- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 04 Xuño 2009 04 Xuño 2009
Un catalán enamorado de Camariñas

Exprimir ao máximo o talento dos nosos usuarios: esa foi unha das consignas de camarinas.eu dende aqueles difíciles e incertos días do outono de 2007 nos que a nosa web foise asentando cun carácter marcadamente propio no espectro xornalístico galego. Agora que somos o décimosexto medio de comunicación galego por internet, convén recordar seccións de usuarios que fixeron historia como Historias do Mar, CSI, as seccións de Juanillo e Beldoña, o DCCC... e para reafirmar o carácter plural e participativo da web máis vista da historia da Costa Atlántica ven a sumarse ás anteriores Galerías Fotográficas de Usuarios.
A segunda edición ven impregnada polo talento visual de Reyes FP, un usuario que provinte xunto á súa dona da Provincia de Tarragona, dende aquel lonxano día en que facendo unha viaxe de recreo recalara en Camariñas quedou enamorado da Vila das Palilleiras chegando a adquirir un dos exemplos típicos da arquitectura camariñana: unha das Casas Baratas de Corea. Colaborador dende antigo na realización das Festas do Carme donando á Comisión cuadros pintados por el mesmo, gran aficcionado á pesca e ao sendeirismo, as súas rutas ao longo do noso Concello quedaron perfectamente recollidas nunha galería fotográfica de máis de 60 imaxes no interior desta noticia.
Un catalán afincado enamorado de Camariñas
Exprimir ao máximo o talento dos nosos usuarios: esa foi unha das consignas de camarinas.eu dende aqueles difíciles e incertos días do outono de 2007 nos que a nosa web foise asentando cun carácter marcadamente propio no espectro xornalístico galego. Agora que somos o décimosexto medio de comunicación galego por internet, convén recordar seccións de usuarios que fixeron historia como Historias do Mar, CSI, as crónicas de Juanillo, os contos e poesías de Beldoña, o DCCC... e para reafirmar o carácter plural e participativo da web máis vista da historia da Costa Atlántica ven a sumarse ás anteriores Galerías Fotográficas de Usuarios.
A segunda edición ven impregnada polo talento visual de Reyes FP, un usuario que provinte xunto á súa dona da Provincia de Tarragona, dende aquel lonxano día en que facendo unha viaxe de recreo recalara en Camariñas quedou enamorado da Vila das Palilleiras chegando a adquirir un dos exemplos típicos da arquitectura camariñana: unha das Casas Baratas de Corea. Colaborador dende antigo na realización das Festas do Carme donando á Comisión cuadros pintados por el mesmo, gran aficcionado á pesca e ao sendeirismo, as súas rutas ao longo do noso Concello quedaron perfectamente recollidas nunha galería fotográfica de máis de 60 imaxes que poderedes ver a continuación.





















Comentarios
Antonio
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.