- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 17 Abril 2008 17 Abril 2008
Todo aquel que o desexe o 17 de maio poderá lembrar a Man mediante un aforismo
Un aforismo para Man
O Concello de Camariñas organiza para o día da Letras Galegas unha acción denominada “Un aforismo para Man”. Toda aquelas persoas que estean interesadas poderán enviar un aforismo a Man. O aforismo ha de estar escrito a man, non a máquina nin ordenador, en galego e nunha tarxeta postal.
As tarxetas postais deberán ser enviadas, antes do 15 de maio de 2008, ó seguinte enderezo
Casa do Alemán
Muelle, s/n
15121 Camelle
Camariñas
A Coruña
Muelle, s/n
15121 Camelle
Camariñas
A Coruña
Posteriormente farase unha exposición e lectura destas tarxetas o sábado 17 de maio na Casa do Alemán.
Por outra banda o matrimonio Bernardo e Manon Cequera en colaboración co Concello de Camariñas están realizando esta semana a tarefa de organización, tradución e valoración do legado escrito de Manfred Gnädinger .
Se estades interesados en entrevistarvos con eles mañá, venres 18 de abril, podedes facelo a partir das 12:00.
