago natal polo resto de Galicia, así o sábado 14 de xuño tocaron na Sala Ardora de Porto do Son, o xoves 19 farano no Pub Sicaru de Ferrol e o 20 no Pub Nerio de Cee a partir das 24:30 horas.
Comentarios
eu, que son crítico exisente, remato satisfeito da escoita...norab oa o jrupo...e a pablo, un gran blues, que me recorda nos punteos da guitarra os mesmos Led Zepellin.
Bicos do teu irman e Charito.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.