Na tumba do escritor Fiódor Dostoyevski

Homenaxe ó máis grande: Fiódor Dostoyevski
Animado polo director de camarinas.eu e seguindo a estela maxistral aberta por outros colaboradores da web, ábrese neste recuncho da sección de cultura un blog persoal onde cada certo tempo poderei exorcizar os meus demonios particulares falando daquelas cousas que realmente me apasionan dende hai xa uns cuantos anos: especialmente Rusia". Así, aproveitando as fotos da viaxe que en agosto de 2007 realizou a San Petersburgo, o redactor cultural de camarinas.eu Zhúkov, repasará nun blog propio un tema da historia ou cultura rusas, para facer máis accesible ao gran público da Costa da Morte a través da súa páxina máis visitada este misterioso e fascinante país que se extende pola llanura euroasiática ocupando 17 millóns de kilómetros cuadrados e que engloba ducias, tal vez centos, de grupos étnicos diversos. Será un blog de carácter eminentemente intelectual, por elo non dirixido a grandes masas de lectores, senón buscando un pequeno rincón onde podamos encontrarnos un puñado de fieis semanalmente para compartir inquietudes de carácter cultural.
A primeira imaxe elexida é a da tumba de Fiódor Mijáilovich Dostoyevski, na miña opinión o mellor escritor da historia da Literatura xunto a Antón Pávlovich Chéjov (do que en Camariñas temos tan digno sucesor gracias aos relatos cortos do meu admirado Juan Camariñán). A foto está tomada no Cementerio de Tijvin, dentro da Laura (Monasterio) de Aleksandr Nevski, o cal tal vez posea a maior densidade do mundo de grandes artistas por metro cuadrado xa que reposan os restos dalgúns dos maiores xenios da historia da arte: os compositores Piotr Chaikovski, Aleksandr Borodin e Nikolái Rimski-Kórsakov, o posiblemente mellor actor soviético Nikolai Cherkásov ou o propio Dostoyevski, entre outros.
Ninguén representa a alma rusa mellor que Dostoyevski. Autor de catro obras maestras absolutas de obligada lectura: Crimen y Castigo (1866), El Idiota (1869), Los Demonios (1872) e Los Hermanos Karamázov (1880), predixo cun acerto case absoluto con 50 anos de antelación que se algún día tivera lugar en Rusia unha revolución comunista, ésta costaría 100 millóns de mortos. Na súa xuventude, e tras un simulacro de fusilamento sumario na Fortaleza de Pedro e Pablo, é condenado a 4 anos de traballos forzados no penal siberiano de Omsk e outros 4 desterrado en Semipalatinsk (actual Kazajistán) debido á súa pertenza ao [[Círculo Petrashevski]] de ideoloxía socialista utópica. Esa época quedará reflexada noutra gran obra: Memorias de la Casa Muerta (1862). Posteriormente, cambia o seu modo de pensar e así no debate intelectual xerado a mediados do XIX en Rusia, declárase eslavófilo convencido, frente aos occidentalistas, entendendo que Rusia debía seguir o seu propio camiño e que só na Igrexa Ortodoxa Rusa atoparía a salvación o seu país. Sen embargo, na Rusia actual non hai gran presencia física de monumentos adicados a Dostoyevski: debido ás súas ideas antisocialistas foi un escritor que as autoridades soviéticas preferiron obviar frente a outros de presencia case continua e agobiante ás veces (Gorki, Mayakovski, etc): alguén ao que non podían silenciar debido a súa xenialidade, pero do que tampouco conviña ensalzar o seu legado, chegando a estar as súas novelas prohibidas durante un tempo na época do Gran Terror de Stalin e sendo as edicións da súas obras contadas e pouco voluminosas.

Tumba de Piotr Ilich Chaikovski, o meu compositor preferido e home de vida turbulenta e atormentada
O día do seu enterro en febreiro de 1881 ata 60.000 peterburgueses acompañaron o féretro pola Perspectiva Nevski ata o camposanto. O Cementerio de Tijvin está á entrada do Monasterio de Aleksandr Nevski. Este atópase en fase de reconstrucción aguda xa que despois da etapa soviética (un réxime que se definía a si mesmo como "belixerantemente ateo") presentaba un aspecto de ruina total. Esto é algo común a toda á cidade dende que o peterburgués Vladímir Vladimírovich Putin ascendío á Presidencia da Federación Rusa, levando un auténtico río de millóns de rublos cara á súa cidade natal con motivo do Terceiro Centenario da cidade no ano 2003. Xa no Monasterio algo que sorprende ó visitante é atopar no xardín tumbas de membros da Igrexa Ortodoxa mezcladas cas de héroes soviéticos da Revolución mortos durante a Guerra Civil Rusa: sen dúbidas os novos amos querían demostrar quenes eran os novos mártires. O monasterio sitúase ó comenzo (ou ó final, según se queira ver) da Perspectiva Nevski, a gran avenida de San Petersburgo de máis de 4 kilómetros e medio de largo que corta a cidade en dous e que é a auténtica arteria vital dunha das cidades máis fermosas e espectaculares deste mundo creado por Deus: San Petersburgo, a cidade que o Zar Pedro concebío como unha obra de arte a construir sobre un pantano inmundo e infestado de mosquitos na desembocadura do río Nevá para demostrar que o xenio ruso podía abraiar ó mundo. Como dixo unha vez o poeta Tiutchev:
"Rusia no puede ser aprehendida con la razón. En Rusia sólo se puede creer"
Comentarios
E a proxima ves que vaias a St. Petersburgo a ver si me trais una rubiasa de esas que andan por ali soltas...jajaja
Non tardes moito en poñer o siguiente capitulo eh!!
NORABOA
E espero que sigan asi!
Markiños moi wapo nas fotos!
Un saludo!
E BIKOS
pracer de informarnos. bicos
Sigue dándonos estas clases maxistrales, que ainda por riba son gratuitas. MOI BEN FENOMENO.
firmado:Charo,Gelinita,Mantida.
Recordo perfectamente o meu malestar cando lin Crimen e Castigo...
Esa narración en primeira persoa describindo os impulsos do asasino ata facer que tí tamén quixeras formar parte do macabro acontecemento foi un dos impactos máis grandes que a lectura me provocou nunca.¡ convertérame nun asasino virtual!, ¡non desexaba outra cousa que non fóra a morte desa vella!¿son un mounstro tamén!...
Este maravilloso exercicio psicolóxico de Dostoievsqui é un hito na historia da literatura universal.
A título persoal, non podo deixar de comentar que sempre me lembro da novela cando revisito a película Perversidad de Fritz Lang, pois penso que a esencia é a mesma.
Excelente Documento Zhúkov, eu tamén serei un máis dos teus asiduos lectores.
Unha aperta!
¡¡¡¡¡¡AUAUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUU!!!!!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.