• O Coro Brisas do Mar de Camariñas no Luar da TVG da man de Xosé Luis Blanco

    Con motivo dos actos programados polo Concello de Camariñas no aniversario do afundimento do HMS Serpent, a TVG emitía este venres noite no Luar, o programa estrela das noites da canle autonómica, unha pequena reportaxe sobre o afundimento do navío inglés que embarrancou tráxicamente na costa de Camariñas levándose a vida de 173 mariños ingleses. Como non podías ser doutro xeito o mestre de xornalistas da vila das palilleiras Xosé Luís Blanco Campaña foi o encargado, moi emocionado, de describir o periplo do buque ao mando de Mr. Ross que dou nome á Costa da Morte cando embarrancou nos baixos da Punta do Boi.
  • Camariñas: Mascarón de proa da previsión meteorolóxica

    Hai un consenso xeneralizado de que o mellor “parte” do tempo é o da Televisión de Galicia. E iso é así porque ten unha rede de estacións meteorolóxicas que abrangue todo o longo e ancho do territorio. En Camariñas tamén. No Muelle Novo, en pleno porto de Camariñas, hai unha. Esta estación recolle tódolos datos que permiten, por exemplo, que no telexornal da TVG apareza case sempre Camariñas como referente meteorolóxico para toda Galicia. Estas estacións de Meteogalicia, informan da cantidade de choiva, da velocidade e dirección do vento, da humidade, e toda a información que logo vemos reflectida nos noticiarios e que tan útil é para a nosa vida cotián e, sobre todo, para os profesionais do mar. Unha curiosidade desta estación é que ten unha cámara que, en tempo real, recolle imaxes que todos podemos ver e consultar a través da páxina www.meteogalicia.es , ou a través da app de meteogalicia para móbiles.
  • O Coro Brisas do Mar actuará en Luar para conmemorar a traxedia do Serpent

    Comezan a brotar as diversas iniciativas para conmemorar o aniversario do afundimento do HMS Serpent na costa de Camariñas. A primeira da que damos a coñecer aquí trata da actuación do noso querido Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas como estrela invitada no programa Luar que se emitirá en directo na TVG este venres 10 de novembro. E centrará a súa actuación na interpretación a capela da mítica canción composta polo mestre xornalista camariñán Xosé Luis Blanco Campaña adicada aos afogados no naufraxio do Serpent nos baixos da Punta do Boi. 
  • Video da TVG da Mostra do Encaixe de Camariñas 2014

    Este mercores 16 de abril de 2014 inaugurabase unha edicion mais da Mostra do Encaixe, un evento de importancia tal qu soe concitar unha gran presencia de medios de comunicacion. Foi por elo que para ir quentando motores un equipo da Television de Galicia desplazouse ata a Vila das Palilleiras para pulsar o ambiente entre os camarinans ante a inauguracion do maior certame encaixeiro a nivel mundial. Unhas xentes ilusionadas, felices, por poder mostrar a fermosura e a arte da sua vila ao mundo enteiro e que reciben algarazados a importante remesa de visitantes que se achegara dende o 16 ata o 20 de abril. Por elo, como documento historico, vaia este video da TVG para ilustrar o ambiente que se sentia polas ruas de Camarinas o dia da inauguracion da sua XXIV Mostra do Encaixe.
  • Camariñas no programa da TVG No Bico un Cantar

    En tempos revoltos nada mellor que unha patriotada. E para facer patria en Camariñas hai que acudir aos catro-cinco iconos que unen a todos os veciños por enriba de calquer outra cuestión problemática e que ninguén discute: o Faro, Reira, o Encaixe... e o folklore nacional. Aquí, como resulta obvio, destaca sobor de todo o demáis o auténtico himno oficioso do Concello, un deses cantares, emocionais e definitorios, que si che collen con mal corpo acabas chorando como unha magdalena, tal é a forza de "O Pasar por Camariñas", unha bala de diamante directa ao centro da alma. Nestas o programa da Televisión de Galicia "No bico un cantar" decidío adicarlle unha edición ao gran himno musical da Costa da Morte e ahí Camariñas enviou ao combate a toda a súa potencia de fogo: os irmáns Barcia Trashorras, Os Panchos do Jolfendro, a Coral Municipal de Mulleres, José Luis dende Puerto Rico... para tratar de render a debida homenaxe a un cantar que si non che pon a pel de galiña, unha de dúas: ou non tes sangue no corpo ou non eres camariñán.
  • O Programa da TVG A Revista visita Camariñas

    Hai días nos que son tantas as noticias que recibe esta redacción que literalmente non se da abasto. Hoxe é o caso xa que nos acabamos de enterar de que hai unhas semanas unha unidade móbil da TVG concretamente do exitoso programa matinal da canle autonómica "A Revista" recalou en terras camariñanas para realizar unha pequena pero intensa reportaxe sobre a "Ruta polo litoral de Camariñas". Dita unidade móbil contou coa colaboración da experta en turismo e usuaria de Camarinas.eu Rosa Mouzo Pasantes, a cal foi guía de primeira liña co equipo de grabación da TVG. Así Rosita, tal e como é coñecida popularmente en todo o concello, fai o que mellor sabe e dirixe aos reporteiros hacia os lugares máis emblemáticos e de maior beleza do litoral de Camariñas así como tamén aproveita para contar algunha que outra das anécdotas, mitos e lendas que posúen os paraxes máis fermosos da nosa costa. Un bonito reportaxe co cal queremos felicitar a Rosita pola súa labor na caseta de información turística a prol da promoción do noso concello.
  • A serie Matalobos visita Camariñas

    Vivimos a gran era das series. Diferentes títulos que abraian por unha pasmosa calidade que se manten inalterable ao longo de varias tempadas, que se suceden sen solución de continuidade e que rivalizan e incluso superan ás películas. Esto, como todo o demáis, iniciouse nos Estados Unidos de América: a maiores das pioneiras de finais dos oitenta e principios dos noventa (The Simpsons, Futurama, Seinfeld, etc...), nos últimos tempos coparon as pantallas unha pléiade de series dunha calidade virtuosa: a das derrotadas peripecias do ex-beisbolista profesional Kenny Powers en "De Culo y Cuesta Abajo"; as da implacable xungla dos tempos da Lei Seca de "Boardwalk Empire", dirixida polo mesmísimo Scorsese; "Mad Men", na que o actor Jon Hamm recreou unha persoaxe digna de pasar á historia, o Don Draper das axencias americanas de publicidade dos anos 60 cas súas palmadas no cu das empregadas e o seu machismo desbocado; a aclamada "The Wire" segundo moitos a mellor da historia; a populosa "Game Of Thrones" e en xeral calqueira xoia ca que a cadea HBO ten a ben deleitarnos cada pouco tempo. Así poderíamos seguir cuns cantos títulos máis.
  • As nenas palilleiras de Camariñas na TVG

    Nova recalada televisiva no Concello de Camariñas, desta volta para firmar unha estupenda reportaxe sobre a labor exemplar que dende hai uns cantos anos levan a cabo a Escola Municipal de Palillo. Recalou si, este mércores 16 de novembro, no edificio do Centro de Iniciativas Empresariais sito na Rúa do Prado, un equipo da Televisión de Galicia e alí puido comprobar nunha aula repleta de neniñas chegadas das distintas partes do concello, como se perpetúa a arte que dou renome mundial a Camariñas. Por todo elo, non cabe senón agradecer a TVG este interese amosado polos esforzos deste numeroso grupo de rapaciñas que farán posible que xa ben adentrados no século XXI, percorrendo frenéticos os camiños do postmodernismo, Camariñas siga a ser a Vila das Palilleiras.
  • O Restaurante camariñán Puerto Arnela na TVG

    Continúa a fiebre televisiva adicada a establecementos hosteleiros de Camariñas. Programa va, programa viene. Se hai tan só unhas semanas a canle V Televisión a través do programa "De Bares" adicáballe unha edición ao Café Bar Arnela, desta volta foi o seu irmán pequeno, o Hotel Restaurante Puerto Arnela, o que era honrado ca visita da TVG. "A Revista", programa ubicado na mañán televisiva do canal galego facía unha pequena reportaxe nun dos principais establecementos hosteleiros da Costa Morte. Foi non hai moitos anos, cinco, seis, cando unha parella de xóvenes camariñáns decidío restaurar unha das máis antigas casas da vila e convertila nun restaurante de calidade, dende aquela un desfile continuo de visitantes de envergadura recalou no coqueto ristorante da Praza do Carme e poido degustar un menú surtido dos mellores productos do noso mar. A elo, en época recente sumouse o espectacular e sublime Bosque de Columnas Pintadas, obra se non de Agustín Ibarrola si do seu alumno máis aventaxado e que permiten saborear un dos mellores menús da Costa da Morte contemplando unha obra artística inmortal e sen igual.
  • Anik Nandi graba unha reportaxe sobre Camariñas para a TVG

    O prometido é deuda e si hai exactamente dúas semanas publicábamos na nosa portada que un equipo da Televisión de Galicia comandado polo socio-linguista de orixe hindú Anik Nandi visitara a Vila das Palilleiras por mor de grabar un documental sobre Camariñas, hoxe publicamos a citada reportaxe, dunha duración aproximada de catro minutos e que puido ver toda Galicia na sobremesa do sábado 19 de xuño de 2010 dentro do programa Cultura 10, presentado pola escritora e columnista focense Luisa Castro, dunha duración de media hora e de carácter eminentemente cultural. Sabedor gracias a camarinas.eu da emisión dunha reportaxe sobre a nosa vila, alí estaba ante a pantalla do televisor sobre as 15:15 horas do citado sábado o noso usuario, colaborador e patrocinador Juan Camariñán para visionar e grabar o citado documental para despois facelo chegar a esta redacción e que desta forma todos os usuarios da web máis vista da historia do litoral atlántico galego, aquela que sobrepasou xa con moito os 10.000.000 de visitas, puideran deleitarse ca contemplación das maravillas dun concello único. Documental ademáis que lle tiña reservado os seu minuto de gloria televisiva así como ao noso amigo Bernardino Martínez que oficiou como guía de Anik Nandi por estas terras.
  • Mensaxe nunha botella, Reportaxe da TVG sobre Camarinas.eu

    A semana pasada a redacción de Camarinas.eu recibía un correo da productora Plató 1000. A misiva encheu de ledicia a esta redacción xa que a dita productora, que traballa para a Televisión de Galicia, pretendía realizar unha pequena reportaxe sobre unha das noticias que publicara Camarinas.eu hai uns meses. "Mensaxe nunha botella", a noticia que nos puxo en contacto co rapaz francés Romain Chavantré, era a nova que a TVG quería recrear nun pequeno documental para un programa infantil chamado "O País dos ananos".
  • Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia" con actores de Camariñas

    É coñecido o talento dos camariñáns nos máis diversos eidos da arte: escritores, cantantes, músicos, periodistas, pintores, etc.. e si había un oco era o do mundo da interpretación, cuberto agora por estos catro Camariñáns (un deles adoptivo) que dende fai uns días acuden diariamente ao Concello de Cabana para participar na serie documental da TVG "Historias de Galicia". Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos das rodaxes.
  • María Manuela Ramos Gesto, veciña de Camariñas, protagonista dun documental da TVG

    Nun programa da TVG chamado "Doa a Doa" Camariñas tamén está presente coa testemuña dunha das mulleres máis vellas e experimentadas de Camariñas: María Manuela Ramos Gesto, nacida en Camariñas en novembro de 1922 e muller chea de experiencias na súa vida. Filla de Andrés da Cotarra e muller do xa finado Pepe de Cariño (fillo de José Pequeno), María ou Maruja da Cotarra como se coñece a esta gran muller en Camariñas, tivo que emigrar moi nova a Inglaterra. Con 5 fillos novos e o seu home enfermo colleu as rendas da súa casa e da súa vida e embarcouse para Londres donde estivo máis de 40 anos traballando para manter aos seus. Agora, Maruja, xa retirada e descansando na súa casa, leva unha vida tranquila e só a podemos ver de vez en cando comprando na súa tenda preferida, a tenda de Dulia, a súa irmá. Neste programa podemos ver as historias dos nosos maiores que lembran persoalmente as anécdotas da súa vida.