4.1929824561404 1 1 1 1 1 Rating 4.19 (57 Votes)

Dende o seu trono mariñeiro privilexiado esta barandilla víose xubilada en pleno corazón de Buría

Dende o seu trono mariñeiro privilexiado esta barandilla víose xubilada en pleno corazón de Buría

A xubilación forzosa dunha barandilla marítima

A instalación por parte de operarios municipais dunha barandilla antiga, repintada, reciclada, nun novo emplazamento. Unha simple nota ao pe de páxina do humilde e olvidado libro de historia dun concello situado nos portalóns do Atlántico, un suceso sen ningunha trascendencia práctica a non ser o evitar que algún incauto veciño se esfuciñe á altura do Lugar de Riás seguindo o trazado da carretera que vai de Buría ata o Cementerio Novo sirve aos redactores de camarinas.eu para compoñer unha sinxela oda ao paso do tempo, ao desagradecemento e á evocación do que foron os días dourados dun inanimado ben mueble que dende o seu trono privilexiado dominou o porto de Camariñas durante décadas.

Oda a unha barandilla mariñeira

Alí estuvo durante tantos anos, colgada sobre un mirador privilexiado na Rúa Alcalde Noguera Patiño, conducíndonos  pola man cara un Castelo do Soberano xa despoxado había anos da súa soberanía, frente ao que foi un dos máis antigos e coquetos muelles da Costa da Morte, dando a benvida diaria a tódolos barcos que entraban pola dársena, mirando por enriba do hombro a uns mariñeiros que acudían ao Espigón Vello ou a uns rapaces que se daban os derradeiros baños na desaparecida Praia do Bico, tamén observando entre absorta e acoxonada os bos espectáculos que se montaban de cando en vez ao seu carón por dicharacheros veciños do Barrio do Campo dos anos de plomo, que asistío dende o seu palco de honor ás así chamadas "Guerras das Tribus" que enfrentaban a familias paradigmáticas do camariñeo en combate mortal, que vío neveras, lavadoras, cociñas, caixas de peixe, surcar os aires camiño do vertedeiro marino do Poso do Muelle, que sufrío un firme impracticable de formigón polo que permanentemente parecía que acabaran de pasar as brigadas de tanques rusos que partían cara a Guerra de Chechenia, que tivo unha cor verde ao lado do mar e unha cor branca ao lado dos Campos de Buría e que cando a modernidade chegaba ao Paseo Marítimo da súa moi amada e observada vila da man de máis de un millón de euros, foi forzada a xubilarse nunhas alturas lonxanas e ignotas. Pero aínda sí, entre cabazos e plantacións, en pleno corazón agrícola dun concello volcado no mar, non perderá o sabor a salitre que impregna tódolos poros da súa alma mariñeira.
P.D.: Finalmente, esta redacción puido saber que ademáis de en Riás, parte da antiga barandilla da dársena do Porto de Camariñas acabou na Avenida da Coruña da Vila das Palilleiras e parte en Santa Mariña, non lonxe do seu amado mar.

Comentarios   

kecho
+1 # kecho 24/09/2009 23:20
RESICLARSE OU MORRER...
Denunciar ante o administrador
IsaM
+1 # IsaM 25/09/2009 15:09
pois eu vexo eso muy ben, pa qué comprar material novo, a barandilla esa parece que ta en moi bo estado !

eu digo boa idea eso de reciclar, xa bastantes gastos (malgastos?) hay por outros lados!
Denunciar ante o administrador
seran7989
+1 # seran7989 25/09/2009 15:25
penso como os anteriores,mell or reutilisar que tirar,sin menospresiar o sitio donde a puxeron.
Denunciar ante o administrador
toxo
+1 # toxo 25/09/2009 15:40
perfecto!!!!
ya imagino a algún vecino,con sus ropas de domingo,apoyand o su pie derecho en la barandilla fumando y exalando profusamente el humo de su mejor puro,que bien podria ser dominicano o cubano,inclinan do su noble cuerpo hacia adelante con la seguridad de que la vieja barandilla,podr a aguantarlo sin vacilar y sin moverse un ápice de su lugar tan estrategicament e elegido y tan firmemente instalado.
ni hablar de los jovenes,que en el crepusculo del dia,aprovechara n esas incipientes oscuridades,par a dar rienda suelta a sus caricias y amorios voluptuosos,con la inmensa seguridad de no ver sus esfuerzos sin contencion fisica, gracias a la vieja y noble barandilla.cuan tas dejaran atado al viejo hierro alguna prenda en recuerdo de tardes de amor???cuantos pañuelos anudados colmados de lagrimas furtivas colgaran al mejor estilo napolitano??
ya veo,las piruetas emanadas de cientos de mentes agiles y nuevas,que a modo de acrobacias cirsences buscaran nuevas formas de amar.
si señores,recicla r es la consigna !!!!
felicitaciones!!!!
Denunciar ante o administrador
Mikel
+1 # Mikel 27/09/2009 12:00
Gran crónica,elabora da con total sabiduria,si señor........po lo q respecta ao reciclaxe,eu vino ben,mellor algo que nada e a verdade que non quedou nada mal,como di Serán,sin despreciar nin moito menos ao sitio......tamp ouco estaria mal que as calles(polo menos en algunha zona)foran recubertas de pedra e non do derradeiro material q se está empleando.....
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.