1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O venres, 1 de Outubro, a Mostra do Encaixe realizou a entrega de agasallos aos membros da Deputación da Coruña como agradecemento a implicación e compromiso que garda esta co evento do encaixe camariñán.

A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, xunto co concelleiro Sergio Caamaño, fixeron entrega do obsequio, de forma persoal, ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, así como colocaron en cada unha das butacas unha bolsa con cadanseu agasallo nos distintos asentos do hemiciclo antes de que comezara a sesión.

Dende o gabinete da Mostra subliñan a “versatilidade da aplicación do encaixe para obter produtos tan espectaculares como a paxariña” como a que se fixo entrega a José Ramón Rioboo. Ademais, inciden na gratitude a “inestimable axuda e colaboración” que ten a Deputación co evento do encaixe.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, agradeciulles a Caamaño e Liñeiro “un detalle precioso, que amosa non só a beleza do Encaixe, tamén a solidariedade e detallismo do pobo camariñán”, e avanzou que “a nosa intención é seguir colaborando nun evento que é a proba de que a nosa artesanía e manufactura ten moita cabida neste mundo, cada vez máis tecnificado”.

 

Agasallos_3_MOD.jpg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.