- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 24 Decembro 2009 24 Decembro 2009
Camariñas, Capital Teatral

O vindeiro ano 2010 comezará teatralmente en canto ás actividades culturais se refire ca posta en marcha do día 3 ao día 10 de xaneiro do II Encontro de Teatro da Costa da Morte que terá lugar nunha polivalente Casa de Pedra que o mesmo vale para edificio administrativo que para organizar un mitin político, que para unha entrega de premios, que para que flúa do shakespiriano talento dramático de actores... En todo caso o aperitivo do que está por vir xa tomou corpo a semana pasada cando tivo lugar a representación dun conto adicado aos máis pequenos escrito por José Leis e Bernardino Martínez, dirixido por este último, organizado en colaboración ca ANPA do CEIP O Areal e que enchío o antes referido edificio multiusos ata os topes de cativos sedentos de arte e do que camarinas.eu dou boa conta cunha amplia galería fotográfica.
II ENCONTRO DE TEATRO COSTA DA MORTE
Días 3,4,6,7,8,9,e 10 de xaneiro de 2010
Casa de Pedra
Actualmente tódolos concellos da Costa da Morte contan cunha Escola Municipal de Teatro integrada nunha programación cultural estable, ademais de asociacións que promoven as artes escénicas. Hai máis dunha década, alá polo 1996, cando se realizou a 1º edición do Encontro de Teatro da Costa da Morte a situación era diferente. Daquel tempo permanecen, quizais máis fortalecidos que nunca, compañías como Talía, Dequenquén e Badius.
Con este II Encontro de Teatro preténdense recoller o espírito e obxectivos inaugurais, que pasan por dotar dun espazo común para a representación escénica, promover o intercambio entre grupo locais, difundir as artes escénicas, fomentar a participación da poboación en manifestacións artísticas e culturais, relanzar novas compañías da zona, etc. No deseño do programa alternan obras dirixidas a nenos,adultos e público familiar. Comedia e drama, ironía e humor.De seguido presentamos unha relación de obras e grupos con información detallada.
3 de xaneiro. 19:00h. Público recomendado: Familiar
Grupo de Teatro FLORINATA con BARES. Dirección Rosario Devesa
Pasaron xa 20 anos desde que iniciaron a súa andaina no mundo do teatro. Neste tempo levan a escena 25 montaxes. Consideran, eles mesmos, que a compañía está nun dos seus mellores momentos:
- As súas últimas producións son espectáculos de grande formato, non tanto a nivel escenografía senón polo amplo elenco artístico, que ademais é persoal estable da compañía.
-A compañía realiza todas as súas montaxes en galego, xa que consideran que a través das manifestacións artísticas contribúese a manter viva a nosa lingua.
7 de xaneiro. 17:00h. Público recomendado: Infantil. CARAMUXO TEATRO con OS BOLECHAS de Pepe Carreiro. Dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola
Sinopse argumental:
Son dúas as comedias: