- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 25 Abril 2022 25 Abril 2022
O pasado 23 de Abril foi, como todos os anos, o día do libro e a festividades locais de San Xurxo unha efeméride que tanto a biblioteca municipal como o CEIP o Areal aproveitaron para levar a cabo unha acción conxunta baixo o nome de “Danza de libros polo San Xurxo. Queres bailar?”.
A iniciativa nace aproveitando o espectáculo de danza (programa Escora) da Deputación da Coruña, programado para o 23 de abril. Os libros bailarán de diferente xeito segundo a súa temática, como por exemplo:
- Os libros de amor bailan en parellas
- Os libros de medo e suspense bailan sos
- Aos libros de aventuras gústalles bailar en grupo
- Os libros de ciencia ficción bailan raro?
Deste xeito, cada curso realizou unha selección de libros segundo a temática que se lle asignou e presentou un mural creativo no que se vían as ideas que lle suxerían cada temática mentres a relacionaban tanto coa danza como coa festividade de San Xurxo.
O reparto da temática para cada curso foi o seguinte:
- Educación Infantil: Contos Infantís
- 1º Primaria: Libros de Ciencias
- 2º Primaria: Libros de Humor
- 3º Primaria: Libros de Aventura
- 4º Primaria: Cómics
- 5º Primaria: Libros de Terror
- 6º Primaria: Libros de Amor