Hai xa un tempo que Antonio Puertas publicou no Libro de Familia de camarinas.eu un relato que causou especial impacto nos membros da redacción do medio de comunicación líder da Costa da Morte. Tratábase daquel que por calidade literaria, dominio da toponimia e da orografía, pola cuidadosa e exacta evocación de caracteres e persoalidades que xa non están con nos e pola perfecta recreación duns tempos idos, únicos, merecía ser publicada con tódolos honores na nosa portada. Un relato, ademáis que por temática e categoría non desmerecía en absoluto a calqueira dos incluidos nun dos libros máis importantes e trascendentes da historia da literatura: Relatos de un Cazador, publicado en 1852 polo gran mestre ruso Iván Turguéniev e decisivo, tras unha intensa e penosa lectura, na decisión do Zar Alejandro II de abolir en 1861 a servidumbre que asoballaba ao campesinado ruso a mans dos grandes señores. Así, para deixar constancia ante os medios culturais da Costa Atlántica do maior talento literario da mesma, porque constitúe un honor e un privilexio seguir engrosando a nosa sección de cultura con obras como a presente, procedemos a publicar, formando parte dunha colección de cinco contos, unha pequena xoia literaria: o relato de Antonio Puertas "Os Cazadores".
Cazadores
Despois de ler este maravillosos chistes domingueros de cua cua e despois da maxistral lección que nos deixa Juan Camariñan, eu tamén quero deixar o meu grao de area pola memoria do noso pobo.
OS CAZADORES
Naqueles tempos nos que ninguén tiña un chisco no seu peto nin se vían billetes nin verdes nin marelos por máis que nas películas americanas nolos refregaran por diante dos fusiños, o noso pobo, por contra, era rico en peixes e en mariscos. A carne brilaba pola súa ausencia e a que vendía ó Sr. Ramirez apenas chejaba para catro afortunados comellóns e non porque fora o único carniceiro que había ou porque a vendera cara sinón, máis ben, porque aos gandeiros lles costaba un ollo da cara desfacerse daqueles cuxos raza galega, xoias culinarias de tódolos tempos, sobre todo, nestes que se estaban a vivir de fame nejra. Por iso, os prezos eran prohibitivos para uns petos rachados.
Había quen mantiña un ou dous cochos que, alá polo San Martiño, pasaban polo coitelo esterminador deixando os cortellos chorando ata a próxima vindeira camada. Durante os días da matanza os vesiños amoreábanse diante das casas, atraídos polo cheiro a sangre fresca, por ver si caía aljunha taciña de caldo de riola ou un anaquiño de orella ou de rabo. Había aljún osado que, nun alarde de destreza, aproveitaba un descuido do matachín e propináballe unha certeira trincada no rabo eínda fumeante, deixando medio tullido a apéndice da víctima propiciatoria dos famentos. Outra maneira de consegui-la carne, era contar con unha escopeta de caza, coa súa correspondente licencia que cha outorgaba ó Goberno Civil. Moi poucos eran os franco tiradores que a podían ter ao seu alcance: habíase acabado a Guerra Civil e apenas concedían permisos de armas, para evitar que algún confundíra ao seu veciño con unha presa cinexética.
Que eu recorde, cinco ou seis, como máximo en todo o pobo lucían unha Sarrasqueta ou unha Scot Ford: Daniel, Don Cándido o mestre, o Sr. Rudolfo, Ruperto e máis ó meu pai. En anos posteriores, engaderíanse tamén ó turreiro Zalaeta e algún que outro máis.
Istes que mencionei eran os cazadores armados máis significativos, por decilo daljún xeito pero, logo, había outros máis espertos, que a necesidade lles fixera agudizar o seu inxenio utilizando medios máis rudimentarios e primitivos. Cazaban tanto ou máis que aqueles que levaban ventaxa sobre eles, e portaban as armas que o demo se encargaba de cargar. Recordo que, cando saía Daniel polas leiras de Lajo, era eclipsado pola polvareda que o Tubío deixaba polas revoltas dos camiños, atallando o Lucero para enviarlle un contundente estacazo a lebre que ó can incansablemente persejía.
Muitos outros, pa levar un conexo pa cazola, armaban lazos pola Xesteira ou polos peñascos da Reja, ou polas carreiriñas marcadas de Lingunde, lojrando, en moitas ocasións, prender polo pé o andar derreado de Roíña. Outros muitos, ó axexo, ajachados detrás dunha xesta, ajardaban pacientemente a que o conexo saíra do burato, pa enviarlle un contundente candeeiro de pao, ou unha pedrada de tirabalas (a miña especialidad). O trofeo consejido, pajaba con fartura as horas de espera perdidas soñando con sombras burlescas que imitaban retratos peludos de catro patas.
A Don Cándido justaballe, como ó resto dós cazadores, pasear os seus trofeos polo pobo adiante: conexos, lebres e perdices bambeaban coljados ata o chán, acompasando o brasear fachendoso e lixeiro; mirada ó frente e sorrisa victoriosa, sejido de serca pola rapacería entusiasmada por aquelas hazañas do seu mestre. A parada en tabernas e tascas era obrigada. No Tunel, os chiquitos baixaban polas jorxas afónicas, cansas de relatar centos de veces as súas mentiras.
Ó noso educador, tiñame en moito aprezo porque levaba sobre min unha aureola de moi bo tirador e decíame: Toñito, hoxe non vaias a Rampa a pescar; hoxe ves vir conmijo por ver si baixamos un par de perdices dun bando de máis de vinte que anda alá polo Castelete. Ti vas diante abrindo paso que eu che deixo a miña escopeta. As perdices, cando levantan o vo, co seu súpeto estoupido de arrancada, póñenme moi nervioso e non lles atino moi ben, lojo eu encárjome de pasealas.
Rudolfo, era un verdadeiro coleccionador de escopetas. Tíña sempre a fiestra do seu salón aberta pa que todo o mundo poidera contemplar aquela morea de armas de todales clases. Cada día saía cunha distinta. Era máis ben cazador de perdices e o resto das especies case non lle importaban. Un can setter irlandés, precioso, marcáballas e deixáballas como a Fernando VII, tan só a sua criada tíña que ir arranchándo o pucheiro.
Ó Sr. Ruperto justábanlle moito os montes de Area da Vila e Lingunde. Xa non era a primera vez que se cruzaban os seus perdijóns cos de aljún outro, machucando a un pobre conexo que pacía confiado na leira pa, lojo, disputarse entre ambolos dous a propiedade do animal.
E pa rematar, o meu pai, que era cazador de moito andar, partía moi cedo, antes de abri-lo día, cara ós montes de Arou, Brañas Verdes ou Santa Mariña, quedando a dormir dous ou tres días na casa dún amijo. Cando retornaba, apenas cabía pola porta con tantas pezas que arrastraba. Botábamos a noite desplumando e despelexando a caza axudados por aljúns veciños e, ó final, fartos de tanta carne brava, á miña nai facía intercambio co Sr. Ramirez: terneira, ouro da pandeira, por caza revenida, para nos, máis que aburrida.
Antonio Puertas
Comentarios
Non dijo mais,solo que ,Sr. Beldoña sijanos contando mais cousas,e desde Suisa un cua cua .
Un saludo
GRACIAS A TODOS.
Antonio
Tres poetas ten este libro, Mikel,Beldoña e Reira.
Tres poetas que escriben con todo o seu sentimento.
Hay veses que me rio muito, coas poesias de Reira.
Pero cando el se poñe serio,sale da lampara o genio.
Poetas tuvo España.Bequer,M achado ou Neruda.
Vamos a incluir na lista a Mikel e a Beldoña.
Moitas gracias
Antonio
Tino Rogero Figueiras.
E logo ti de quen es
...Pois tamén sería unha verdadeira desgraza se o que che aconteceu a ti, sendo neno, houbera rematado en traxedia.Os dous temos un bo anxo da garda que nos protexe.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.