1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O próximo día 15 de Abril terá lugar no auditorio do CGAC a presentación ao público do catálogo da exposición Museo (do ermitán) Man. O acto estará presidido pola responsable do museo Man de Camelle, Andrea Serodio, e a comisaria da mostra do Encaixe e docente da Universidade de Vigo, Carmen Hermo, acompañadas por o director do CGAC, Santiago Olmo.

A entrada ao acto é gratuíta e so require de unha inscrición previa a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. no que se indicará nome, apelidos e número de teléfono. O aforo estará limitado a 60 persoas, aínda que esta cifra pode variar dependendo da situación sanitaria. No caso de que queden prazas libres poderanse cubrir o propio día facendo unha chamada previa ao número de teléfono 981 546 619 da recepción do CGAC para rexistrarse.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.