- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 03 Decembro 2012 03 Decembro 2012

Premiábase así un xeito de entender o mundo da cultura, o traballo intelectual novedoso e investigador arroxando luz e engadindo novas perspectivas para aprehender a historia desta Costa Morte dos nosos pecados, e que se revela como imprescindible para desterrar a lenda negra desta Franxa Atlántica, unha de tantas creada pola historiografía británica (como a de Felipe II, como a da Inquisición, como a do trato recibido polas comunidades indíxenas postas baixo a protección da Coroa Española...). Unha labor de investigación especialmente innovadora no caso da Contraarmada británica que enviou Isabel de Inglaterra para vingar a tentativa de invasión das illas acometida pola Armada Invencible en 1588 e que resultou finalmente un desastre de moito maiores proporcións ca antedita, deixando polo camiño as mortes de Hawkins e Drake, e 78 pecios afundidos, dos que Rafael localiza nas nosas costas un número de 46. Indicativa foi neste senso a esixente entrevista que o confrontou con Pemón Bouzas, un tete a tete de altura, plagado de datos exhaustivos e citas de índole cultural, e que servío para presentar a derradeira obra editorial do escritor e investigador porteño: "Costa da Morte un país de sueños y naufragios".
En definitiva, porque no mundo xornalístico e cultural da Costa da Morte non todo van a ser plaxios e saqueadores desvergonzados que arrastran polo fango o nome desta Franxa Atlántica polo resto de España, sempre será un orgullo e un honor para Camarinas.eu publicar os éxitos de intelectuais e investigadores do calibre de Rafael Lema, redactor habitual da web www.anosacosta.com e do blog cronicasnerias.blogspot.com.es, escritor da nosa terra volcado na labor necesaria e imprescindible de desterrar a lenda negra da Costa da Morte, de arroxar luz onde só había tinieblas, de descubrir día a día un pouco mellor quenes somos, de alí de onde vimos.
Comentarios
Gracias, pues, y enhorabuena por todo ello.
Antonio Puertas.
P.D.: Especialmente felicitacións a Rafael Lema por un traballo riguroso, minucioso e exhaustivo, sempre a prol da Costa da Morte e do noso concello, que agora aos recoñecementos antes expresados, se suma esta humilde homenaxe de Camarinas.eu.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.