5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (5 Votes)

Despois de anos e anos de estudios musicais, de empaparse con deceas de grupos da dureza do metal, da armonia melodica de musicas do mundo ou da sabiduría do jazz chega o turno de enfrascarse noutro proxecto para o baterista camariñán Álvaro Trillo. Este virtuoso das baquetas creiado na Carretera do Faro da Vila das Palilleiras emprende, xunto a outros dous expléndidos músicos un novo grupo musical único na súa especie. Trátase do trío Udra, nome que cremos que fai referencia a ese cabo situado nos mares do Morrazo e do que saíron tantas lendas castrexas. Sexa como fora, este virtuosísimo conxunto de músicos galegos ben de estrear o seu primeiro videoclip. Un maravilloso compendio armónico con reminiscencias de Jazz (non podía ser doutro xeito con Álvaro), Funk, Soul e incluso Hip-hop con matices de Rock Progesivo difícil de encadrar na actual perspectiva musical e que soen denominar os entendidos nesto como Neo Soul. Para contratacións e actuacións o grupo pon a disposición dos interesados o número de contacto do seu manager 647 055 245. E dende aquí rematamos esta nova presentamos en exclusiva ese gran traballo musical en forma de videoclip dun grupo que está chamado a facer grandes cousas nun mundillo musical galego cada vez máis innovador. Noraboa poo gran traballo!

Engadir un comentario