- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 13 Xuño 2011 13 Xuño 2011
Nova colaboración do noso querido usuario Florentino Rogero (E logo ti de quen eres?) ca web da súa terra nai. Desta volta fálanos dunha nova xoia dentro do florecente universo literario galego, "Bicos de Sol", da escritora Asún Estévez, que constitúe todo un exemplo de como encarar por parte dunha xove nai a loita infatigable contra a lacra do cancro. Asemesmo, Florentino Rogero foi quen de conquerir que a mesmísima autora do libro ao que vai adicada esta edición da sección de literatura en galego de camarinas.eu se comprometese a colaborar periódicamente co líder cibernético da Costa da Morte. A súa primeira homenaxe irá adicada a "O lapis do carpinteiro", a obra que consagrou definitivamente a Manuel Rivas. Pero eso queda para máis adiante. Agora a desfrutar con Florentino Rogero e "Bicos de Sol".
Bicos de Sol
Bicos de Sol é máis ca un libro, moito máis que unha historia para nenos, se isto é posible. Bicos de Sol é un conxuro, un feitizo contra o cancro, un conxuro que vence a morte, un bálsamo para aliviar o dor e a tristeza, un conxuro para afastar o medo profundo dunha nai, maxia para voltar o riso dunha rapaziña. É por todo isto que Bicos de Sol é moito máis que un libro, é unha batalla feroz na que vence a vida, na que a protagonista, unha muller forte, chea de vitalidade creativa defende a alegría coas verbas acompañadas das magnificas ilustracións de María Xosé Fernandez, e gaña a batalla.
“Sabes por que sigo aquí?. Porque sei que teño que facer miles de cousas. Porque quero seguir sentindo. Porque amo a vida. Pero sobre todo porque os teus bicos de sol fanme invencible”.
“Os meus amigos din que agora non poderei estar contigo coma antes. Que como che van quitar o peito non vou poder abrazarte”.
“Claro que si, Sofía, agora mamá precisa máis ca nunca dos teus abrazos, e dos teus bicos de sol”.Arróupame estrela.
Arróupame esta noite,
que no peito
sinto frío.
E durme.
Durme ao meu carón,
neste leito de follas.
Quédate estrela,
Non quero durmir soa…
(Pel de Muller, Asun Estévez)
“Non quero que esteas triste ruliña. Só quero que me digas- ánimo mamá.”…
“Sofía non pode evitar chorar. Preferiría que a súa nai non a vise así”….
“Haberá días que non estarei ben. Que quizá teña que estar na cama por atoparme cansa ou mareada”.
...Arróupame estrela.
Quéreme a présa.
Quizá non haxa tempo,
o amencer chega.
(Pel de Muller, Asun Estévez)
“Mamá, prométoche que to vou coidar moito. Todos os días con bicos de sol!
“Sofía dálle un enorme bico de sol a mamá e pensa… Todo sairá ben! Eu seino!”
“Para o teu tempo de tristeza
douche a luz da miña risa”
(De noites amenceres…e algo mais. Asun Estevez).
Tino Rogero Figueiras. (E logo ti de quen es)
Bicos de Sol. Asun Estevez Estevez. Ir Indo Edicions. ISBN 978-84-7680-669-2.Vigo 2010.
Pel de Muller. Asun Estevez Estevez. Ir Indo Edicions. ISBN 978-84-7680-628-9.Vigo 2008
Noites amenceres…E algo máis. Asun Estevez Estevez. Ir Indo Edicions. ISBN 978-84-7680-668-5. Vigo 2010.
Comentarios
GRAZAS E NORABOA.
Antonio Puertas
PD: Inda que non teño moitos ánimos pa escribir, non teño mais remedio que facelo, cando de un amigo se trata.
Gracias Tino por deixarnos unhas pinceladas tan maestras da noxa fermosa lingoa.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.