- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 25 Febreiro 2008 25 Febreiro 2008
Este DCCC estaba previsto que fora publicado o pasado venres 22 de febreiro, como antesala á ceremonia dos Óscar 2008, pero como xa sabedes ese día estalou a nosa páxina polos aires nunha espectacular e fermosa explosión piroplástica. Hoxe publicamos este artículo onde o noso redactor de cine, Luis Esteiro Ramos, coróase como o maior experto en cine de toda a Costa da Morte cun DCCC onde predice palabra por palabra todo o que aconteceu na gala dos Óscar celebrada en Los Ángeles este domingo 24 de febreiro. Luis = Matrícula de Honor.
Coen + Bardem = Óscar
Repasando o cine dos Coen atopámonos cunha filmografía sólida, as veces xenial, que no caso da súa opera prima Sangre Fácil (1984), alcanza a categoría de obra maestra indiscutible, co clásico triángulo amoroso tan característico do cine negro aderezado cunha trama con moitas voltas de guión e esceas sorprendentes que dende aquí recomendo ós cinéfilos. Tamén destacan: Arizona Baby (1987) comedia desternillante e innovadora onde Nicholas Cage borda un dos seus mellores papeis; Muerte Entre Las Flores (1990), outra das grandes do seu cine negro con tintes de comedia negra máis marcados que noutras obras; Barton Fink (1991), a súa obra máis persoal e surrealista; El Gran Salto (1994), a única decepción que atopamos na súa filmografía; pero rexurden con outra obra xenial Fargo (1996), ambientada na súa natal e xélida Minesotta; con El Gran Lebowski (1998) tocan teito na comedia disparatada, unha risa de principio a fin, ca persoaxe ("El Nota") pola que será recordado o gran Jeff Bridges; Oh! Brother (2000), baixa un pouco o listón pero segue a liña de comedia de gran calidade, e con El Hombre Que Nunca Estuvo Allí (2003) reinventan o cine negro dos vellos anos dourados do xénero. En definitiva desexámoslle a mellor das sortes a este tándem na próxima ceremonia dos Oscar. Bardem xa estivo apunto de acadalo no ano 2000 co filme de Julian Schnabel "Antes Que Anochezca", pero nesta ocasión a crítica outórgalle mais posibilidades de acadalo. Os Coen parecen darlle o empurrón definitivo que a súa carreira necesitaba. Esperemos que así sexa.
