Onte, venres 28 de Maio, aprobouse en Xunta de Goberno Local do Concello de Camariñas a concesión da licencia para a construción do primeiro albergue turístico do municipio. Este situarase na zona da Area da Vila e terá como nome “Devalar do Mar”.
Nos últimos anos o turismo de deporte e actividades ao aire libre creceu en gran medida, máis dende a situación epidemiolóxica que se está a vivir dende fai un ano. Neste eido as rutas do Camiño dos Faros están a cobrar especial relevancia e no Concello de Camariñas hai un total de 3 das 7 que o compoñen: Laxe-Arou, Arou-Camariñas e Camariñas-Muxía.
Debido a situación epidemiolóxica os modos de moverse están a cambiar, algo que se acentúa cando se fala das vacacións. Os lugares concorridos ou espazos pechados xa non entran dentro das posibilidades do viaxeiro, abrindo as portas a zonas máis amplas e tranquilas.
Dende esta Semana Santa o punto de información e atención aos turistas do Concello de Camariñas estará situado no Museo do Encaixe. A medida ten como obxectivo permitir o funcionamento deste recurso todo o ano, sempre que a situación sanitaria o permita, e non so na época estival ofrecendo un servizo mellor e máis completo aos usuarios.
O Concello de Camariñas oferta a contratación laboral temporal de dous técnicos para a Oficina de Turismo de Camariñas a tempo parcial, e unha praza a tempo completo. Os postos están dirixidos a persoas formadas en Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas; grao ou diplomatura en Turismo, en Ciencias Empresariais e Turismo, en Historia do Arte, en Humanidades, en Xeografía e Ordenación do Territorio, ou en Historia.