4.7083333333333 1 1 1 1 1 Rating 4.71 (72 Votes)

Piskarévskoe, o silencio da morte

Cartel que recorda o Sitio de Leningrado
Cartel que recorda o Sitio de Leningrado

"¡Cidadáns! Durante os ataques de artillería este lado da rúa e moitísimo máis perigoso". Máis de 60 anos despois o cartel segue colgado do mesmo edificio da Perspectiva Nevski. Unhas omnipresentes flores anónimas nunca faltan. O recordo da "Gran Guerra Patriótica" tal e como é coñecida en Rusia a Segunda Guerra Mundial, segue moi presente na memoria dunha cidade que perdeu máis de 1.000.000 dos seus veciños, a meirande parte deles falecidos a causa da fame e do frío, durante o Sitio de Leningrado, 900 días de dor e sufrimento onde as tropas alemanas e finlandesas rodearon a cidade fundada un día polo Zar Pedro o Grande. Os seus corpos reposan no Cementerio Memorial de Piskarévskoe, nos suburbios do norte da cidade, case en pleno bosque ruso nunha paraxe de gran beleza que visitei nunha espléndida tarde de agosto acompañado dunha amiga italiana, Marta Natalini, ca que, cousas da vida, cando queríamos entendernos nos nosos respectivos idiomas irmáns (castelán e italiano) non nos dábamos entendido e tíñamos que recurrir unha e outra vez ao ruso, idioma que en honor á verdade ela falaba moito mellor ca min. Alí, ante as tumbas anónimas de máis de medio millón de seres humanos, os dous quedamos sobrecollidos ante o silencio sepulcral, maxestuoso, da morte.

 

Vista xeral do Cementerio de Piskarévskoe cas dúas fosas comúns aos lados
Vista xeral do Cementerio de Piskarévskoe cas dúas fosas comúns aos lados
Por extrano que parezca, o paraxe que rodea Piskarévskoe é dunha beleza sobrecolledora. As estacións de metro sucédense cunha cadencia monótona cara o norte, cara os suburbios do gran San Petersburgo ata chegar á estación de Plóschad Múzhestva (Praza do Valor), alí comenza un longo treito a pe no medio dos típicos bosques rusos de abedules, á árbore nacional de Rusia, fermosas noivas vestidas nun traxe de branca cor virxinal. No Cementerio Memorial de Piskarévskoe en dúas enormes fosas comúns situadas aos lados dun gran pasillo central reposan os restos de máis de 500.000 seres humanos falecidos, na súa maioría de inanición, durante os 900 días que durou o sitio ao que o exército alemán someteu a cidade daquela chamada Leningrado.
Arrastrando polo xeo o cadáver dun rapaz pequeno
Arrastrando polo xeo o cadáver dun rapaz pequeno
Cando na madrugada do domingo 22 de xuño de 1941, 225 divisións da Wermacht e dos seus aliados húngaros, rumanos e italianos, máis de catro millóns de soldados, deron comenzo a través dun frente de máis de 1.600 km que se extendía dende o Mar Negro ata o Mar Báltico, á Operación Barbarroja, estaba a piques de comenzar a maior hecatombe bélica da historia da humanidade. Nun principio o exército soviético foi aplastado sen piedade, irrumpindo as forzas xermanas cunha forza e ferocidade descoñecida ata entón ("Esta será unha guerra como nunca se vío antes na historia. Esta será unha guerra de aniquilación", asegurara pouco antes Hitler) avanzando unha media de 80 km. diarios a través da devastada estepa rusa. Pero aquela viaxe infinita parecía non levar cara a ningunha parte ("La inmensidad de Rusia nos devora" chegou a comentar nunha carta familiar un xoven soldado alemán). O implacable ataque alemán estaba dividido en tres direccións: Sur, cara a Ucrania e os campos petrolíferos do Cáucaso; Centro, con destino final Moscú; e Norte, cara a Leningrado, cidade que Hitler xurara arrasar ata os cimentos por considerala cuna do comunismo, dado que fora na cidade antes chamada San Petersburgo onde triunfara o fatídico golpe de estado (chamada máis tarde Revolución) que levou a Lenin ao poder.
As tropas alemanas dirixidas polo Mariscal Von Leeb chegan ás aforas de Leningrado o 8 de setembro de 1941, dando lugar a un asedio da antiga capital imperial que se prolongará ata o 14 de xaneiro de 1944 día en que as tropas do Frente do Vóljov ao mando do Xeneral soviético Kiril Meretskov levantan o cerco. A acometida xermana estaba combinada co ataque desencadenado dende o norte polo exército finlandés que, baixo o mando do antigo Xeneral Zarista Gustaf Mannerheim, estaba ansioso de vengar a amputación territorial que Finlandia sufrira trala lamentable Guerra de Inverno que o exército soviético gañara en 1939 a tan alto precio (250.000 mortos contra un exército finlandés de voluntarios). Comenza entón unha das maiores crisis humanitarias da historia: nada impedirá que máis de 1.000.000 de persoas morra de fame e frío durante un dos invernos máis xélidos que se recordan, dándose casos dantescos de canibalismo (en especial recordo a fotografía dunha fermosa muller xoven fusilada por comer a súa filla de 6 meses). Sen embargo hai que decir que o sitio non foi completo, xa que a través do Lago Ladoga queda un pequeno corredor humanitario que permitía en inverno, cando o Lago estaba xeado, tender vías férreas e carreteras con que levar víveres e medicamentos cara unha cidade asediada: a bautizada pola propaganda soviética como "Doroga Zhizni", a Carreteira da Vida.
As pedras sinalan os lugares onde reposan os restos sen nome dos soldados soviéticos
As pedras sinalan os lugares onde reposan os restos sen nome dos soldados soviéticos
A maioría dos corpos de toda aquela población soviética que non chegou a ver a victoria reposan en Piskarévskoe. Un lugar silencioso, tranquilo, fermoso. A inmensidade inconmensurable do drama que alí escribío a súa última páxina fai que o visitante quede sen palabras e non poda pensar con claridade. Os familiares dos falecidos nunca souberon onde reposaban os restos dos seus, nin siquera se realmente reposan nalgún lugar, polo que calquer lugar é bo pra deixar unhas flores, un recordo polos que xa non están.
Pola cara oeste de Piskarévskoe atópase un  cemiterio ruso das vellas épocas, de cando a relixión aínda non era perseguida, onde podemos ver cruces ortodoxas e vallas de metal rodeando as tumbas, muitas cunha mesa e un banco onde poder tomar un refrixerio ou beber un vodka xunto aos falecidos. Con todo a desgana e indolencia típicas rusas fan que as ortigas e as malas herbas invadan todo o recinto, encontrándose o cementerio nun lamentable estado de abandono.
Aínda a día de hoxe, dous anos despois, non podo artellar con claridade un pensamento consistente do meu paso polo Cementerio de Piskarévkoe, tal vez non poda reciclar a miña mente limitada tanto dor, tanta morte, tanto sufrimento. E un non pode evitar pensar naquelas duras e polémicas palabras do escritor alemán Goethe:
"Con frecuencia he sentido una profunda tristeza al pensar en el pueblo alemán, cuyos individuos son tan respetables y cuyo conjunto es tan lamentable".

Comentarios   

O SOCO
+1 # Tremendo.O SOCO 14/05/2008 20:48
Oye Zhuki, tes una maneira de contar a historia que a min me deixa abrallado,. A veces quedo en dudas si contas a historia polo que estudieastes ou si e que realmente vivistes esas epocas da historia xa que o narras con sentimiento e emocion como si ti estuveras entre os sobrevivientes do ataque aleman.
Enhoraboa tio.. xa espero o siguiente capitulo.
Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # lucia018 14/05/2008 22:17
Bon leer ainda jajja!!!
aber q istoria vale
un bikiño
Denunciar ante o administrador
Salaño
+1 # Salaño 14/05/2008 22:29
Moi boa reportaxe Zhúkov, de letura moi entretida. este tipo de reportaxes dan prestixio a web.

Moitos miles de soldados alemáns faleceron de Frío na xeada Rusia cando os Rusos estratéxicament e non facían voar polos aires ós tanques inimigos...senó n as chimeneas...

Un saúdo!!!
Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # mantida 14/05/2008 22:42
hay llucof, que ben o contas,que tristes son as jerras e que tanta xente inosente morre por culpa de catro locos,tanto tuveron que sufrir e sijen sufrindo millóns de personas inosentes.
¡siempre che leerei!, hasta a próxima.
Denunciar ante o administrador
lusina
+1 # lusina 14/05/2008 23:37
Á verdade que a forma de redactar o escrito e impresionánte,s abes chegar a alma do lector,por eso amín sábeme a pouco pois quixera seguir leendo sin límite.pero teño que esperar hasta o próximo capítulo.síguen os enganchándonos, que esto xa vai a ser un vicio.gracias Zhúkov por deleitarnos estos praceres eres un fenómeno.bicos
Denunciar ante o administrador
pepewells
+1 # pepewells 14/05/2008 23:37
Para todos aquellos envidiosos y mediocres que dicen que esta es la página de los cumpleaños y las chicas monas, les diría que se diesen una vuelta por este blog que El Soco y zhukov han levantado a base de talento y mucha cultura. Que entren y se culturicen un poco en la web con el mayor nivel intelectual que existe a día de hoy en Galicia. Otro lujo de los más grandes: camarinas.eu, orgullo del pueblo de Camariñas.
Denunciar ante o administrador
juan
+1 # juan 15/05/2008 14:18
Como Latinos que somos sempre estubemos inmersos na historia suramericana contada por nosos antepasados emigrantes, sempre hasta ahora que chejou Zukosqui e edentranos na gelica e sorprendente historia Rusa.

Esplendida forma resumida de contar un cachiño de esta parte do mundo.
Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # lucia018 15/05/2008 14:35
Moi bonita a istoria!
Aun que da moita pena!
Bueno espero q sigas asi !!!!
un biko
Denunciar ante o administrador
Espirillo
+1 # Espirillo 15/05/2008 18:15
Eres un artista donde os axa ZhuKov,bonito repotaje e bonitas fotos.
Denunciar ante o administrador
hombre lobo
+1 # GRACIAS MARCOS...hombre lobo 15/05/2008 18:54
...por ista reportaxe que tan ben reflexa as loucuras dos que a veces moven as fichas humanas no taboleiro terrestre.
Nas guerras perdemos todos os humanos ainda que o noso pais non este implicado,perde mos na batalla da etica da moral e de calquera xeito,tamen perdemos cando dous irmans se levan mal ou dous amigos.
O pior das guerras sempre ven despois.
Reportaxes coma ista enriquecen a que pa moitos xa e mais que unha paxiña...simple mente e un anaquiño de camariñas.
UN AMIGO
Denunciar ante o administrador
gelinita
+2 # RE: Xeografia.eu: Cementerio Monumental de Piskarevskoegelinita 15/05/2008 18:57
zhuki fenomeno marcos sije asi
Denunciar ante o administrador
duquesa
+2 # RE: Xeografia.eu: Cementerio Monumental de Piskarevskoeduquesa 15/05/2008 19:44
A min as fotos gustaronme moi interesante a historia.
Denunciar ante o administrador
santabaia
+3 # Un placersantabaia 15/05/2008 22:47
La forma de plasmar la historia es una de las bases para que no solo sea una enseñanza,sino tambien una aventura,una novela. y tu ZHÚKOV lo consigues.FELIC IDADES Reportaje de mucha calidad.Un saludo
Denunciar ante o administrador
perillan
+3 # GALACTICOperillan 16/05/2008 11:52
Impresionante reportaxe, si o primeiro xa era de primeirisima calidade, este ainda o supera (cousa dificil) pareceme estar vivindo a historia o leela, varias veces por certo, ademais o reportaxe gráfico ilustra magnificamente o relato.
Canto se aprende nesta páxina, e un orgullo para Camariñas.
ENHORABOA ZHÚKOV, SIGUE ASI
Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # GRANDIOSOBeldoña 10/12/2008 13:30
Teño que confesar,ZHÚKOV ,que non había leído ninjunha publicación tua.Sorprendeum e gratamente este grandioso e magnifico relato "O SILENCIO DA MORTE",certamen te relatado de forma maxistral.
Saquei en conclusión o terminar a súa lectura,que ás publicasións,de ben faserse sempre con calma si se queren faser ben.A presipitasión,n unca é boa.
O pouco que leín de tí,sinseramente ,é colosal.
ENHORABOA
Antonio
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.