- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 04 Abril 2008 04 Abril 2008
É coñecido o talento dos camariñáns nos máis diversos eidos da arte: escritores, cantantes, músicos, periodistas, pintores, etc.. e si había un oco era o do mundo da interpretación, cuberto agora por estos catro Camariñáns (un deles adoptivo) que dende fai uns días acuden diariamente ao Concello de Cabana para participar na serie documental da TVG "Historias de Galicia". Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos das rodaxes.
Cando Luis Carreira, o Policía Municipal do Concello, Cristian de Pitorreo, Rubén "O Rusiño" e "O Xiba" se enteraron de que había un casting en Camariñas para buscar actores e figurantes para participar nesta produción da TVG, dirixida a todos os públicos, e que ten por obxecto divulgar os feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade material, económica, política, social e cultural de Galicia, non o dubidaron e intentaron probar sorte.
Así, durante toda esta semana estiveron acudindo diariamente ao municipio cabanés para rodar un capítulo adicado á historia dos carpinteiros de ribeira que facían as embarcacións de madeira en Tilleira, Cabana (algunha delas célebre en Camariñas, como o mítico Lubina); capítulos que durante trinta minutos partindo dun escenario da Galicia actual, contan cal foi a evolución dun fenómeno determinado, deténdose en momentos históricos claves nos que se experimentou un cambio cualitativo na evolución da sociedade galega.
Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico. Nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie terá unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo.
En calquer caso o que quedou claro son as excelentes dotes interpretativas destes catro actores camariñáns que aínda que non coñecen o Método Stanislavski de Interpretación que fixo célebre o famoso Actor's Studio de New York, cuaxaron grandes interpretacións e, quen sabe si no futuro Luis, o noso querido Policía Municipal, acabará traballando como o sustituto de Charles Bronson nas películas de acción trepidante e de barremento de chusma das calles. Si eso pasa, camarinas.eu estará alá para contalo e Luis Esteiro para analizalo no seu DCCC.


























Comentarios
Xibota, eres o maximo.
Enorabuena a todos.
CAMARIÑAS, DONDE VAI, TRIUNFA
pois a ver pa cando ese documental ehhh
mira rubenn ohh...fai majasss
un bikiño
saludos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.