• Don Antonio Mas Rego, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Despois de tantos anos de sacrificio en Suiza, esperando para vir definitivamente á súa terra e poder desfrutar da súa xubilación, chega a recta final dese momento tan agardado e a traxedia cébase co noso querido amigo Tono da Riala. O veciño de Camariñas Don Antonio Mas Rego de 63 anos de idade, falecía este domingo 16 de xuño de 2019 no Hospital du Jura en Delemont despois dunha longa loita contra unha enfermidade que, finalmente e contra todo pronóstico médico, se levou por diante a vida deste camariñán exemplar. Un home do cal sempre nos quedará randes lembranzas como a súa amabilidade e tranquilidade, sempre afable e falador, Camariñán con maiúsculas onde os haxa, pero sobretodo un pai e marido exemplar e amigo dos seus amigos. Como olvidar aquelas festas no Café Bar Arnela de Gelinita...

  • Festa no Cafe Bar Arnela de Camariñas

    O Café Bar Arnela vivío este venres 1 de agosto sen dúbidas o momento máis histórico en tódolos anos da súa existencia cando preto de 500 persoas aproximáronse ao mesmo ao longo da noite con motivo da festa de despedida que camarinas.eu brindaba ás súas usuarias Sefa, Pauliña e Rocío, as cales en breve voltarán ás Illas Canarias. Unha muchedumbre como nunca se vío nun bar en Camariñas enchío o bar paradigmático do barrio de Corea ata os topes. Pulsa na imaxe do maestro timbaleril, Tono da Riala, para ver unha impresionante galería fotográfica de 240 fotos tomadas polas redactoras Adry e Lucía e o director Diego Alonso Freire acompañadas de 5 espectaculares vídeos.