O Concello de Camariñas, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultores, comezou a campaña de batidas de vespa velutina o pasado día 12 de febreiro, ca colocación de trampas piloto para facer unha sondaxe da situación actual. Procederase á revisión das mesmas cada quince días. Observáronse, a estas alturas de febreiro, varias trampas con velutinas dentro, debido ás temperaturas suaves que se deron durante todo o inverno. O insecto adiantou o seu ‘espertar latente’ e volve estar activo antes do habitual.