- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 05 Xuño 2008 05 Xuño 2008
Sam Peckimpah e William Holden, fixeron historia convertendo a violencia en arte en Grupo Salvaje
Si hai unha escena que fixo historia e condicionou todo o cine que se fixo despois é aquela na que unha das maiores estrelas de Hollywood, William Holden, ao ser preguntado nunha das escenas iniciais durante un atraco a un banco qué facer cos reféns si éstes se moven, contesta en tono implacable: "Kill them all" (matalos a todos). A película era Grupo Salvaje e o director o norteamericano de sangue cherokee Sam Peckimpah. Home visceral, aniquilado polo alcohol e as drogas, e que nembargantes deixounos un puñado de obras maestras que pasaron á posteridade. De todo esto e moito máis fálanos neste DCCC Luis Esteiro Ramos, o redactor de cine de Camarinas.eu.
Furia Mestiza
Sam Peckimpah, o director que cambiou a forma de ver a violencia no cine
Poucos directores na historia do cine tiveron unha vida tan tormentosa como a do xenio mestizo Sam Peckinpah. Director e guionista de cine, televisión e teatro, nace en Fresno, California, USA, 1925. De ascendencia nativo-americana, indio de sangue Cherokee, en 1943 alístase na mariña estadounidense ata o fin da II Guerra Mundial en 1945. Rematado seu periplo militar regresa a USA onde comeza a interesarse polo teatro maila poesía. O seu gusto polo lirismo queda perfectamente reflexado na súa posterior obra filmográfica pero dunha maneira negativa, fatalista e depresiva, unha especie de Charles Bukowski do arte cinematográfico e non só polo seu estilo artístico senón tamén pola súa atormentada vida aderezada polo alcoholismo e a adicción as drogas, os cales lle farán plasmar na súa obra un sentido moi negativo sobre a trascendencia do ser humano.
En 1946 comeza estudios teatrais, e unha vez rematados comeza a traballar no mundo da televisión como tramoyista, de ahí pasa a asistente de dirección e máis tarde a actor secundario da man do magnífico director estadounidense Don Siegel no film La Invasión de los Ladrones de Cuerpos (1956), ata que en 1961 chégalle súa gran oportunidade na gran pantalla dirixindo a súa ópera prima Compañeros Mortales (1961), un western con Maureen O´Hara no papel femenino protagonista. Trátase dun film bastante frouxo para o inmenso talento do director, pero xustificado ante a presión a que se viu sometido polos productores que impediron darlle ese toque tan persoal máis tarde desenvolto en todo o seu esplendor. Esta presión dos productores foi unha tónica constante durante toda a súa carreira debido a violencia que amosaban os seus argumentos e o seu estilo visual.
Grupo Salvaje, un dos films máis violentos da historia
Coa súa segunda película será cando público e crítica se poñan de acordo para recoñecer a súa orixinalidade: Duelo En La Alta Sierra (1962), onde comeza a súa exploración do western crepuscular, un subxénero no que será mestre indiscutible e que ten como trasfondo a traición da amizade, motivo recurrente na súa obra posterior. Na súa terceira película Major Dundee (1965) e contando coa estrela Charlton Heston adéntrase outra vez no western, desta volta no remate da guerra civil norteamericana pero outra vez os productores entrométense na súa obra mutilándoa en metraxe e argumento e facendo dela unha obra menor anque tamén interesante. Entón chégalle a absoluta liberdade no seu seguinte filme Grupo Salvaje (1969), un brilantísimo western crepuscular, dotado dun impactante virtuosismo visual, mesturando a utilización de maneira soberbia da cámara lenta e zooms de cámara en primeirísimo plano, auténtico precursor Peckinpah deste truco que le da á violencia un sentido máis plástico e ata me atrevería a decir que poético. A partir deste momento Peckinpah comeza a darlle as imaxes un sentido máis expresionista. A película narra a historia dun grupo de veteranos foraxidos comandados por Pike (William Holden) e maila súa man dereita Dutch (Ernest Borgnine) que tralo atraco a un banco e posterior masacre de parte do grupo comezan unha trepidante fuxida ante a incesante persecución dun ex íntimo amigo e socio de Pike, Thornton (Robert Ryan), agora convertido en cazarrecompensas do ferrocarril e que ten entre cella e cella capturar a Pike. Volvemos atoparnos aquí outra vez co arraigado sentido do honor de Peckinpah, un honor traicioado, entendido polo director como unha amistade íntima entre Pike e Thornton rota, que pese as súas desavenencias persoais seguen mantendo unha admiración e respeto mutuos. Pike, Dutch e o resto do grupo Lyle (Warren Oates), Tector (Ben Johnson), Ángel (Jaime Sánchez) e o vello Sykes (Edmond O´Brian) fuxindo chegan a México, onde alquilan os seus servicios a un autodeclarado xeneral mexicano que lles encomenda o asalto a un ferrocarril que contén un importante alixo de armas. Unha vez rematado o traballo, desencadéase a traxedia…Estamos a falar dunha das miñas películas favoritas, que aparte de ser un exercicio maxistral de ritmo narrativo e profundidade psicolóxica contén unha violencia visceral que remata de forma tráxica nun épico tiroteo, o mellor da historia do cine xunto o da xenial obra de Michael Mann, Heat (1995), este director digno sucesor do mellor cine de acción actual, ambas películas conteñen certas similitudes.
Comenza a mítica escena final de Gupo Salvaje: catro homes van cara unha morte segura
Despois deste prestixioso filme, Peckinpah dirixe La Balada De Cable Hogue (1970), western de tono lírico e melancólico protagonizdo por Jason Robards pero proposto en tono de comedia. Acto seguido Peckinpah brinda outro xenial filme, Perros De Paja (1971). Narra a historia dun insulso matemático (Dustin Hoffmann) que se traslada coa súa muller (Susan George) a un pequeno pobo de Inglaterra en busca da tranquilidade necesaria para rematar un importante proxecto científico…Película outra vez de factura violenta e onde o director volve a reflexionar sobre a traición pero dende un punto de vista aínda mais tráxico, a traición amorosa, acto polo que asasínanse no mundo milleiros de persoas e que é proposto aquí dunha maneira visceral que provoca nos espectadores unha sensación de catártica impotencia rematada outra vez de forma espectacular e tráxica nun grandísimo exercicio visual e todo elo partindo dun argumento en estilo telenovelesco.
Seu seguinte filme La Huída (1972) con Steve McQueen e Ali McGraw nos papeis principais é quizais seu traballo máis comercial pero ao mesmo tempo unha gran obra onde volve a tocar de lado a traición amorosa e as súas tráxicass consecuencias, moi recurrente nesta misóxina etapa do director e que volve a ser un exercicio visual impecable. En pleno auxe artístico Peckinpah realiza outro xenial filme Pat Garrett & Billy The Kid (1973), quizais a súa obra máis persoal e depresiva onde nos ofrece outra proba evidente da súa atormentada existencia, western de tono lento e hipnótico, onde analiza de novo a traición da amizade entre Pat Garrett (James Coburn) e o lexendario foraxido Billy el Niño (Kris Kristofferson), e como este último é asasinado a mans do seu anteriormente mellor amigo. Hai que sinalar a participación como actor e compositor da banda sonora do xenial músico norteamericano Bob Dylan, o cal compón unha das súas mellores cancións para esta película, Knocking On Heaven´s Door imprimíndolle ao fime un tono máis triste e depresivo.
Peckimpah, víctima do alcohol e das drogas
Un ano despois realiza a impresionante Quiero La Cabeza De Alfredo García (1974), un filme tamén cargado de violencia e sensación noxenta protagonizado por un dos seus actores fetiche dende os tempos da televisión: o xenial Warren Oates. Film que si se ve en versión original subtitulada gaña moitísimos enteiros dada a permanente utilización do español na película. Baixa o nivel no seu seguinte filme Los Aristócratas Del Crimen (1975) a pesar de contar cun gran reparto encabezado por James Caan e Robert Duvall. Con La Cruz De Hierro (1977) adéntrase no cine bélico cun filme ambientado durante a II Guerra Mundial nunha auténtica apoloxía en contra da guerra, admirada públicamente por Orson Welles. Un grandísimo filme pero cun fracaso crítico e comercial en USA. Seriamente deteriorado polo alcohol e as drogas comeza a decaer artistícamente e iso queda plasmado en Convoy (1978), filme frouxo pero cunha mítica pelea entre camioneiros nun restaurante grabada a cámara lenta. O seu afundimento definitivo prodúcese na súa última obra Clave Omega (1983), indigna da súa categoría. Sam Peckinpah morre víctima dos excesos en 1984. Merecía a pena adicarlle un espacio ao director máis violento e visceral que recorrío os platós de Hollywood e que víctima da súa frenética mente deixounos un puñado de grandes obras mestras dotadas dun estilo moi persoal e vangardista. Un director cun auténtico selo propio.



Comentarios
a outra...PERROS DE PALLA, ou a historia dun home do tres o catro,maxistral mente interpretado por Dustin Hoffman que da noite a mañán ten que defender a súa casa e a súa muller...e unha frase memorable que pronuncia o personaxe ata ese entón cun punto de parviolo que paqué cando os maleantes do pobo lle están a rondar a súa casa e dí...\"a casa de un, é a súa fortaleza...\"j a!! toma esa!!...absolut amente xenial Sam, un home que foi víctima do seu carácter e afición á bebida...unha pregunta ¿non son moitas as deudas que se teñen a o bo de sam peckinpah?...se n dúbida un deses que deu máia historia do cinema, que o cinema lle deu a él.
A casa de un é a súa fortaleza...
noraboa pola reportaxe Luis!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.