- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 19 Mai 2009 19 Mai 2009
Antoloxía Fotográfica dun usuario anónimo

A innovación en canto a enfoque, contidos ou propostas foi unha das señas de identidade de camarinas.eu dende o seu nacemento. Nunca antes se vira un medio de comunicación que convertira aos seus usuarios no eixe central do mesmo, entrando estes a formar parte da web ben como colaboradores ben como redactores, convertíndose tras un tempo a nosa páxina nun fértil semilleiro de redactores para outras webs trala fase formativa dos mesmos no líder da Costa Atlántica, feito que non deixa de constituir un orgullo para os redactores de camarinas.eu.
Por elo, para reforzar a preponderancia e peso decisivo dos usuarios na confección diaria da nosa web, creamos unha nova sección chamada "Galerías Fotográficas de usuarios", onde aqueles que estén especialmente vencellados ao mundo da fotografía terán á súa disposición a web máis visitada desta Franxa Atlántica para deslumbrar ao mundo co producto do seu talento visual. E para comenzar procedemos a publicar 50 imaxes da máxima calidade artística dun usuario, chamémoslle ... "Juan Salvador Gaviota", o cal prefiere permanecer no anonimato. Pulsa nesta espectacular visión panorámica do Faro Vilán para desfilar ante unha Exposición de Fotografía dun usuario de camarinas.eu que posiblemente nestes momentos, nalgún rincón remoto da Vila dos Encaixes, avizore no seu maxín novas paisaxes cas que deleitarnos...
Comentarios
Saludos
Parece como si etuviesemos en el propio lugar.
ENHORABUENA A ESE ANONIMO.
Antonio
especialmente Gustame a da portada a do faro....encanta me...Tamen a de camariñas denoite estan moi bonitaasss..... ...
enhorabuena o fotografo, e que nos siga dando estas alegrias visuais.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.