- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 26 Marzo 2008 26 Marzo 2008

Dende a vella Europa, Sergio Leone revitalizou o xénero máis americano: o western
O DCCC desta está adicado a un xénero moi querido na Vila de Camariñas, o das películas do Oeste, que dende aquelas antigas veladas no cine de Vicente e mailo cine de Arriba sempre contou entre nós cunha lexión de seguidores. Precisamente, Luis Esteiro Ramos, o experto en cine de camarinas.eu, adica o seu espacio a un director italiano que revitalizou o western nos anos 60 da man dun dos mellores actores da historia deste xénero: Clint Eastwood.

A triloxía do dollar: tres western de leyenda rodados en Almería que fixeron historia
O Rei do Spaghetti-Western
Moita xente hoxe en día ve o cine de vaqueros (western) como un xénero casposo, obsoleto, sen ningún interés para a modernizada vida que levamos, pero xa dende moi novo foi un xénero que me fascinou. Trátase dun cine moi popular nestas terras onde sempre nos gustou o cine de acción con tipos duros de poucas palabras como protagonistas, pouco sentimentales, maleducados, egoístas, pillos, bebedores e pendencieros, entre outros rudos e viles atributos . Xa con máis anos comecei a ver as películas do máis grande dentro deste xénero, o director norteamericano de orixe irlandesa John Ford, polo que pouco a pouco convertinme nun fan máis do vello xénero.En USA sempre foi un filón filmar películas destas características, sobre todo nos anos 40 e 50 porque o país norteamericano así se forxou: a punta de pistola. Moitos grandes westerns quedan na memoria dos fieis seguidores deste xénero: as grandes de John Ford, La Diligencia (1939), Centauros Del Desierto (1956) ou El Hombre Que Mató A Liberty Valance (1964); Raíces Profundas (1953) de George Stevens, Johnny Guitar (1954) de Nicholas Ray, Río Rojo (1948) de Howard Hawks ou Sólo ante el Peligro (1952) de Fred Zinnemann, son só algunha das xoias que se gardan deste xénero.

Lee Van Cleef, o rostro do mal
Sergio Leone non goza dunha amplia filmografía, todo o contrario, pero sempre conseguío ter unha holgada independencia nos seus filmes. Este director italiano, admirador (un máis de tantos) de John Ford, nace en Roma en 1929, fillo dun director de cine, Vincenzo Leone, cunha certa reputación dentro do seu país ata que un día o implacable “Duce” Mussolini lle pide opinión sobre un guión que el mesmo escribe coa nefasta contestación do pai do noso director cun ¡¡¡Non vale para nada!!!, co que a carreira cinematográfica do pobre Vincenzo queda fulminada de por vida. O fillo tampouco foi un director que se vendera fácilmente á industria cinematográfica e comezou dende abaixo como actor e axudante de dirección na súa Italia natal en importantes produccións norteamericanas filmadas no país trasalpino como Quo Vadis (1951) ou Ben-Hur (1959), ou cooperando na realización da maxistral El Ladrón De Bicicletas (1948) do director e actor Vittorio De Sica, unha grandes xoias do Neorrealismo italiano. Apartir de entón comeza a traballar como director en varios Peplum, moi típicos nesa época no seu país natal pero con escaso valor analítico.

Miscelánea mural sobre o violento mundo cinematográfico de Sergio Leone
A fama internacional chégalle coa anteriormente mencionada Por Un Puñado De Dólares, film basado na xenial obra do gran Akira Kurosawa, Yojimbo (1961). É con esta película cando nace o subxénero “Spaghetti Western”, como o bautizaría a crítica, e empeza a traballar co seu actor fetiche Clint Eastwood que na mesma liña que o argumento da película basouse na interpretación de Toshiro Mifune en Yojimbo para caracterizar o pistoleiro mercenario protagonista do filme de Leone. Tamén comeza outra colaboración estelar con un dos grandes compositores de bandas sonoras na historia do cine, Ennio Morricone. Esa colaboración estelar a 3 bandas continuou coa insuperable El Bueno, El Feo y El Malo (1965) (vamos bos algúns dos membros desta redacción de ver esta película e aburrir os colegas chuspindo os seus mordaces diálogos). A película conta ademáis de con Clint Eastwood “El Rubio”, coas xeniales interpretacións de Eli Wallach na pel do noxento “Tuco” e con Lee Van Cleef na do despiadado “Sentencia”, unha gran obra mestra, dotada dunha gran expresividade e repleta de frases lapidarias e retroactivas.
A “Triloxía Do Dólar” complétase con outra obra mestra: La Muerte Tenía Un Precio (1966), repetindo no reparto con Eastwood e Van Cleef, no anterior filme enimigos e neste socios anque sen moitas simpatías entre ambos. Como anécdota decir que os 3 filmes foron rodados no deserto de Almería, para recrear o Far West. Con esta magnífica película remata o período almeriense de Sergio Leone. Como as súas películas eran de baixo presuposto e os beneficios que reportaban eran moi elevados non tardaron moito tempo os productores de Hollywood en reclutalo para as súas filas. Xa dentro desta industria comeza de maneira brillante filmando a xenial Hasta Que Llegó Su Hora (1968) cun reparto de luxo encabezado por Henry Fonda, a deusa romana Claudia Cardinale, Charles Bronson e Jason Robards. Unha película na liña dos Spaghetti Western cun comezo hipnótico e abraiante.

Erase una vez América (1984)
Comentarios
Es broma, Luis ya menciona los peplum, las películas de romanos. Bueno, como siempre (no fallo una semana), bien, muy bien, esta sección es un lujo de erudición y de maquetación. Es como entrar en una antigua sala de cine. ¡Qué tiempos!
P.D.: Esta sección, por favor, si puede seguir, mejor, porque la verdad es que es una cosa muy bien hecha.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.