1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Imaxe histórica de visitantes ao Castelo do SoberanoRetomando os escritos que non hai moito tempo publicara no Libro de Visitas de camarinas.eu  acerca das orixes do Castelo do Soberano, este xoves 7 de xullo de 2011, Día de San Fermín, o noso usuario Juan Camariñán pasaba revista na súa páxina do facebook un dos episodios máis escuros e tenebrosos da nosa vila. Episodio estreitamente ligado á fortaleza defensiva construida en tempos do Rei Carlos III e que, de ser certas as crónicas, provocaría unha masacre que levou ao práctico exterminio de cáseque toda a poboación que habitaba aquela Camariñas de inicios do Século XIX. Un xenocidio semellante ao que os batallóns de castigo das SS perpetrarían sistemáticamente cento cincuenta anos despois nas aldeas de Bielorrusia e Ucrania. Estamos a falar da heroica Guerra de Independencia que orfo dos seus monarcas, abandonado polas súas élites, traicioado vilmente polos que foran os seus aliados, gañou en solitario o Pobo Español ao invasor napoleónico e que escribío na vila de Camariñas e no seu Castelo do Soberano unha das súas páxinas máis tristes.

O primeiro plan contra os franceses

O historiador repasa a invasión das tropas napoleónicas da comarca en 1809 nesta entrega que analiza os preparativos para defender as vilas. Unha das primeiras medidas adoptadas pola Xunta Suprema de Galicia seguindo as instrucións do tenente-coronel de artillería Pedro González Candamo foi a reubicación das milicias existentes, saíndo neste caso máis prexudicados os portos de vilas menores, que verán partir ós seus soldados.

A tropa necesaria

Segundo informacións oficiais, para ser operativas estas tres fortalezas empregarían máis de 270 homes repartidos da seguinte forma: o castelo do Cardeal de Corcubión, que contaba con doce canóns necesitaba 96 homes; o castelo do Príncipe, en Ameixenda-Cee, tamén de doce canóns, ocuparía a 88, mentres que a batería de San Carlos, en Fisterra, con seis canóns, necesitaba un mínimo de 28 homes, a de Camariñas con 14 cañons, necesitaría uns 65 homes para unha eficaz defensa e control da costa. O plan de defensa dirixido a mirar pola seguridade dos portos, castelos e zonas próximas plantexa a necesidade de facer un alistamento entre as xentes que traballaban nos campos para que ocuparan o baleiro deixado polas milicias que acababan de marchar cara outros frontes. Así o expoñen as autoridades nunha comunicación á Xunta con data de 17 de xuño de 1808: «...que se forme un alistamiento exapto de gente terrana desde diez y seis a cinquenta y cinco años de edad, y arregle entre ella el competente número de individuos que haian de hacer alternativamente la guardia diaria en dichos castillos, con el auxilio de los marineros y artilleros de mar de esta matrícula que se consideren precisos para la dirección y uso de la artillería en caso necesario...». Os alistados ocuparían os castelos e estarían ás ordes dos nobres da zona «en calidad de comandantes de las guardias o en la clase que la Suprema Junta estime, conducente y compatible con sus circunstancias y distinción, a que voluntariamente se han ofrecido».Mentres tanto os xefes e cabos de trozos ocuparíanse de estar alerta en determinados puntos clave da costa para alertar en caso de perigo, contando sempre co apoio dalgún matriculado «que vele sobre los movimientos de embarcaciones enemigas, dando parte en caso necesario para alarmar la gente, y contener qualquiera exceso o desembarqueDivisión territorial.

O territorio galego dividíase en trozos de cara a súa defensa, tan necesaria debido ó aumento dos conflitos bélicos e a consecuente inseguridade no mar, sobre todo desde a segunda metade do século XVIII. Nesta época, para a nosa zona en concreto, a sarxentía maior de Corcubión constaba de seis trozos que agrupaban a máis de 1.200 persoas, toda xente robusta. Os trozos eran os seguintes: Dumbría-Salgueiros con 200 «soldados»; Fisterra con 263; Olveira-Ézaro-Buxantes con 251; Corcubión-Redonda-Toba-Lires: 187; Cee-Pereiriña-Brens-Ameixenda:​ 141; Muxía-Nemiña-Touriñán: 171; Camariñas: 65.A carta, que deixa a criterio da Xunta a necesidade ou non de aprobar ou reformar as medidas presentadas, remata con dúas peticións que apuntan xa a un dos problemas cos que habían de enfrontarse no ano seguinte os habitantes desta bisbarra no momento da invasión propiamente dita: a falta de xefes militares capaces de organizar e dirixir a defensa. Por unha parte solicítase que se manteñan na zona todas aquelas persoas que xa se atopan licenciadas do Real Servizo, e por outra «se digne remitir un militar de graduación, y dé su aprobación para que instruia a dicha gente a lo menos en el egercicio más preciso del fusil y chuzo, y dar las ordenes para que los guardas-almacenes de los citados castillos franquehen la pólvora y municiones que exijan las ocurrencias. A contestación da Xunta a este escrito podemos cualificala cando menos de decepcionante. Permitirá o alistamento pero limitando a idade mentres que no referente á custodia dos castelos, esta non poderá ser feita polos campesiños e nobres. Finalmente danse normas de comportamento respecto dos aliados ingleses sen mencionar en ningún caso a posibilidade de enviar algún militar para adestramento e organización da defensa que se pretende montar: «Que continúen el alistamiento de todos los hombres desde 16 hasta 40 años sin excepción de persona alguna, estando prontos para lo que se les determine; que en las baterías no queden más que los matriculados y artilleros de mar; que se reciva a los yngleses que se presenten y les traten con la maior atención, franqueandoles víveres y refrescos por sus justos precios sin que por ahora se admitan en el fondeadero buques de guerra y que los nuestros de la costa se dejen reconocer por ellos para que puedan navegar francamente».

Precisamente e en relación coa presenza inglesa na nosa costa está a carta que con data de sete de xullo de 1808 remiten as autoridades de Corcubión. Nela deixan constancia de tres fragatas inglesas, comandadas pola HMS Phoenix , que chegaran o vinte de xuño, e que aínda seguían fondeadas na zona do Cabo de Fisterra e antes na Ria de Camariñas. Tamén avisan de que «amanecieron sobre este citado cabo muchas belas, y aseguraron los comandantes de dos de dichas fragatas que era un comboy ynglés que escoltado de tres fragatas y un corsario van a Gibraltar».Dada a prohibición que estas fragatas teñen de entrar nos portos, durante a súa estancia na zona seguirán a facer as súas operacións de mantemento e provisión de víveres con bastante incomodidad».

Comentarios   

Beldoña
+2 # RE: Castelo do SoberanoBeldoña 08/07/2011 10:15
Un documento de valor incalculable de nuestra historia. El Castillo del Soberano, fué y, algún día será, monumento vivo del pasado que todo visitante podrá admirar.
Enhorabuena Soto

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.