1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Concello de Camariñas está ligado a historia dos naufraxios, a súa costa é o epicentro da costa da morte e iso é algo que non pode evitar formar parte da cultura da zona. Fai escasas semanas presenciábamos as festas celebradas en Camelle na honra do City of agra dos seus mariñeiros e das xentes de Camelle e Arou que se lanzaron ao mar no seu rescate. Hoxe, 10 de Novembro, a cita coa historia tráxica da costa camariñá era co buque inglés Serpent e a ofrenda floral que levou a cabo a alcaldesa, Sandra Ínsua, xunto coa conselleira Encarna Liñeiro que se trasladaron ao cemiterio dos ingleses para realizala.

Do mesmo xeito, quíxose aproveitar esta fecha simbólica no Concello para inaugurar unha exposición ao aire libre no paseo marítimo de Camariñas. Nela os interesados locais e foráneos poderán ver a reconstrucións dos afundimentos máis emblemáticos que acaeceron na zona dende o punto de vista da época mesma na que aconteceron. Isto lógrase a través de fotografías do seu momento xunto con recortes de periódicos e revistas que cubriron a noticia por aquel entón.

 

OfrendaFloralSerpent_1.jpeg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.