- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 04 Xaneiro 2008 04 Xaneiro 2008
Agora que se puxo de moda entre algúns xóvenes chiquiteros profesionales de Camariñas sacarlle o pellejo polos bares da comarca aos redactores de camarinas.eu, temos que darlles unha moi mala noticia: un dos bares máis emblemáticos e iconoclastas do noso pobo, o Marcha Verde, pechou co ano novo as súas portas. Camarinas.eu estivo presente nas fotos do adeus e unha impresionante oda de despedida do noso usuario Juan Camariñán.
Durante máis de vintecinco anos este lexendario bar do barrio camariñán de Corea caracterizouse por acoller no seu seno un heteroxéneo grupo de persoas nas que predominaba, por encima de todalas cousas un sentimento de fidelidade absoluto cara o bar dos seus amores: trasnoitadores, mariñeiros de primeira hora, esforzados albañiles, algún que outro chiquitero profesional, e os funcionarios do concello, os cales non deixaron de cumprir co seu compromiso co Marcha Verde ata a súa agónica hora final.
Este bar exerceu de "after hours" de Camariñas cando aínda nin se inventara este tipo de discotecas, e os redactores de camarinas.eu, asiduos visitantes do "Marcha" a altas horas da madrugada, só teñen palabras de agradecemento cara Lola, a dona do bar, por toda a paciencia e comprensión que tivo con eles nesas horas fatales. Ata nunca "Marcha Verde", bar incomprendido, contigo vaise unha parte da historia de Camariñas.
Esta redacción quere adicarlle a Lola e a súa familia unha impresionante oda de despedida escrita por un dos usuarios máis talentosos de camarinas.eu, Juan Camariñán, que volve polos seus viejos fueros dando o mellor de si mesmo.
Oda de Juan Camariñán adicada ao Bar Marcha Verde
"Polo visto acaba de fechar as portas, o mítico Bar Marcha Verde, a dueña jubilouse e quer descansar, alégrome por ela, pois con todas coñas, xa levaba uns 25 abriles, cas súas 25 madrugadas de fin de ano, e 25 amaneceres de festas do carmen, con sentos de mañanitas cantadas a todo trapo no jastado mostrador de formica, con miles de jomitadas na placa turca, e con centos de historias que oía eu, en aquelas mañáns de mal tempo, en medio de aquelas invernadas, donde os vellos e novos mariñeiros xe xuntaban a tomar o café e copa, miraban pola ventana pa fora, revirábanse e decían -baiche boa- outra copa Lola, e cas copas, bastos e espadas, a calor do lume producido por trajos de ajua bendita, empezaban cada un a contar a mentira máis jrande, había que saber poñela ben pa que non se notase, e de esa picardía mariñeira afloraba unha imaxinación, inimaxinada por o mismo Alén.Podría nombrar clientes lexendarios pa historia de Camariñas, que por eses taburetes de discoteca e sillas de ferro oxidadas, pasaron, pero von deixalo. Suerte Lola, o nombre do teu bar xa é parte de Camariñas."
Comentarios
Pero o marcha verde nos tamen disiamos que era o ultimo en serrar,estabamo s equivocados,a señora LOLA,madrugaba muito jajajajajaja
Ajradésocho de verdá,Lola.A tí a máis o Gonzalo.Que vos vaia ben na nova vida.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.