- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 17 Marzo 2008 17 Marzo 2008
Os periodistas de verdade si recoñecen a camarinas.eu

Agora que proliferan por tódolos recunchos da costa as webs como setas e que calquera lle chama ás tonterías que publica xornalismo profesional, camarinas.eu móstrase especialmente orgullosa de que Xosé Luis Blanco Campaña, o gran mestre de xornalistas desta franxa atlántica, ex-director da Radio Televisión de Galicia, presentador de programas de enorme éxito en tódolos medios, home cun currículum apabullante, pero por encima de todo Camariñán, se acordase desta humilde web do pobo dos seus amores e recoñecese a labor que está a facer.
Efectivamente, o Cronista Oficial de Camariñas e actual Presidente do Club Náutico da Vila dos Encaixes facíase eco nun monográfico adicado á Costa da Morte publicado por El Correo Gallego este domingo 16 de Marzo, da iniciativa que saíu dos usuarios de camarinas.eu de publicar por primeira vez na historia milenaria do noso pobo o 1º Diccionario da Fala Típica de Camariñas. No propio artigo Xosé Luís da unha auténtica lección de xenialidade literaria hilvanando un texto a base de palabras, ditos e xiros camariñáns que merece pasar aos anales da historia desta vila mariñeira, moitos dos cales foron pasados por alto por esta redacción e os seus usuarios e que sen dúbida formarán parte do II Tomo do Diccionario da Fala Camariñana. En fin Xosé Luis, que unha persoa da túa altura intelectual recoñeza a labor que están a levar a cabo todas aquelas persoas sinxelas, humildes camariñáns, que día a día colaboran desinteresadamente na confección da que é a mellor páxina web endexamáis feita na Costa da Morte, é para todos nós un motivo de especial orgullo e danos forzas para seguir adiante a pesar de tódolos obstáculos. Pois eso Xosé Luis, moitas gracias e xa sabes, ¡¡FAS MOCAS!!
Comentarios
...Cajolatos,sichón,revoltosa(gaseosa),arnajado sean los demonios,fora soberbia soberbia fora,retrato da marjura,meu jalano,disque,s apatillas,cuxas ,enqlenque esétera,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,
PD:Que persoas ca intelixencia,cu ltura e prestixio como Xose Lois Blanco alabando o esforzo feito por xente común,humilde e sin ningunha intención máis que non sexa defendela igualdade,que recoñezan a nivel nacional e mundial o traballo feito,,fai sentirse a un máis orgulloso de ser camariñán,usuar io de Camariñas nunha web nun mundo que corre a millóns de km por hora,e como non,lector de cronistas con unha experiencia digna de observar e enriquecernos culturalmente,, ,gracias
porta con porta somos os maximos.
e tamen saludar a sua dona que e tocaya de miña nay como non guadalupe(lupe) para os camariñans.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.