O Concello de Camariñas pon en marcha o proxecto “O enxoval da memoria” que ten como obxectivo coñecer e recuperar manifestacións culturais a través de relatos das persoas maiores.
Este domingo 7 de abril ás 18:00 horas da tarde será celebrada na Casa de Pedra a preestrea do video-clip "Eu Son Camariñas" por parte dos seus creadores. Despois de 5 meses de intensos traballos de deseño e creación audiovisua, xestións e grabacións o equipo de producción ten xa todo preparado para proceder a esta preestrea á que tan só se poderá acceder por medio do formulario da web do proxecto da web do proxecto habilitado para tal efecto. Unha preestrea exclusiva á cal asistirán tanto os seus protagonistas, creadores e representantes dos colectivos participantes no programa como ortavoces dos partidos políticos así como un selecto grupo de creadores audiovisuais invitados expresamente para facer unha valoración do gran proxecto promocional que ten en vilo a toda a cidadanía do Concello de Camariñas. Será esta gala a antesala da presentación oficial que, tal e como nos informan dende o equipo de producción de "Eu Son Camariñas", será celebrada por todo o alto nesta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas e da cal terán informados aos nosos usuarios e lectores convenientemtente. Eu Son Camariñas!
Poucas veces se víu a todas as parroquias do concello de Camariñas revolucionadas de tal maneira como na mañá deste luns 11 de marzo. O motivo de tal sobresalto popular non era outro que o regreso das grabacións dun proxecto que marcará un antes e un despois na promoción do concello. Os integrantes do equipo de producción do proxecto audiovisiual "Eu son Camariñas" comezaban moi cedo as labouras dixitais que veñen a poñer o broche final a esta serie de grabacións que se sucederon ao longo de todo o concello. Entre os protagonistas desta historia que está chamada a quedar xa na memoria colectiva de todos os veciños do consistorio tivemos a oportunidade de rexistrar nas súas cámaras a esencia de todo o mellor que este gran concello e as súas xentes teñen para ofrecer: houbo dinámicas empresas de diferentes sectores, profesionais dos ámbitos máis caracterísiticos da nosa terra, emprendedoras do sector textil, as paisaxes máis impresionantes, as nosas máis representativas artesás, deportes e un largo etcétera que tivo o seu cumio na tarde cando se deron cita na lexendaria praia de Area Longa en Reira preto de un cento de nenos e nenas das diferentes escolas deportivas do Concello de Camariñas. Porque eso foi o máis emocionante para un redactor que a presente subscribe, ver a alegría e a ilusión que este proxecto provoca nos máis pequenos que ven como a súa terra, o seu fogar, e sobretodo eles mesmos son os protagonistas da historia que lles marcará para sempre. #EuSonCamariñas
Páxina 1 de 2