4.6440677966102 1 1 1 1 1 Rating 4.64 (59 Votes)

Conto de Nadal

Este ano a praia de Camariñas luce unha decoración navideña moi mariñeira
Este ano a praia de Camariñas luce unha decoración navideña moi mariñeira

Chegadas estas entrañables datas navideñas, a redacción de camarinas.eu non podía deixar pasar a oportunidade de celebrar con tódolos seus usuarios a festividade do nacemento do noso Señor Xesucristo e así engrosa a recién creada sección de cultura da máis católica e visitada web de toda a Costa da Morte cun Conto de Nadal escrito polo noso querido usuario e redactor Zhúkov, o cal se adentra polos milenarios rueiros desta antiga vila chamada Camariñas para descubrir un secreto olvidado. Para ler o contiño e ver unhas fotos da decoración navideña de Camariñas pulsa na foto principal.

Conto de Nadal

Vista do Areal co Bar José Manuel, o preferido dos redactores de camarinas.eu, de fondo
Vista do Areal co Bar José Manuel, o preferido dos redactores de camarinas.eu, de fondo

Erase unha vez un pobo o cal vivía nas ribeiras dun mar tenebroso e antigo, illado do resto do mundo, nun entorno de beleza abrupta e salvaxe, rexido polas súas propias leis e costumes. Este pobo, a pesares do seu destartalamiento urbanístico, era para os seus veciños o máis fermoso e máxico do mundo: daban todo o que tiñan para conservar aínda que fora un tenue fío de conexión co mesmo calquera que fora o lugar do mundo no que se atoparan. Alí, no medio dun conxunto de rueiros e callexuelas que compoñían un caótico e laberíntico conglomerado urbano vivía un fotógrafo honrado e un pouco golfo, o cal unha vez arrexuntado con outros tan golfos como él, puxo en marcha unha humilde páxina web. Os veciños que pasaban por diante da súa destartalada oficina a altas horas da madugrada podían ver, tal e como sucedía co despacho de Stalin nun dos edificios do Kremlin durante os peores días da Gran Guerra Patriótica (perdón pola comparativa), as luces encendidas e non podían evitar pensar que ahí estaba él, tratando de arranxar algo que funcionaba mal, poñer en funcionamento un novo dispositivo ou publicar unha nova noticia que tivera ben informados aos veciños do, para eles, máis fermoso e entrañable pobo do mundo.

E si había unha xente que facía que os redactores redobraran os seus esforzos e deran o mellor de sí, era aquela que por necesidades da vida vírase obrigada a abandoar o seu fogar para darlle un mellor presente e futuro aos seus. Se había unha data na que estas persoas traballadoras e esforzadas sufrían especialmente era o Nadal, ao non poder celebrar a Natividade do Noso Señor Xesucristo, Rey de Reyes, entre os seus, no seu trozo de terra natal. Pero aquel ano habíase obrado unha miragre: nas alturas celestiais non podendo permanecer impasibles un ano máis ante a morriña e nostalxia de toda aquela boa xente cristiana, encomendouse, incumprindo gravemente o procedemento administrativo celestial (e que mereceu un informe negativo de reparo dun implacable interventor celeste), a uns dos seus máis antigos funcionarios, uns tales Reyes Magos de Oriente, entre os cales había un negriño que poseía un bo corazón africano, adiantar o regalo de Nadal dos mesmos en forma de páxina web que os mantivera permanentemente informados do que sucedía no pobo dos seus desvelos, paliando na medida do posible todos aqueles miles de kilómetros que se habían interposto polo medio, e que, polo menos nos entrañables días de Nadal lles ofrecera unha humilde reportaxe fotográfica coa decoración navideña que engalanaba aquela antiga e mítica poboación que os compensara de tanta lexanía. Regalo que por sí só xustificaba a existencia da, últimamente xa non tanto, humilde páxina web. A todos os nosos lectores, en especial aos da emigración, ¡Feliz Nadal!

Non estarán aquí, pero os nosos emigrantes poderán ver a decoración navideña nestas fotos
Non estarán aquí, pero os nosos emigrantes poderán ver a decoración navideña nestas fotos


 

Comentarios   

reira
0 # reira 16/12/2007 21:32
non hay pueblo tan bonito no mundo alabado que chulada esta o maximo
Denunciar ante o administrador
Vanesa_19
0 # Que bonitoVanesa_19 16/12/2007 21:37
Esta muy ben que o pueblo esta decorado esta todo muy bonito ;-)
Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 16/12/2007 21:39
MIRA DIEGO BES!!!!Arrsasª! !
Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 16/12/2007 21:40
Miara diego besªªarraSAS
Denunciar ante o administrador
currodetras
0 # feliz navidadcurrodetras 16/12/2007 22:22
k bonito esta o pueblo de CAMARIÑAS,
pero o concello non é solo CAMARIÑAS.
bravo camariñas.eu
Denunciar ante o administrador
Noelia
0 # Noelia 16/12/2007 22:50
Este pueblo siempre fui bonito e nestas fechas ainda máis. Un saludo
Denunciar ante o administrador
tito
0 # tito 16/12/2007 23:05
non hai pueblo coma el,da gusto ver as luces
Denunciar ante o administrador
iván
0 # fasedes majas!!!iván 17/12/2007 02:09
as fotos tan mui ben e o kontiño k escrivisteds meyor inda, si señor diego asi da justo, ora esta semana outro konto e outra rapasiña pa avrilos ollos ben ben jrandes. sodes un rejalo pa kamariñas
Denunciar ante o administrador
Javi
0 # Javi 17/12/2007 11:27
Gacias diego

;-)
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.