O escritor Fernando Lalana visita o IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto

O escritor Fernando Lalana visita o IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto

Este mércores 19 de febreiro, o escritor Fernando Lalana, premio nacional de literatura infantil e xuvenil, visitou o instituto de A Ponte do Porto. Durante hora e media todo o alumnado que pertence aos diferentes clubs de lectura, máis de 60, gozaron das palabras dun dos seus escritores favoritos. O escritor contoulles como empezara na literatura, que lle inspiraba para escribir unha novela, por que se dedicou á literatura infantil-xuvenil e non á de adultos e moitas outras anécdotas que fixeron que o tempo transcorrera máis rápido do desexado. Ao final, Fernando contestou a diferentes preguntas dos lectores e asinou os seus libros. Agradecer á editorial Santillana que puidésemos compartir con Fernando Lalana este tempo, desprazándose ata a Costa da Morte e dándonos a oportunidade de coñecer persoalmente ao creador de tantas historias coas que gozamos. ...
O músico camariñán Álvaro Trillo lanza o seu primeiro videoclip co grupo UDRA

O camariñán Álvaro Trillo lanza o seu primeiro videoclip co grupo UDRA

Despois de anos e anos de estudios musicais, de empaparse con deceas de grupos da dureza do metal, da armonia melodica de musicas do mundo ou da sabiduría do jazz chega o turno de enfrascarse noutro proxecto para o baterista camariñán Álvaro Trillo. Este virtuoso das baquetas creiado na Carretera do Faro da Vila das Palilleiras emprende, xunto a outros dous expléndidos músicos un novo grupo musical único na súa especie. Trátase do trío Udra, nome que cremos que fai referencia a ese cabo situado nos mares do Morrazo e do que saíron tantas lendas castrexas. Sexa como fora, este virtuosísimo conxunto de músicos galegos ben de estrear o seu primeiro videoclip. Un maravilloso compendio armónico con reminiscencias de Jazz (non podía ser doutro xeito con Álvaro), Funk, Soul e incluso Hip-hop con matices de Rock Progesivo difícil de encadrar na actual perspectiva musical e que soen denominar os entendidos nesto como Neo Soul. Para contratacións e actuacións o grupo pon a disposición dos interesados o número de contacto do seu manager 647 055 245. E dende aquí rematamos esta nova presentamos en exclusiva ese gran traballo musical en forma de videoclip dun grupo que está chamado a facer grandes...
Xa estamos no Carnaval, por Antonio Puertas "Beldoña"

Xa estamos no Carnaval, por Antonio Puertas "Beldoña"

Esta historia verdadeira, é tan real que non me atrevo a chamarlle conto. Acontecera nun día onde o entroido e as comparsas ían collidos da man, con toda a troula festeira detrás. Matrimonio oriúndo da Costa da Morte, protagonista desta traxicomedia...ou sarao. Coma vos queirades chamarlle. ...
A escritora catalá Gemma Lienas visita o IES Pedra da Aguia

A escritora catalá Gemma Lienas visita o IES Pedra da Aguia

O IES Pedra da Aguia solicitou participar no Programa “Encontros Literarios” organizados pola Subdirección Xeral do Libro, a Lectura e as Letras do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Programa que pretende achegar aos mozos lectores e lectoras a un autor elixido polo instituto que acode ao centro para dar unha charla sobre a súa propia obra, seguida dun coloquio cos estudantes. Foilles concedido dito programa podendo convidar o centro á autora Gemma Lienas. ...
O Concello de Camariñas organiza o Día das Letras Galegas 2018

O Concello de Camariñas organiza o Día das Letras Galegas 2018

O Concello de Camariñas ten previsto unha serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018 que neste ano homenaxea á escritora María Victoria Moreno Márquez. Así neste día tan emblemático para as letras da nosa terra, o Concello de Camariñas organiza para o 17 de maio, ás 12:00h, un acto no que vanse a premiar os traballos literarios realizados por alumnos de infantil, primaria e secundaria dos centros educativos do concello nas categorías de prosa e poesía. O acto estará amenizado polos Monicreques de Kukas e o seu espectáculo Xan Perillán e a maleta máxica, montaxe de escea que mestura o clown e a pantomina coa maxia e a manipulación de títeres, algo, por outra parte, cáseque idéntico á derradeira e lamentable asamblea que esta estrafalaria directiva do Club Náutico de Camariñas tivo a ben evacuar. Pero centrándonos no puramente literario, e deixando de lado personaxes absurdas e lamentables fracasados del tres al cuarto, cabe destacar tamén que ademais destes actos previstos pola sección de cultura do Concello de Camariñas ao mando da cal se atopa noso querido amigo Sergio Caamaño, do 14 ao 16 de maio está previsto que a biblioteca municipal de Camariñas ofreza unha...