- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 30 Xaneiro 2008 30 Xaneiro 2008

Camarinas.eu volve á carga coa segunda edición do Club de Cine da Costa da Morte (Death Coast Cinema Club), a sección comandada pola man experta de Luis Esteiro Ramos, o Redactor de cine de camarinas.eu. Nesta edición o DCCC analiza a obra do xaponés Akira Kurosawa, un director xenial con obras que deron lugar a famosos e lexendarios remakes, ben en Hollywood (Los siete magníficos - John Sturges), ben en Almería (Por un puñado de dólares - Sergio Leone). Invitámosvos, da man de Luis, a darvos un paseo polo noso cine.
OS SOÑOS DE AKIRA KUROSAWA

Proseguindo con noso repaso quincenal ós directores e películas máis grandes da historia do cine, facemos un alto no camiño en Xapón para recordar a memoria do director que posiblemente mellor plasmou a sensibilidade humana (e maila falta dela) dentro da grande pantalla, ese non é outro que o gran [[Akira Kurosawa]].
Nado en Tokio en 1910, Kurosawa está claramente influenciado por un dos máis grandes directores do séptimo arte: o estadounidense [[John Ford]], do que incluso imitaría durante toda a súa carreira a eterna gorra que cubría a cabeza do xenio norteamericano. Kurosawa tivo que loitar contra vento e marea para que, co paso dos anos, lle recoñecesen unha obra de inmensa calidade e influencia, en particular no cine occidental a partir dos anos 50, como así recoñeceron públicamente os seus máis acérrimos seguidores: os directores [[Steven Spielberg]], [[George Lucas]] ou [[Martin Scorsese]], os cales plasmaron nalgunhas das súas películas as connotacións máis importantes do cine do xenio xaponés.
Sempre á sombra doutros grandes directores xaponeses do século XX como Ozu, [[Kobayashi]] ou Kenji Mizogouchi, Kurosawa tivo que emigrar en numerosas ocasións ao estranxeiro para que lle financiasen os seus proxectos cinematográficos. O estilo que utiliza Kurosawa poderíase definir como expresionista ao igual co de [[Hitchcock]], cun estilo moi visual pero o mesmo tempo crendo na importancia dun bo guión para chegar a facer unha obra mestra, a diferencia do anterior mencionado que convertía en ouro todo o que tocaba sen necesidade de ter unha boa historia. Outro dos rasgos da súa obra foi o amplio abanico de xéneros que abarcou , especializándose no cine de aventuras, Los Siete Samurais (1954), que dou lugar a un excelente remake rodado en Hollywood: o clásico do western Los Siete Magníficos dirixido por John Sturges en 1960 e protagonizado por Yul Brynner, Steve McQueen ou Charles Bronson entre outros; La Fortaleza Escondida (1958), película que influiu na concepción cinematográfica de Star Wars de George Lucas; Yojimbo (1961), cun argumento utilizado polo director italiano Sergio Leone en Por Un Puñado De Dólares, o seu primeiro spaguetti western (xénero ampliamente explorado e imitado polos tres servidores desta humilde redacción en longas noites etílicas); tamén se atreveu co suspense hitchcockiano na maxistral El Infierno Del Odio (1963); levou á pantalla en 1975 a novela "Dersu Uzala. El Cazador" do famoso explorador ruso Vladímir Arseniev nunha película rodada na Unión Soviética cun equipo composto íntegramente por personal soviético, e que acadou o Oscar á mellor película extranxeira ese ano, ata rematar a súa carreira cinematográfica cunha mestura de todo tipo de xéneros con Kagemusha. La Sombra Del Guerrero (1980) ou a maxistral Ran (1985), película basada na obra do seu admirado [[William Shakespeare]] "El Rey Lear", do que tamén adaptou Macbeth en Trono De Sangre (1957). Altamente recomendables son tamén as películas Rashomon (1950) e Dodeska-den (1971).

O seu actor fetiche foi [[Toshiro Mifune]], sen dúbida o actor xaponés con maís talento e recoñecemento internacional da historia do país nipón, anque a súa relación profesional acabou truncada por desavenencias artísticas entre ambos. Nas súas películas Kurosawa reflexou a espiritualidade como matiz principal intanxible da súa temática, rasgo imprescindible en calquera obra xaponesa xa sea de literatura, teatro [[Kabuki]], cine ou manga, o cal lle da un aire máis intelectual ás súas obras engadindo tódolos rasgos da peculiar personalidade japonesa: o honor, o sentido do deber, a ambición, a desesperación. Tamén recurrente é a súa fascinación pola natureza, impresa na meirande parte das súas películas, como os sonidos da auga, do vento, da choiva, e decir, dos elementos naturais que fan enriquecer as súas películas xa de por sí xeniales.

Como en cada director temos pensado destacar e analizar unha das súas películas, con Akira Kurosawa vamos a diseccionar, na medida en que sexa posible, a película que na miña opinión e a máis emotiva de todas, Vivir (1952). A película narra a historia dun funcionario subalterno do concello de Tokio, o cal leva unha vida solitaria e monótona debida a excesiva burocracia do seu traballo, ata que un día lle atopan un cancro de colon e toda a súa perspectiva sobre a vida cambia, entón decide vivir, nun primeiro momento evadíndose da realidade durante unha longa noite desenfrenada polas tabernas e prostíbulos de Tokio víctima do pánico e a desesperación polo impacto da mala nova, ata que máis adiante se refuxia na vitalidade dunha moza compañeira de traballo e remata rebelándose contra a xerarquía burocrática arraigada no concello. Nesta evolución psicolóxica do protagonista obtemos o clímax da película rematado de forma maxistral por Kurosawa cun velatorio que xa pasou a historia do cine pola súa orixinalidade e profundidade. Hai que eloxiar a interpretación do actor protagonista Takeshi Shimura aínda que non a súa doblaxe ó castelán que nalgunhas ocasións alcanza tintes case ridículos. Parece evidente o reflexo do director dun país humillado trala Segunda Guerra Mundial, cun tono triste e lento que fai da película unha obra maestra do neorrealismo emerxente desa época. Por todo isto e máis que queda no tinteiro escollemos a Akira Kurosawa como un dos máis grandes directores do pasado século XX.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.