Si vivíramos nas verdes e apacibles campiñas inglesas e o noso usuario Beldoña fose súbdito da súa Maxestade a Reina Elisabeth II, sen dúbidas estaríamos ante un Cabaleiro do Imperio Británico: Sir Antonio Puertas, o auténtico gentleman de camarinas.eu. Ao longo destes meses dende que comenzou a súa prolífica e fértil carreira de redactor literario da web reina da Costa Atlántica, un regueiro de compañerismo, amistade e talento literario inundou as páxinas de camarinas.eu. Por eso no que constitúe a súa Cuarta Colección de narrativa Breve con 12 contos publicados no Libro de Familia durante a primavera do 2009, queremos propoñer un brindis por Sir Antonio Puertas, o usuario máis caballeroso de camarinas.eu.
Naufraxio
NAUFRAXIO
Aquela nuite non presaxiaba nada bo.
Pola tardiña, a surada jolpeaba xa con forsa a nosa costa e as javotas planeaban baixas sin poder sortear apenas os atrancos das nosas cabesas, caendo estrepitosamente sobre as pedras do Cansorro, abatidas fasilmente polos nosos tirabalas.
Os jolpes de mar víanse vir rompendo, semellando aludes de neve en tromba, dende muito antes das Quebrantes de Fora e a espuma desprendida por aquélas montañas de auja sobrevoaban atolondradas as ruinas do Castillo sementando de copos brancos a herba tumbada dos prados de Leis, estalando pola ria torvellinos de auja verde-escura que a modo de pallas xijantes eran adsorbidas novamente, voltando a incorporarse naquel tren jalopante de nubes carjadas de electrisidá.
A xente do pueblo recollíose de contado e ajochada en debaixo das sábanas escuitaba, acojonada, aquéles tronos vidos do máis alá que fasian bailar as camas como barcos sin timón sarandeados pola furia do mar.
O Villano, intrépido adelantado nos peores momentos daquél combate seleste, non paraba de transmitir sinales de aviso, previndo a posibles embarcasións do pelijro que tiñan diante de sí. Non envano era A COSTA DA MORTE aquél lujar infernal en momentos así.
Tras a tempestá volve a “calma”, e pouco a pouco as xentes do pueblo ibanse levantando pausadamente, como querendo non ver nin oir o que pudiera haber acontecido aquéla nuite. E o mar, majestuoso, sejía amorcando montañas de auja sin saber a siensia serta onde o final ibase a jardar tanta abundancia.
As primeiras carreiras levando a fatal noticia presaxiada levábana as mulleres,de porta en porta, anunciando con lájrimas que O MINA SORIEGO había encallado nos baixos da Barca.
Os mortos, sin conocer o número nin a prosedensia, dábanse por sertos.
O pueblo enteiro aseleróu a marcha amoreándose enriba da Virxen do Monte pa resar e mirar un esqueleto de madeira que de cando en ves, asomaba a sua mirada moribunda, como querendo tomar alento entre jolpe e jolpe de mar.
Durante os sijientes días iban aparesendo despedasados aquéles desdichados lobos que o propio mar, seu compañeiro, había vilmente traicionado.
No camposanto eu xa non puden máis, e a miña mente de rapás jrabóu pa sempre a escena dunha autopsia que se repite nas miñas nuites de treboada, e vexo aquél infelís descuartisado pola furia do mar e os cuitelos dos homes, estudiosos dás “ causas” da sua morte. O seu nome e a sua orixe, eínda podería repetilo aquí do mismo xeito que resitar o Padrenuestro, aprendido dende pequeño.
Cando entro no sementerio de Camariñas, eínda miña vista vai en busca do lujar exacto onde fui soterrado e inda estou vendo aquél resinto carniseiro, xa derruido,a carón mismo da porta de entrada.
Estas son as anécdotas que noutro relato anterior, quixen pasar por alto,p or ser impropias de ser “vividas” por un rapás-monajillo.
Antonio Puertas
Porcalladas
PORCALLADAS
¡¡¡At…at…at…chisssss!!!..."¡Ajarráchela boa, compañeiro…!". -Cala que, últimamente non sei que me pasa porque, hasta a fariña de millo, dame náuseas e a pia non para de darme voltas...”. -A ver si tes esa jripe dichosa da que tanto falan…”A culpa levámola nós,pero son éles os causantes de todolos males que tén este cochino mundo.”Tes rasón,amijo…Foron éles quenes nos contaxiaron…”
¿“Non escuitáches o que lle pasou a un amijo dos nosos vesiños …?...” .-Non…”Pos que, a conta dos xamóns de uns colegas nosos,marchou de vacacións a Cancum, e unha mulata,remexendose ná area, meteulle no corpo un bicho,que o bautisaron có noso nome….-” ¡ Que se joda…! A min o que máis me cabrea de todo,é que son uns falsos…cando crees que che están fasendo un favor, dándoche de comer,enchéndoche como porcos , e lojo pensas que vas de excusión ás Rias Baixas,nún coche de lujo,con ventanillas e todo…e,de pronto,apareses nó matadeiro…”. ¡ Cala,cala,que non teñen nome…! “ Tanto presumir,tanto presumir…,e sónche ijualitos a nos(fora alma)”.- Son peores,porque, a lo menos, nós mantémonos e vivimos ben ata o día do…(¡”nin se che ocurra mensionalo,que me tumbas…!)…. “Eles,jódense,porque padecen nesta vida e máis na outra,no inferno” .
“ Cambiando de conversasión… ¡ Que tempos aqueles nos que, eínda recordo,cando che pasaban a mán polo lombo,e chamábanche polo teu nome…”vacuriño…vacuriño…”…e dabanche bersas …fariña de millo….e tíñámos todo tipo de comodidades no cortello dá sua casa…¡ Ai, …que costumbres…! e ajora, todo o pienso é merda…¡ Merda pa éles!...,amoreados en jranchas…,como si foramos conexos….
¡¡¡At... at…chíssss….!!!-”¡…Disimula,disimula…”!...mira quén está ahí…”. ¡ “Me cajo nos meus pernís “ …O VETERINARIO…”!Non che ven por cousa boa…!”.-¡ Seguro! ,” E por eso da nova peste…”.-”Pos,sabes o que che dijo…que, postos a sufrir,…é mellor que nos poñan dunha cochina ves unha iniesión,e non que che despedasen o día de San Martiño.Así acabamos e, a lo menos,jodémolos,que no nos comen…”
Antonio Puertas
Comentarios
Un saludo desde Cartagena e vémonos pronto por camariñas.
JRASIAS DE CORAZON
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.