- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 21 Setembro 2011 21 Setembro 2011
Daniel Rogero é o fillo do noso habitual colaborador Tino Rogero Figueiras. “Dani da Ponte”, como lle chaman os seus amigos camariñans, é un xoven que estuda Dereito e Xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e é por riba de todo un namorado do mar, de Galicia e de Camariñas. Pasa todos os veráns no pobo da súa avoa, gústanlle os deportes, o footing, o Karate, e nos veráns practicar a vela, a pesca submarina e a pesca con cana nas augas da nosa costa. Dende pequeno amosou moito interese polos idiomas en xeral e en especial pola nosa lingua, pódese dicir que Daniel é un galego, un camariñan nacido en Madrid.
Daniel é da familia dos Gaiteiros de campo do outeiro, e por iso leva a música no sangue, estudou o grao elemental de piano no Conservatorio e na actualidade estuda o quinto ano do grao profesional de guitarra clásica.
Daniel é polo tanto un mozo que se sinte orgulloso das súas raíces galegas, da lingua dos seus avós e dos oficios que estes desenvolveron, labregos, pescadores, panadeiros, comerciantes, panilleiras e gaiteiros.
Comeza Daniel Rogero Picazo a súa colaboración cultural con Camarinas.eu cun comentario escepcional sobre unha das obras cume da literatura galega universal. Unha obra que foi nalgunha época de obrigada lectura (lamentablememte xa non é así) nas escolas onde se mezcla a doma e aprendizaxe doutras épocas que un neno ten que tragar e o asoballamento dos señoritos (lamentablemente aínda existen). Benvido Danidaponte á nosa pagina web, a mellor web da Costa da Morte.
"Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas
Daniel Rogero Picazo
Memorias dun neno labrego é o relato galego maís lido de tódolos tempos, é polo tanto un clásico da narrativa en lingua Galega.Desenvolvese a historia na Galiza rural dos años trinta e corenta, unha Galiza medorenta, chea de prexuízos, sen mais horizontes que os da emigración, unha Galiza nitidamente dividida en ricos e pobres.
Cóntanos os pinchacarneiros de Balbino, un neno moi pobre da aldea, que viste zocos e pantalón remendado, un ninguen. Máis Balbino non é un ninguen calquera, é un ninguen que pensa.
Nun tempo no que “ninguén pensa pola súa conta”, e “pensar é pecado”, “ pedir xustiza, verdadera xustiza, é pecado”, nun tempo no que “ tamén é pecado ter ideas ou andar pola propia conta á procura da verdade”, Balbino ten unha “alforxa de preguntas” para as que busca respostas. “¡Se puidese entender moitas cousas!...Doeme que a xente ande polo mundo como andan as vacas e os burros: procurando soamente o pesebre”.
É un neno rebelde e intelixente que vai descubrindo a vida e a morte, “Todos nós somos unha esqueira con tres chanzos: nacer, vivir e morrer. E non hai can quen o roia, como din os vellos”.. “¡Que procesión inmensa é o mundo! Que feira, onde a todas horas chegan uns e outros vanse”.
Descobre que no mundo hai pobres e ricos, e que non debería ser así, e doélle a pobreza dos seus, “Nunca souberon meus país o que eu padezo…Non saben o que me doe que sexamos pobres. Non por min, que penso gañar moito cando medre, senón por eles”.
Soña co amor imposible de Eladia, a mestra, “non me fartaba de ollar o seu pelo crecho coma un niño de carrizo, as mans xeitosas, polidas, a cariña, os ollos, o corpo todo … ¡que sei eu!”, e encontra a amizade de Lelo, descubrindo que ”Un amigo é o mellor que hai neste mundo, se é certo. Vale mais ter amigos ca ter cartos”.
{xtypo_rounded_right2}Memorias dun neno labrego. ISBN: 978-84-9865-343-4. Autor: Xosé Neira Vilas. Ilustración de portada: Luís Seoane. Editorial: Galaxia. Daniel Rogero. Septiembre 2011.{/xtypo_rounded_right2}
Enfrontase con valentía a inxustiza e os aldraxes que aturan os pobres, e guindalle un cantazo a Manolito, o fillo do señor, que caeu “rebaldado sen dar chio”, mais descubre deseguida que “Hai xente de dúas castes: a que manda e a que é mandada” que “os pobres decote perdemos” e que “a xustiza non está da nosa banda” e revélase, revélase coa dignidade dun neno intelixente, e ainda ten folgos para cuspirlle na cara o señor.
Utilizando as palabras de Agustín Fernández Paz, podese dicir que Memorias dun neno labrego é “un deses libros que me alborotan o corazón e me devolven a alegría de vivir. Ao rematalo, asaltoume de novo o desexo que sempre sinto neses casos: telefonar aos amigos, saír a berrar no medio da rúa, proclamalo a todo o mundo. Dicirlle á xente que non poden seguir vivindo sen ler...”.

Comentarios
Tamén eu, utilizando as palabras de Agustín Fernández Paz, digo, berrando por tódalas esquinas: NON DEIXEDES NUNCA DE LEER. O que está escrito por algo é; e, persoa que non lee, non se entera, nin cultiva o seu espirito.
¡¡ NORABOA , AMIGO !!
Antonio Puertas
Eu tamen poiden leer este libro moitisimos anos atras e inda me acordo de tanto que me gustou. Agora fixestesme entrar a morriña.
Noraboa Daniel e esperamos que este sea o primeiro de moitos e futuros traballos en camarinas.eu.
Grazas Sr Zhukov pola magnifíca presentación do comentario na web, e grazas a todos os meus amigos que pulsaron o boton "Me Gusta" e aos que animo a comentar en Camariñas.eu as súas lecturas en galego, a compartilas con todos nós. Saúdos, Daniel.
Eu nunca estude galego, pero ao ver o meu fillo maior falalo, a familia e amigos parábanme en Camariñas para dicirme " pero que ben fala galego ou teu fillo, quen ou aprendeu?, pero se ten acento Camariñan.... " Entón saltou un fusible na miña cabeza e empecei a preguntarme a min mesmo porque deixara eu morrer a que é a miña lingua materna e decidín que tiña que recuperar o tempo perdido, que necesitaba mellorar o meu galego, a lingua na que me falaba sempre a miña avoa, a lingua na que desenvolvíanse as reunións familiares cos tíos e primos cando viñan de Venezuela ou Arxentina e pouco a pouco, libro a libro, palabra a palabra vou gozando do pracer de descubrir a que tamén é a miña lingua. Non a contrapoño ao castelán, creo que ambas as dúas linguas conviven en min pacificamente coa mesma harmonía que o fan na familia. Esa mesma harmonía que observo na rúa en Galicia, onde salvo polémicas moitas veces politicamente interesadas ambos os dous idiomas conviven con naturalidade. O Galego hai que coidalo, hai que ensinalo, hai que mimalo, é unha das principais sinais da identidade dos galegos e na miña opinión non debera converterse en arma política, senón en punto de encontro, en materia esencial de consenso.
Un afectuoso saúdo, Tino Rogero Figueiras
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.