- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 22 Marzo 2011 22 Marzo 2011
Nunca comprendín moi ben, como era posible que houbese semellante cantidade de cobre e de chumbo soterrado no limo e nas areas da nosa praia. Todos os raparigos acudíamos a diario á escaravellar cun sacho, pa conseguir uns anacos deses apreciados metais, que tanto nos tiñan valido, pa mercar unha entrada po cine Rialto. Non era posible que aquela riqueza, crecese por obra de maxia, nin que fose a caer do ceo, como maná milagreiro, como antano tiña caído, e alimentara ao pobo xudeu no seu peregrinar a través do deserto. Inda que, as veces, algún que outro avión ferido en combate, como ave abatida, fose un agasallo engadido, d´algúns gramos mais daquel desexado metal, que estaba á desequilibrar a balanza, en favor duns entusiastas vendedores.
Mais, o verdadeiro proceder daquela riqueza, tiña a súa orixe no mar tenebroso; nun mar sempre prodigo en naufraxios e desgrazas. Lugares inhóspitos dunhas vidas errantes, na procura dun destino incerto, e que, nas súas desgrazas, atoparon ó mellor lugar pa descansar por sempre nos mais fermosos paraxes que xamais puideran soñar, pa mellor morrer. Os nosos antepasados, souberon aproveitar aquelas circunstancias, sen que ninguén, imparcial e xuizoso, nada puidera obxectar á súa encomiable labor de supervivencia.
Ala polos anos VINTE do pasado século, tivo lugar unha frenética actividade humana, pa rescatar do fondo do mar o que, naqueles intres, tan so era un suculento xantar mariño onde, a propia mar, ía a cobizar no seu bucho as riquezas da súa fauna.
Alí, naquelas tebras do océano, os agasallos do destino, serían magoados e diluídos por un monstro insaciable, sempre disposto a engulir a calquera das vítimas que tivera a desgraza de caer nas súas fauces.
Os buques que transitaban polas nosas augas, víanse na obriga d´arrimarse ó mais preto posible á costa, pa evitar ataques navais, e fuxir das augas interacionáis, onde pululaban hostís, tantos ínimigos dos dous bandos enfrontados.
Esas foron, pois, as fontes de “riqueza“ e de cobizados presentes con que eran agasalladas as nosas praias. Chatarras sentenciadas á morrer, esquecidas nos abismos, e no oscurantismo dos tempos.
As dúas guerras mundiais, unha á do ano 1914 ata 1918 e, á outra do 1939 ao 1945, foron os causantes principais de semellantes “ tesouros“.
Un pobo, enxeñoso e intrépido, amparado polas leis do mar e das necesidades daqueles tumultuosos tempos, non permitiu que, por mor da insidia ou da pasividade, foran á perderse pa sempre, afundidos, uns premios que o seu compañeiro tan dadivoso, lles estaba á entregar.
Con todo, mellor que eu, velaí este artigo e eses retratos, daquela frenética actividade, que, ala polos comezos do século XX, tiveran lugar nas nosas praias:
Comentarios
Gracias a vosotros,amigos.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.