- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 17 Marzo 2009 17 Marzo 2009
Con motivo da exhibición nos cines da súa última película, camarinas.eu adica o seu DCCC a Clint Eastwood
Volve tras un tempo unha sección clásica de camarinas.eu con edicións que contan as súas visitas por decenas de miles. Trátase da sección de cine pioneira da Costa da Morte, o DCCC, que desta volta está adicado a un dos cineastas máis respetados dende sempre por esta redacción ao completo: Clint Eastwood, o tipo duro que albergaba un corazón de poeta e que ven de filmar outra das xoias ás que nos ten acostumados, Gran Torino. A carreira do último gran artesano de Hollywood é analizada nun artigo perfecto polo redactor de cine de camarinas.eu: Luis Esteiro Ramos.
Un poeta latente no corazón dun tipo duro
Sin Perdón, obra cume do western e na que Clint Eastwood creou a súa maior xoia cinematográfica
Cando a principios dos anos 70, o actor [[Clint Eastwood]] decidía ampliar horizontes cinematográficos poucos eran os que lle aventuraban un feliz desenlace pois naquel entón, o hoxe idolatrado director, tan só era considerado como un actor duro de [[Hollywood]] e aínda que comezaba a obter notoriedade dentro do gran público non ocorría o mesmo en canto e crítica se refire, nin tampouco recoñecemento entre os máis intelectuais da industria hollywoodiense. Moitos non sabían que detrás daquel rostro de pedra maciza e impenetrable mantíñase escondido un latente talento lírico. A súa historia é bastante peculiar pois foi un director forxado a base da aprendizaxe ó lado doutros mestres cinematográficos como Sergio Leone ou Don Siegel, este último en concreto apadriñouno durante os seus comezos, sabía ben da madeira do seu pupilo. O cine de Esatwood estará sempre influenciado polo arte destes 2 grandes da cámara e en todo momento soubo reciclarse a si mesmo mellorando todas as súas cualidades artísticas no crepúsculo da súa vida: unha mente lúcida e desperta os seus case 80 anos, que se di cedo... Con todo merecemento o gran Clint pasará a engrosar as listas da sección cinematográfica de Camarinas.eu, a reinventada Death Coast Cinema Club.
Os comenzos: Infierno de Cobardes
Deixando atrás unha etapa, chamémoslle de transición, o gran Clint decide revisar a obra mestra de [[George Stevens]] Raíces Profundas, sen dúbida un dos mellores Western da historia do cine, co gran remake [[El Jinete Pálido]] (1985), onde Eastwood volve repetir doble función, unha tónica durante toda a súa carreira, engadíndolle ademáis o seu orixinal personaxe de pistoleiro- predicador un misterio e ambigüedade aínda maior que o pistoleiro interpretado por Alan Ladd (con esto non quero decir que iguale a calidade da orixinal). A partir de agora Eastwood dará un salto de calidade dentro do seu cine que xa non terá fin ata nosos días. Con El Sargento de Hierro (1986), inicia unha xeira de personaxes antolóxicos como nesta especie de comedia bélica, onde se pon na pel dun duro e expeditivo sarxento militar coa difícil misión de adestrar a uns adefesios humanos desidentes na súa estancia no exército, nun exercicio educativo por parte de Eastwood ensalzando valores tan importantes como a disciplina, a orden ou a camaradería. Tras un brillante biopic Bird (1986) do gran saxofonista de [[Jazz]], [[Charlie Parker]], xenialmente interpretado polo actor afroamericano [[Forest Whitaker]] e onde Eastwood deixa patente a súa fascinación por este estilo musical, o noso cineasta adéntrase na tormentosa rodaxe de [[La Reina de África]] con [[Cazador Blanco, Corazón Negro]] (1990) meténdose na pel do seu director [[John Huston]], aínda que sen acreditalo no guión, sen dúbida unha das mellores películas do gran Clint, servíndonos este un personaxe antolóxico, cargado de ambigüedade e xenialidade a raudais, dándolle o actor ó seu personaxe unhas connotacións desconcertantes sobre a controvertida e maniática personalidade do director de orixe irlandesa, na miña opinión a mellor interpretación de Clint Eastwood. O film tamén nos brinda o descubrimento dun novel actor, [[Jeff Fahey ]](noutrora Duane Duke nunha disparatada secuela de Psycho, a cal impresionou, non pola súa calidade precisamente, a este humilde servidor…) que neste film da vida o sufrido e case que único amigo do personaxe de Eastwood, o escritor de orixe xudea Peter Viertel, guionista do film de Huston pero tamén guionista do de Eastwood, e que nos conta de primeira man a obsesión do enerxético Huston por cazar un elefente no continente africano, facendo incluso retrasar a realización do filme debido o seu capricho. Un film “Made In Eastwood”.
Un dos maiores xenios destes tempos tralas cámaras e diante delas: Clint Eastwood
Outra gran obra para a posteridade: Gran Torino
Acto seguido Eastwood volve a deleitarnos con outro film de lirismo desbordante, a magistral e conmovedora [[Million Dollar Baby]] (2004), sen lugar a dúbidas un dos mellores filmes que se poidan ver, realizados neste novo milenio. O filme narra a historia de 2 vellos perdedores, un maniático manager de boxeo ([[Clint Eatwood]]) e un ex boxeador afroamericano ([[Morgan Freeman]]), axudante do ximnasio propiedade do anterior, cando o primeiro perde o seu gran pupilo, por considerar este que o sobreprotexe demasiado á hora de dar o salto definitivo polo título mundial dos pesos pesados, decide, non sen antes facer todo tipo de reticencias, entrenar a unha xa maduriña rapaza ([[Hilary Swank]]), a cal ante a súa perseverancia e talento acabará por convertela nunha verdadeira campeona. O filme analiza a progresión do vínculo afectivo que se establece entre ambos personaxes chegando este a un límite paterno-filial pero que con motivo dun fatal golpe do destino fará que o vello manager teña que decidir levar a cabo a acción mais difícil da súa vida…O filme acadaría 4 novos Óscars: mellor película, dirección, actriz principal ([[Hilary Swank)]] e actor secundario ([[Morgan Freeman]]). Unha das grandes xoias de Eastwood. Entramos na recta final co seu díptico sobre a [[2ª Guerra Mundial,]] concretamente sobre a conquista da illa de [[Iwo Jima]] (Xapón) polos EEUU, suceso bélico que dou carpetazo definitivo a mais terrible guerra que asolou a historia da humanidade, proposto por Eastwood con 2 filmes, [[Banderas de Nuestros Padres]] (2007), análisis do bando aliado (EEUU) neste conflicto e [[Cartas Desde Iwo Jima]] (2007), análisis dos perdedores, o bando do eixe central (Xapón), profundizando nas 2 culturas contrapostas dos 2 bandos nunha gran reflexión do noso director. O ano pasado, o gran Clint aínda tivo tempo de realizar 2 filmes Gran Torino (2008) e un thriller, [[El Intercambio]] (2008), film basado en feitos reais sobre o rapto dun neno e a incesante búsqueda deste por parte da súa nai, removendo esta terra e ceo e incluso o poderoso, corrupto e perigoso estamento policial. Un gran film onde brila con luz propia [[Angelina Jolie]].
Poñemos neste intre o punto final o artículo pero tan so o punto e aparte na súa monumental filmografía xa que seguiremos ilusionantemente expectantes a novos proxectos do director máis en forma do cine actual.
{mos_ri}








Comentarios
Clint é dos meus directores preferidos... e... camarada Zhúkov... casualidade que tamén son Sen Perdón e Cazador branco corazón negro as miñas películas preferidas deste inmenso personaxe do cinema de todos os tempos.
Tamén prefiro con diferencia a de Bandeiras de nosos Pais á de Cartas... aínda que esta tamén me gustoru ben.
"Un mundo perfecto" "As pontes de Madison", "O xinete Pálido", "Medianoite no Xardín do ben e do mal" "Mistic River"...buff ... incluso as máis fallidas películas dirixidas por este xenio teñen cousas resaltables (estou a pensar nesa mítica frase do final de Execución inminente: "Santa claus sempre cabalga só..."
E coma actor, xa non falamos como borda os personaxes de tipo duro xa nas pelis con Leone coma nos Harry e demáis de Don Siegel.
Clint merece un posto de honra na historia do ser humán...a súa figura trascendo do sétimo arte para se converter nun icono universal...pat rimonio do ser humán...ahí queda iso.
Un saudo compañeiro e os meus parabens.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.