- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 10 Mai 2013 10 Mai 2013
Camarinas.eu, a gran páxina apolítica, independente e imparcial da Costa da Morte, presenta á súa pléiade de lectores un novo colaborador que sumar a unha das listas máis ilustres, numerosas e talentosas do panorama xornalístico galego. Para reforzar aínda máis o carácter neutral do gran medio de comunicación do Concello de Camariñas a partires deste ilusionante 10 de maio de 2013, cinco anos e medio e 3.006 noticias despois, unha das figuras clave para democratizar e dotar dun carácter moderado e posibilista o centro-dereita municipal, o militante histórico do PP camariñán Ramón Dios Carril, aquel coñecido popular e cariñosamente entre as masas porteñas como Moncho de Dios, inicia unha colaboración xornalística que esperamos fecunda con Camarinas.eu. E farao acorde cun carácter indomable e independente como o seu, a contracorrente de imposicións externas e ao marxe de dictados orgánicos, elexindo e desenrolando temas dende o seu peculiar e innegociable punto de vista. Co gran público da Costa da Morte, Moncho de Dios, o último home libre.
Eu Fernado rei de Castilla e de Leon, estaba tranquilamente na miña cama descansando das miñas matanzas aos mouros e ás veces a cristiáns cando oio que alguén golpea cun pau á miña porta matrimonial, saio e digo -que pasa- o meu fiel administrador o marques de Ol e Veira dime -señor que o rei Ramiro de Aragon envíavos unha proposta- ese cara fea fillo do diaño contesto eu, reunirme a toda a nobreza -pasaron cinco días e estaba a nobreza reunida.
Señores do meu reino o Ramiro ese de Aragón mándame unha proposta, dinos que este inverno quere ir de caza aos Pirineos e que quere deixar resolta a polémica pola cidade de Cala hora que xa son moitos os cristiáns que se morreron por culpa desa cidade, que me decis.
Sáeche o Marques de Ol e veira e di -O meu señor ao tribunal constitucional, ao tribunal xa-. Eu o Rei cáleme pois non sabia o que era iso-e alfaia ,-esperar un momento que vou botar unha meada, sali e fun a xunto o sabio da corte chamado Papamoscas: -oe Papamoscas que é iso do tribunal constitucional-. Señor me respondio, iso é un invento que van ter no século XX e nós estamos no XII- volvo á gran sala do trono e por sorte para a miña xa estaba Don Rodrigo Diaz de Vivar, mais coñecido como o Cid (o meu señor en árabe) toma a palabra e alfaia, o do tribunal constitucional non, Rodrigo necesitámosche, o Rei Ramiro de Aragon quere unha loita entre dous homes e o que gañe lévase co a cidade de Calahorra para o seu reino. Salta o Cid -Señor a miña espada polo meu Rei e por Deus. Eu o rei dígolles aos presentes, chamade ao enviado do Rei Ramiro de Aragon e dicirlle que si que estamos de acordo coa súa proposta quedando dia e hora para cando o diga.
O campo e o dia quedaron sinalados, alli vaise a xogar o destino da cidade de Calahorra, as tribunas están repletas cos seus correspondentes estandartes uns gritan á Virxe do Alicerce e outros a Santiago o Apostol, as regras eran a dos cabaleiros -honradez e nobreza -por unha banda estaban o Cid e polo outro Don Martin Gonzalez un dos homes mais fortes dos reinos cristiáns, todo valor e honradez, os xuíces vanse colocando nos seus postos, O Cid achégase a Babieca, o seu nobre cabalo acaríñalle o lombo e o pescozo sóbese sobre os seus lombos e achégase ao seu rei que lle di -non esquezas na túa man puxen o honor do meu reino, Deus acompañeche.
Os xuíces dan o sinal e os dous contrincantes dan o sinal, son dous valerosos homes en cada choque con lanza ou espada saltan faíscas polo aire, o silencio é sepulcral, nin as moscas ousan romper o silencio, só o ruído do dous homes que loitan con honor polo seu rei sen facer uso de malas artes por ningunha das partes, o tempo avanza o publico súa aos loitadores xa se lles ve o sangue a través dos herrajes que levan, mais ningún cede.
De súpeto Martin leva un formidable golpe e ve saltar a súa lanza en pedazos, o Cid detense "eu non ataco a inimigo desarmado" danlle outra lanza e seguen noutro momento pásalle o mesmo ao Cid ao quedar sen lanza e Martin fai o propio. Ah Dios, que dous cabaleiros, nisto Martin dá unha embestida como salto de tigre, brillan os ollos do Cid e picando a Babieca sáelle de fronte con todo o peso do seu corpo e o impulso do seu cabalo.fai un quite prodixioso a lánzaa do aragones e crávalle o seu lanza no peito,traspasando armadura e carne ,cae a terra Martin como unha árbore derrubada por un raio. Salta o Cid do seu cabalo e coma se fose un leñador córtalle a cabeza e presentándolla aos xuíces pregunta: Hai algo mais que facer para que Calahorra pertenza ao meu señor? Non- responden os xuíces. O Cid Campeador limpa o sangue da súa espada déixase caer de xeonllos e dá grazas a Deus.
Calahorra xa é do reino de Castilla e de León.
Comentarios
--Querido meu, o meu moi querido, achégache ao cemiterio e, unha vez alí, con toda a forza dos teus pulmóns, comeza a gritar toda clase de halagos aos mortos.
O home camiñou ata un cemiterio próximo. O silencio era sobrecogedor. Crebou a apracible atmosfera do lugar gritando toda clase de eloxios aos mortos. Despois regresou xunto ao seu mestre. --Que che responderon os mortos? -preguntou o mestre. --Nada dixeron
--Que che responderon os mortos?
--De novo nada dixeron -repuxo o discípulo.
E o mestre concluíu:
--Así debes ser ti: indiferente, como un morto, aos halagos e aos insultos dos outros.
*O Mestre di: Quen hoxe che halaga, mañá pódeche insultar e quen hoxe che insulta, mañá pódeche halagar
Cando convén tirar delas, tirar.
Cando hai que soltalas, facelo.
Cando é necesario tirar e soltar, facelo tamén.
O dominio oportuno das rendas é a base para que o corcel e o xinete dean o mellor de si mesmos, e sen riscos para ningún dos dous.
“ Dios, ¡ que gran vasallo, si hubiese buen señor ! ¡ Que tan lonxe queda todo iso !
Agora priman os cartos, a corrupción e a deshonra …
Parabéns, Moncho. Co teu relato, tivéchesnos en ascoas, dende o principio ó fin, coa intriga dese lance entre dous cabaleiros da España nobre de Idade Media.
Antonio Puertas
El manuscrito, al igual que su "primo" de La Chanson de Roland, no es de gran belleza y contiene varias faltas, algunas corregidas, esto es debido a una finalidad de uso por parte de los juglares y no para más altos menesteres.Es posible que ya existiera un primitivo Cantar del Cid en 1120, aunque piensan los expertos que no seria de contenido como el conservado hasta 1207.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.