4.66 1 1 1 1 1 Rating 4.66 (50 Votes)
camarinas.eu réndelle tributo a Charlton Heston, un dos mellores actores da historia
camarinas.eu réndelle tributo a Charlton Heston, un dos mellores actores da historia

Adeus a un home de ferro

camarinas.eu con motivo da súa morte réndelle homenaxe a un dos actores máis grandes da historia do cine: Charlton Heston. Actor de gran presencia física, home sacrificado, loitador polos seus ideais, non dubidou en manifestarse nos anos 60 polos dereitos civís da poboación negra dos USA ao lado de Martin Luther King. Sen embargo, nos últimos anos da súa vida foi inxusta e fanáticamente lapidado por orondos demagogos sin talento pola súa defensa do dereito plasmado na Constitución norteamericana a portar armas de fogo. Vaia dende aquí esta pequena homenaxe firmada polo noso redactor de cine, Luis Esteiro Ramos.


A redacción vístese de luto polo recente falecemento de Charlton Heston, actor estadounidense de aspecto robusto e dos denominados de carácter sempre cunha gran presencia en pantalla pero que o mesmo tempo desplegaba sensibilidade. Seguía así a liña interpretativa doutros grandes actores da súa xeración como Kirk Douglas, Burt Lancaster ou Richard Burton, que durante unha das épocas mais douradas e prolíficas de Hollywood, os anos 50 e 60, deleitaron os cinéfilos con grandes interpretacións, cambiando o rexistro doutros grandes actores de xeracións antecesoras.
A carreira de cuádrigas en Ben-Hur. Cume do cine
A carreira de cuádrigas en Ben-Hur. Cume do cine
Facendo un índice da súa obra decir que foi un actor moi participativo en todo tipo de xéneros cinematográficos, cunha amplia carreira dentro da industria pero sempre cunha tendencia a protagonizar superproduccións de corte histórico, épico ou bíblico durante a súa primeira etapa en Hollywood para mais adiante, a partir de finais dos anos 60 e 70, adicarse mais ben a protagonizar filmes de ciencia-ficción ou de catástrofes rematando a súa carreira como secundario de luxo ou como “guest star” en filmes de diferentes facturas
Repasando un pouco a súa vida e obra, decir que John Charles Carter, seu nome real, nace en Evanston, no estado de Illinois en 1924, no seno dunha familia humilde, comeza seus estudios de arte dramático por medio dunha beca na Universidade de Evanston. En 1943 e chamado a filas para combater polo seu país na 2ª Guerra Mundial no exército do aire. Volta a USA como un héroe de guerra volcándose rapidamente na súa vocación de actor, traballando nun primeiro momento como modelo publicitario en New York ata ir encamiñando pouco a pouco a súa carreira en innumerables obras de teatro. É precisamente en Broadway (o Hollywood teatral) coa súa representación en Antonio y Cleopatra (1947) onde alcanza a notoriedade definitiva para dar o salto a gran pantalla. Súa primeira película importante en Hollywood é El Mayor Espectáculo Del Mundo (1952), pero o estrelato chégalle coa primeira das súas obras bíblicas Los Diez Mandamientos (1956), unha superproducción de Cecil B. De Mille, onde Heston encarna a Moisés.
As grandes coproduccións históricas non atoparon mellor actor. Aquí é Moisés
As grandes coproduccións históricas non atoparon mellor actor. Aquí é Moisés
Charlton Heston demostrou ser un loitador dos seus ideais, tanto artísticos como sociais, como ocorreu cando decidio financiar con cartos de seu propio peto unha das grandes obras mestras do cine negro Sed De Mal (1958), xa repasada anteriormente na sección, pola cal Heston enfrentouse contra os productores da compañía cinematográfica Universal para que fose dirixida por Orson Welles, como así finalmente ocorrería con resultados inmellorables. Entón chégalle a gran oportunidade da súa carreira coa súa interpretación no magnífico filme de carácter bíblico Ben-Hur (1959), dirixido con man firme por un dos grandes directores do Hollywood máis clásico, William Wyler. Heston logrou o Oscar a mellor interpretación masculina por esta recreación histórica ambientada nunha das etapas mais importantes da humanidade como foi a vida de Xesucristo, telón de fondo para a adaptación da obra. Heston interpreta o príncipe de Xudea Judah Ben-Hur que no ano 26 D.C. reencóntrase co seu mellor amigo da infancia Mesala (Stephen Boyd), alto mando da lexión romana ascendido a Tribuno que é destinado a Xerusalén para poñer orden ante as revoltas relixiosas que alí se manifestan dende o nacemento de Xesucristo. Ante a prepotencia e a intolerancia que demostra seu antigo amigo, imaxe fiel do imperialismo romano, Ben-Hur revélase contra el, sendo condeado implacablemente por Mesala, xunto coa súa familia, a galeras. O filme dura máis de 3 horas de auténtica épica na que subxace unha curiosa e moi levemente suxerida historia de amor homosexual entre Judah Ben-Hur e Mesala, recoñecida polo propio Wyler moitos anos despois. So recordar que a escea da carreira de cuádrigas queda para a historia do cine pola súa espectacularidade cunha maxistral planificación, ritmo e tensión visual que proxecta nos espectadores a famosa carreira, hai que recordar que se rodou hai case a frioleira de 50 anos. En definitiva, unha das películas mais oscarizadas da historia do cine e obra mestra absoluta do cine bíblico-épico.
Arriscouse especialmente no cine independente de baixo presuposto (El último hombre vivo-1971)
Arriscouse especialmente no cine independente de baixo presuposto (El último hombre vivo-1971)
Heston agora xa forma parte do firmamento hollywoodiense e adéntrase noutra superproducción El Cid (1961) filme dirixido por outro grande da cámara, Anthony Mann, e ambientado en España que narra a historia dun dos nosos mais épicos héroes da literatura Don Rodrigo Díaz De Vivar “El Cid” encarnado polo propio Heston. Máis adiante traballa o lado do mestre da acción Sam Peckimpah, nun Western mutilado polos productores Mayor Dundee (1965) é facendo fronte ó actor Richard Harris tanto diante como detrás das cámaras. Chega entón a súa etapa mais vangardista adentrándose en filmes arriscados de ciencia-ficción como El Planeta De Los Simios (1968) de Franklin J. Schaffner, referencia deste xénero, ou El Último Hombre Vivo (1971) do descoñecido director Boris Sagal, hai pouco versionado con Will Smith en Soy Leyenda (2007). Dúas grandes películas de baixo presuposto. Con Julio César (1970) e Antonio y Cleopatra (1971) volve esporádicamente o xénero que mais éxito lle reportou. Na súa derradeira etapa como actor principal adícase a películas menores de catástrofes pero moi entretidas como Terremoto (1974) ou Aeropuerto 75 (1974). Dende finais dos anos 70 ata nosos días protagonizou como actor secundario bos filmes como o Western Tombstone (1993) xunto a Kurt Russell e un gran Val Kilmer, un filme infravalorado, e en Mentiras Arriesgadas (1994), parodia das películas de James Bond polo director canadense James Cameron.
Ata aquí un repaso xeneralizado a súa carreira como actor, pero Charlton Heston ademais de ser un gran actor foi un home comprometido durante toda a súa vida, Presidente de la Asociación de Actores de Cine (1966-1971), firme defensor da loita pola igualdade dos dereitos civis entre brancos e negros durante os anos 60, e tamén Presidente de la Asociación Estadounidense de Armas de Fuego (1998-2003) ata que un oportunista Michael Moore o fai participar involuntariamente no seu documental Bowling For Columbine, mediante o cal a súa imaxe queda danada. En 2002 informa públicamente que padece Alzheimer e como a meirande parte da xente saberá o 5/4/2008, hai uns escasos días, anunciouse a súa morte, o lado del sempre súa inseparable esposa Lydia coa cal permaneceu casado durante 64 anos.
Rematamos aquí a nosa apurada homenaxe a un dos grandes actores que dou Hollywood e que fixo soñar a moitos cinéfilos nos seus épicos filmes. Dende esta humildísima redacción cinéfila damos un sinceiro pésame pola morte de Charlton Heston. Un home de ferro.
 

Comentarios   

pepewells
0 # pepewells 10/04/2008 23:58
Fantástico y merecido homenaje de camarinas.eu al más grande actor de todos los tiempos (al menos en mi humilde opinión), que tanto debió sufrir en sus postreros años de vida debido al alzheimer...y a la política que, como siempre como una plaga, se cruzó en su camino. Adiós Sir Charles, gracias por habernos hecho disfrutar tanto en esta vida.
Denunciar ante o administrador
DAPO DICE
0 # DAPO DICE 11/04/2008 02:18
PERMITEM Q TERMINE TU COMETARIO PEPE:LA POLITIKA DL CAMBIO KLIMATIKO Q NI AL GORE SE CRE ES LA POLITKA Q KIEREN N SPAÑA NUESTRS POLITICS.ESO SI,LOS GRANDS SUELDS D LS POLITCS MI TOCARLS.AL FINAL PAGA KIEN PAGA
Denunciar ante o administrador
patriponte
0 # patriponte 11/04/2008 12:48
Como siempre,a reportaxe estupenda!e alégrome moito da homenaxe a Charlton Heston, xa que marcou a miña infancia, era o actor preferido do meu pai e na miña casa víase Ben-Hur cada Semana Santa sin falta!así que non tuven máis remedio que acabar colléndolle cariño a este entrañable actor
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.