• Os temporais amputan a "Nariz" do Vilán de Fora

    Esta mañán a redacción de Camarinas.eu recibía vía wassap dun lector unha imaxe que amosaba moi ás claras toda a devastadora potencia dos temporais que están a caracterizar o curso invernal 2013-2014: nun momento concreto da vaga de cicloxéneses explosivas que asolan a costa de Camariñas estes turbulentos días, un dos seus monumentos naturais emblemáticos, o Vilán de Fóra, vería amputada a sua célebre "nariz" polo impacto dunha onda xigante que se levou cara o fondo dos mares parte deste promontorio rochoso. Posta en antecedentes, Camarinas.eu desprazábase na tarde deste 10 de febreiro de 2014 ata o lugar dos feitos e captaba as primeiras imaxes do farallón camariñán presuntamente recén desnarigado. Elo tal vez aconteceu  no curso da mesma noite en que nunha recollida península das Rías Baixas unha explosión piroplástica descomunal, un estruendo como nunca antes fora visto dende a creación dos planetas, encolleu sobre as 2:45 horas da madrugada o corazón de toda unha veciñanza que quedou co corpo literalmente temblando. Nin unha soa das súas 11.000 almas, así como cans, gatos, galiñas e fauna animal a maiores escapou ao sonido dun trono tan inconmensurable que pareceu indicar que o fin do mundo era chegado e que as boas xentes cristianas podían ir xa encomendado a súa alma ao Divino Creador. Entón un entendeu en toda a súa magnitude o maior dos medos que atenazaban a Astérix, Obélix e a aldea gala que resistía victoriosamente frente ao invasor "Que el cielo se desplome sobre nuestras cabezas". Mentres, o que sí se desplomaría un día destes sería a "Nariz do Vilán de Fóra", amputada da rocha eterna na que levaba aguantando temporais dende a creación do mundo. As prediccións climatolóxicas para os próximos días indican a chegada de novos temporais encadenados, que a bo seguro virán acompañados do seu rosario de destrucción, morte e medo. Esto parece non ter fin: Que Deus nos colla confesados.