• O programa "Perdidos en Galicia" graba un programa en Camariñas

    Perdidos en Galicia, un programa producido polo novo canle autonómico do grupo La Voz acaba de lanzar o seu capítulo adicado á Vila de Camariñas. Foi hai unhas semanas cando unha cuadrilla de descoñecidos (agora xa máis populares) rodeados con varios cámaras e operadores de sonido deambulaban por Camariñas adiante en busca dos ingredentes necesarios para realizar unha queimada. Ese era o principal argumento deste programa que foi emitido este domingo en prime-time polo exitoso canal galego.
  • Video promocional de Camariñas

    O Concello de Camariñas ven de estrenar recentemente na súa web unha serie de dous videos co fin de promocionar, entre outras, as excelencias paisaxísiticas do noso concello polos catro puntos cardinais. Dito video foi financiado pola Deputación Provincial da Coruña e realizado integramente polo Grupo La Voz de Galicia. Grupo que experimentou un gran salto de calidade ao fundar o seu propio canle de televisión coñecido por todos como V Televisión. A producción audiovisual céntrase principalmente nos aspectos máis turísticos do Concello de Camariñas. Ademáis podemos escoitar pequenos cortes onde visualizamos entrevistas a diversos persoeiros representativos de Camariñas coma o Alcalde Pichurri e a Lola de Xaviña como Presidenta das Mariscadoras entre outros. 
  • O Café Bar Arnela no programa "De Bares" de V Televisión

    Este pasado mércores 1 de xuño de 2011 finalmente se emitía o programa da canle V Televisión "De Bares" adicado, entre outros establecementos hosteleiros da xeografía galega, ao Café Bar Arnela. O local paradigmático do Distrito de Corea, corazón e alma de camarinas.eu, auténtico fogar dos seus redactores, único enclave realmente extrañado na lonxanía da diáspora por algún dos mesmos, un local distinto. Tense dado o caso de que durante o periplo camariñán dalgún dos anteriormente citados redactores durante longos periodos de ata oito meses este non pisara ningún outro bar (¿para que, si era como estar en casa?) ata que motivos futbolísticos forzaron o seu exilio. Un local así merecía xa non un programa senón incluso unha serie propia de televisión, que de seguro tería unha multitudinaria audiencia vendo algunhas das entrañables persoalidades que día a día forman a parroquia, familia máis ben, do Café Bar Arnela. O noso auténtico fogar.