- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 11 Mai 2008 11 Mai 2008

O propio pobo de Camariñas será o que confeccione o primeiro Diccionario da Fala Camariñana
Fagamos entre todos o Diccionario Camariñán
Camarinas.eu, buscando sempre novas formas de engrandecer o legado da Vila de Camariñas instala un novo componente para que sexa o usuario rexistrado da páxina máis vista da Costa da Morte o que redacte o que será o futuro "Diccionario da Fala Camariñana" escribindo o término correspondente e dándolle o seu significado. Así pois, partindo do desafío que lanzou no libro de visitas a nosa querida usuaria Mantida, camarinas.eu, que xa publicara o tomo primeiro do Diccionario Camariñán, optimiza o modelo anterior dotando dunha personalidade propia e diferenciada do resto de seccións a un diccionario que terá que ser confeccionado polo propio usuario. Desta forma animámosvos a que revisitedes outra vez a noticia do tomo primeiro do Diccionario da Fala Camariñana para escribir o significado dos términos alí consignados e doutros novos que queirades incorporar no apartado que se encontra no módulo "Categorías" da parte esquerda da páxina de inicio de camarinas.eu. Pulsa neste enlace para ir directamente ao Primeiro, único e Auténtico Diccionario da Fala Milenaria do Pobo de Camariñas.
Ademáis queremos dar o nome deste componente chamado "Glossary" e que podedes atopar en www.remository.com para que todas aquelas webs que non fan máis que copiar todas as innovacións con que camarinas.eu dota á mellor páxina da Costa da Morte e máis alá, para así aforrarlles un pouco máis de traballiño que xa realizou gratuitamente esta redacción e para que tamén a ventaxa temporal que lle levamos a tódalas demáis webs que van tras o noso rabo sexa un pouquiño máis corta. Beuno, eche a vida, jajaja, como diría unha das nosas usuarias.
Pulsa na foto para ver un video tutorial do Soco no que explica como introducir un término no noso diccionario de palabras, xiros e frases típicas de Camariñas.
Comentarios
saludos e noraboa
GRACIAS EN NOME DE MOITA XENTE..SEGURAME NTE. MOITA SORTE,UN SAUDO.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.