1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

“O Mar na Escola” é un programa que pretende achegar o mar e a vela lixeira aos estudantes de cuarto e quinto de primaria dos centro de ensino do Concello de Camariñas. Xa leva en activo un total de 18 anos e nesta edición incorporou novos elementos que veñen a complementalo como son o “Xogade” promovido pola Xunta de Galicia ou o “Explora 10” que pretende potenciar o turismo deportivo na Costa da Morte.

Outros elementos non son novos, se non que repiten como é o “Aprende a través do Surfing” un programa que se incorporou o ano pasado e que continúa a súa andaina nesta edición. Este nace co obxectivo prioritario de continuar a achegar o mar e os diferentes modelos de surf aos estudantes de terceiro e cuarto de primaria así como a concienciación sobre o coidado do medio mariño.

Así, hoxe día 26 de abril, comezou esta segunda edición das clases prácticas deste “Aprende a través do Surfing” no que participaran 100 estudantes de segundo, terceiro, e cuarto curso do CEIP O Areal e do CEIP Ponte do Porto. Farano en dúas quendas: a primeira delas irá dende este martes 26 de Abril até o xoves desta mesma semana (CEIP O Areal). A segunda irá dende o luns da vindeira semana até o mércores (CEIP Ponde do Porto).

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.