- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 09 Agosto 2009 09 Agosto 2009
Recoñecemento a un dos mellores pintores galegos
De forma calada, humilde, vivindo nunha sinxela casiña na curva do Cruceiro en Xaviña, percorrendo de vez en cando as rúas de Camariñas, ao carón dun mar sempre vital na súa obra, mezclándose no medio das xentes mariñeiras, dende hai anos vivía entre nos un dos mellores pintores galegos vivos: José Eduardo Martínez González, máis coñecido polo nome de Chelín. Artista dun currículum realmente impresionante e dun talento innato para as artes pictóricas, a Asociación de Empresarios e o Concello de Camariñas veñen de recoñecer a importancia e obra de Chelín cunha exposición de pintura que ata o día 16 de agosto permanecerá aberta ao público no Baixo da Marina.
Nacido na Coruña en 1945; membro do Ballet Galego do Rei de Viana co que viaxou por Europa e América; estudante da Escuela de Bellas Artes de San Fernando e dos cursos do Círculo de Bellas Artes, ambos en Madrid; bo coñecedor da bohemia artística madrileña e parisina; membro fundador a mediados dos anos 70 de dous colectivos ártisticos de estratexia cultural como A Carón e Galga, membro asemesmo do colectivo Sisga; Premio Díaz Pardo durante os anos 1998-1999-2000; pero sobre todo pintor intuitivo e de gran complexidade experimental, cunha obra que ten o mar como un dos seus principais fíos vectores, estas son nunhas poucas pinceladas algúns dos grandes fitos que enmarcan o currículum dun dos máis sobranceiros pintores galegos da nosa época: José Eduardo Martínez González, Chelín.
Por elo, depois duns cuantos anos vivindo entre nos, concretamentre no Cruceiro de Xaviña, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas e a Concellalía de Cultura veñen de organizar unha exposición de pintura no seu honor, "Diálogos", centrada principalmente na arte pictórica do bodegón, o gran expoñente das naturezas mortas no sempre cambiante mundo do arte. Porque despois dunha obra tan asidua a ser exposta, ben de forma individual, ben de forma colectiva, en museos de todo o mundo ( A Coruña, Santiago, Vigo, Madrid, Salamanca, Caracas, Nantes, Dublín...) facíase necesario que fose o concello de adopción de Chelín durante tantos anos quen fixera a homenaxe definitiva a unha obra e a un talento fóra do común.















Comentarios
GRACIAS CHELIN ,porque la sencillez ,encierra la grandeza de un ARTISTA y Vd .lo es y GRANDE.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.