4.7352941176471 1 1 1 1 1 Rating 4.74 (34 Votes)
Fotograma cas portadas da sección de camarinas.eu que rende homenaxe á maxia do cine
Fotograma cas portadas da sección de camarinas.eu que rende homenaxe á maxia do cine

Unha exposición de Cine

Parece ser que o Concello de Camariñas se fixo eco da gran cantidade de camariñáns que leen e comentan os artigos do noso redactor de cine Luis Esteiro Ramos na súa sección "Death Coast Cinema Club" e hoxe ven de anunciarnos mediante unha nota de prensa que esta tarde ás 8 da noite comezará unha exposición en Camariñas adicada ao séptimo arte. O caso é que nela farase un percorrido audiovisual por toda a historia do cine desde os seus comezos ata o día de hoxe pasando polo estilo made in Hollywood, o cine europeo, o soviético, etc.. A exposición  chamada "Rodando, un percorrido pola historia do Cine" está situada no local da Marina e estará aberta tódolos días ata o 13 de abril de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Pulsa na imaxe para ver os temas da exposición.

 Introdución

Tal como recolle o seu título, a exposición “Rodando, un percorrido pola historia do cine”, ofrece un percorrido pola historia do sétimo arte, partindo dende a súa invención para chegar ata os nosos días, facendo especial fincapé nos cines español e galego.

Contidos expositivos:

  • Conxunto de paneis retro iluminados.
  • Dúas proxeccións de vídeo con contidos representativos de momentos fundamentais da historia do cine.
  • Unha colección de obxectos representativos da historia do cine complementan a exposición. Preséntanse en vitrinas e manequíns.
  •  Audio para a ambientación da sala con bandas sonoras de películas.

Contidos teóricos que se recollen:

  • A orixes do cine.
  • O cine mudo (1895 – 1929).
  • O triunfo de Hollywood
  • O cine expresionista alemán
  • A irrupción do cine soviético
  • A transición cara ao cine sonoro
  • O cine clásico (1929 – 1959).
  • A idade de ouro de Hollywood
  • O cine europeo
  • O cine moderno (1959 – 1980).
  • A Nouvelle Vague
  • Os Novos Cines e o apoxeo do cine de arte e ensaio
  • A renovación do cine americano
  • O cine na era audiovisual (1980 – 2008).
  • Historia do cine español.
  • Historia do cine galego.

Image

Comentarios   

JABA
0 # 5 DIAS!!!!!!JABA 03/04/2009 20:35
¡Polo visto,o ayuntamiento "non solo se centra no enkaixe e na feira,os dias de semana santa";esta ben ke saken ideas freskas,pa atraeren o turismo o pueblo,e un ben pa todo o mundo,sobre todo pos ke teñen nejosios....per o ke se akorden de ke o ano ten mais ke 5 dias,asike,"ke nos sorprendan todo ano."
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.