1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Tal día coma hoxe, mércores de semana santa, a tradición sempre foi a de inaugurar a Mostra do Encaixe. Porén, este ano non puido ser pola situación sanitaria, mais se homenaxeou este feito con outro acto similar como foi o acontecido esta mañá na praza da Insuela, fronte a casa consistorial do Concello de Camariñas.

Este foi o acto da inauguración do “Palilleiras: Presente e Futuro” unha exposición que permanecerá na praza do concello até Outubro deste 2021. Nela preséntanse 22 tomtéms que portan fotografías de palilleiras da zona. Con isto búscase homenaxear a todas estas mulleres que, xeración tras xeración, fixeron da tradición do encaixe un oficio e unha arte pola que se recoñece ao municipio a nivel mundial.

Mostra_4_todos.jpg

O acto estivo presidido pola alcaldesa, Sandra Ínsua, o director xeral de consumo, Manuel Heredia e a fotógrafa Ana García que cortaron a cinta inaugural. Esta última, Ana García, foi a que realizou as fotografías dentro de un proxecto para a Voz de Galicia que data do 2019.

Sandra Ínsua explicou que “poucas homenaxes son tan merecidas como esta xa que elas son o maior símbolo de Camariñas e en moitas partes do mundo coñécennos grazas á súa labor e esforzo creando arte a través do encaixe” e agradeceu a Ana García “por permitirnos gozar desta fermosa exposición”.

Mostra_2_sandra.jpg

Manuel Heredia explicou que “sempre estaremos ao lado do sector artesán, e este é un dos máis destacados da comunidade”. Por outra banda, Ana García destacou que “é imposible non namorarse do encaixe de Camariñas e isto é unha homenaxe ao labor e esforzo das palilleiras”.

Mostra_1_ana_gacia.jpg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.