5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

O entroido deste ano 2021 será cando menos peculiar debido a situación de pandemia que estamos a vivir. Tradicións como as comparsas a pasear pola vila até o pavillón, onde se celebrou sempre o concurso para seleccionar as mellores, terá que esperar até o ano que ven. Porén, isto non significa que nos quedemos coas ganas de entroido no Concello de Camariñas.

 

Así é que teremos dous concursos que se celebraran de forma telemática, e dicir, dende as nosas propias casas, para festexar o entroido. O primeiro deles trata sobre a tradición e os nosos avós e avoas, de como vivían no seu tempo o entroido, que comían, cales eran as brincadeiras que facían, que cantaban e demais contos que gardan na súa memoria. Este é o “enxoval da memoria” e así fala del o médico de Camelle, Fernando Cuadrado.

 

As bases son sinxelas. Os participantes deben gravar un vídeo no que unha persoa maior fale de como era o entroido cando era cativo. Se ten fotos, carteis ou obxectos que acompañen a historia serán valorados positivamente no concurso.

concurso_o_enxoval_cartel.jpg

 

O outro será un concurso de disfraces. Os participantes deberán posar cos seus traxes e sacar unha foto de fronte e outra de costas. Haberá múltiples categorías: individual para nenos, individual para adultos e outra grupal onde poderán participar familias ao completo. Todas as categorías terán premios para os gañadores.

concurso_de_disfraces_2021.jpgconcurso_de_disfraces_2021.jpg

 

Animádevos a participar neste entroido dun xeito seguro con estas propostas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.