- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 02 Abril 2008 02 Abril 2008

Alá onde o sistema falla, xa está Charles Bronson para limpiar as calles de xente de malvivir
¡EU SON A XUSTIZA, ME CAGO EN ÑOSSS!
Coñecida a predilección de gran parte do público camariñán polas películas de justicieros que limpian as calles de chusma, camarinas.eu, a web máis peliculera da Costa da Morte, non podía deixar de adicarlle unha subsección do Death Coast Cinema Club a aqueles tipos duros que impartiron unha xustiza rápida e expeditiva ao marxe dos tribunais penais. O primeiro elexido: un mito, Charles Bronson. Pulsa na foto para ler un disparatado artículo de Luis Esteiro Ramos que é unha risa de principio a fin.

Co seu inseparable mágnum, Bronson fixo máis xustiza él solo que 500 tribunales xuntos
¡EU SON A XUSTIZA, ME CAGO EN ÑOSSS!
Antes de comezar con esta prolongación do noso DCCC gustaríame facer unha aclaración: sen ánimo de ofender ó séptimo arte, vamos a cubrir unha serie de artículos de maneira informal para intentar entreter ós fieis usuarios e farémolo recordando aqueles tipos duros das películas de acción cas que todos crecemos. Eu dende logo sempre fun un fanático empedernido dos mesmos dende os meus comenzos e agora sigo vendo esas películas de serie B, C ou Z con gran agrado e, por que non decilo, de vez en cando cun pouco de vergonza ajena. Quedei algo máis tranquilo cando lin que importantes directores de cine como Quentin Tarantino, Tim Burton ou Takeshi Kitano, eran grandes fans deste tipo de cine setentero-oitentero, e moitas das súas obras beben do mesmo.

Limpiou Boston de punks e okupas
Despois de xustificarme podremente, comezamos a subsección co pai de tódolos tipos duros por antonomasia, Charles Bronson (1921-2003). ¿Quen non recorda esa cara? Xa lle podían matar a un fillo ou fumar un pitillo, que a súa expresión facial sempre era a mesma, cun estilo de interpretación coñecido como “Bronsonismo”, consistente en non expresar nada. Chuck Norris posiblemente incluso supera esa inexpresividade, pero Bronson é Bronson. Falando un pouco da súa vida decir que comeza no mundo do cine facendo pequenos papeis sen acreditar ou aparecendo co seu nome real Charles Buchinski. En Los Crímenes Del Museo De Cera (1953) fai o seu primeiro papel considerable e curiosamente de mudo. Seu aspecto rudo e implacable fai que directores de certo renome como Robert Aldrich, Delmer Davis ou Samuel Fuller se fixen nel para papeis con importancia nas súas películas, incluso traballou co mellor director de actores e home esixente ata o mínimo detalle coa expresividade como Alfred Hitchcock, no seu espacio televisivo Alfred Hitchcock Presents, serie moi popular nos anos 70, aquí emitida, creo recordar algo, a finais dos 70 e principios dos 80, imaxínome que Bronson interpretando outra vez a un mudo. Entón facéndose un nome pouco a pouco na industria chégalle a oportunidade definitiva ca chamada dun director con moito peso dentro da industria, John Sturges, para protagonizar Los 7 Magníficos (1960), xunto a Yul Brinner, Steve McQueen ou James Coburn, e La Gran Evasión (1963) tamén con Steve McQueen e James Gardner, traballando ademais con Robert Aldrich en Los Doce Del Patíbulo (1967) ó lado do gran Lee Marvin, e tamén co recordado recentemente no DCCC Sergio Leone (por esixencia dos productores xa que o director italiano quería contar outra vez con Clint Eastwood) para protagonizar Hasta Que Llegó Su Hora (1968).

Miscelánea mural do gran xusticiero da pantalla xigante
Ata aquí como calquera dos meus artículos anteriores de DCCC, todo elogios, carreira ascendente, cartos a mansalva, nunha palabra o soño americano. Pero a industria de Hollywood é un mundo implacable e cando xa un actor se vai facendo maior ou tira de talento interpretativo ou ten que deixar paso a novas xeracións. Esto foi o que lle pasou a Bronson, chegou ós 50 anos e empuxárono das grandes produccións ós telefilmes de baixo presuposto, algo así como baixar de primeira a segunda división. Pero Bronson non se rendeu e seguío traballando duro ata que chegou a chamada do director Michael Winner e a partir deste encontro fórxase a leyenda del “Justiciero de la noche”. A película contou, creo recordar, con 4 letales partes. A primeira Yo Soy La Justicia (1974), cun argumento nada convencional, Paul Kersey detective de policía ó que lle matan a muller, a filla, a sogra e ata o can uns yonkis drogados sen piedade algunha, previa violación e hurto maior. Pero a cousa non quedará ahí non…Kersey tirará coa súa placa de policía ó mar é comezará un implacable axuste de contas cos maleantes de turno, entre os que se encontra, dando bastante pena, Laurence Fishburne (Morfeo na saga de Matrix), nun dos seus primeiros e lamentables papeis.

Bronson non se andaba con chiquitas
Kersey recorrerá tódalas rúas de New York mágnum en man en busca desta xente cativa, acompañado sempre dunha triste e desencaixada banda sonora de Jimmy Page (guitarrista de Led Zeppelín) que solta uns armónicos de guitarra sin xeito cada vez que Kersey liquida a un destes canallas. Como é de supoñer cumprirá a sua prometida vinganza. Teño que admitir que a 2ª maila 4ª parte non as vin, pero si vin Yo Soy La Justicia 3 (1985), de visión obligada po que queira ir quente pa cama. Un toma e daca sen piedade na hora e media que dura o filme, neste caso Paul Kersey contra unha cidade gobernada polos maleantes nas calles, un sin vivir, que só pode arranxar noso héroe. A acción céntrase no barrio mais conflictivo de New York, o Bronx, lugar onde non se pode nin pisar a calle, ata que chega todo chulo Charles Bronson, dando paseos como se estuvera en Disneylandia. O principio acercábanselle tódolos maleantes, pero previa tunda ou estalo, acabaron todos por collerlle respeto, célebres son as súas frases: “Son como cucarachas, hay que exterminarlos a todos” ou “Me parece que voy a salir a la calle a comprarme un helado” metendo a mágnum pa cazar elefantes no bolsillo e poñéndolle unha risiña maliciosa ó seu veciño Martin Balsam (detective Arbogast en Psicosis, ¡sen comentarios!). Pero a escea final son palabras maiores, previa masacre da meirande parte da vecindade é dun medio podre romance de Kersey cunha abogada fatalmente asesinada, para que tolee de todo e lle volvan a mente vellos tormentos pasados, baixa da casa do seu veciño cun metrallón en man, creo recordar que era dun helicóptero da guerra do Vietnam, cun colega chicano aguantándolle da munición e recorrendo as calles fulminando ós macarras de turno que se lle poñían a tiro, nunca antes nunha película houbo tantos mortos por metro cadrado, unha especie de secuela descafeinada do Terminator (1984) de James Cameron, pero con botes de pintura e cuartos de barreno como material pirotécnico. Falta como sempre o duelo final co malo de turno, un actor que non o vin na miña vida, un tal non sei que O´Herlihy, o cal é despachado cun bazoka que Bronson tiña escondido no fallado da súa casa. Aquí remata a vinganza do noso heroe, se alguen veu a película ou vai a vela comprobará que non esaxero nada. Outro tipo duro de Hollywood, Silvester Stallone, está a piques de estrenar unha versión do filme de Winner e con el a bordo seguro que non van a faltar cartos para as esceas de acción anque seguro que perdera o encanto das orixinais.
En fin rematamos aquí a nosa homenaxe a un actor do cal gardo un gran recordo da infancia e que a pesar de acabar os seus días en telefilmes de baixo presuposto estou seguro que morreu ca conciencia tranquila do traballo ben feito, pero é o que ten Hollywood e non vemos na televisión, un día eres estrela po outro estás estrelado.En honor a un dos tipos mais duros do cine moderno Charles Bronson. Sempre che recordaremos na redacción de DCCC.






Comentarios
Gracias por deleitarnos cas tuas historias do séptimo arte.
Esperarei impaciente a seguinte.
Confeso que eu tamén son deses apaisonados do cine que disfruta con Scorsese, Bergman ou Tim Burton, pero que as escondidas pásao en grande coas pelis de serie z...
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.