Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Sumidoiros
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Traballos de prevención de atascos nos sumidoiros do Concello de Camariñas
O Concello de Camariñas ven de poñer en marcha unhas accións para evitar os atascos nos sumidoiros conflictivos de todo o término municipal comezando polos situados no paseo marítimo da capital municipal. Estes traballos, levados a cabo pola nosa querida Patrulla Municipal de Obras "PMO", constan da limpeza mediante presión con potentes mangueiras de auga dos alcantarillados que deron algunha clase de problemas estes derradeiros anos. Para que non se volvan a repetir casos de obstruimento nos depósitos destas cañerías, moitas veces provocados por acumulación de grandes cantidades das típicas toalliñas que se tiran polo retrete, intentarase deixar como unha patena estes puntos onde estes productos de aseo persoal solen atascarse. Pero para evitar estes molestos atascos nos sumidoiros do concello, o máis importante é que todos nos concienciemos de que estas toalliñas perfumadas non se poden tirar polo WC. Sólo así poderemos evitar finalmente esos atascos interminables que supoñen tantas molestias para todos.
Mellora dos sumidoiros do paseo marítimo de Camariñas
Aproveitando o bo tempo reinante nestes últimos días do mes de novembro, o Concello de Camariñas ven de por en marcha unhas actuacións na rotonda adxacente da zona do Campo para evitar as continuas enchentas coincidentes coa plea mar. Estas obras consisten en derivar as canalizacións de augas limpas que proceden da Estrada do Vilán hacia uns novos aliviadeiros para evitar esas incómodas e perigosas inundacións en plena rotonda. Así e todo, tal e como nos explica o concelleiro de obras, o camellán Juan Carlos Canosa, ao rematar estas actuacións estarán atentos neste punto para ver si este novo aliviadeiro é suficiente. De non ser así retomaríase de novo a obra actuando nas augas provintes da zona do Campo.
Servicio Municipal de Vias e Obras - PMO AL RESCATE
Especialmente intensos están a ser estes últimos tempos para os chavales do Servicio Municipal de Vías e Obras. Comandados polos dous Manolos, Ex-Lonjeiro e Brañas Verdes ("un home ao que lle gusta traballar"), parecen ter o don da ubicuidade e así podemos velos en condicións climáticas extremas acometendo todo tipo de obras sinxelas e humildes: esas que non están orzamentadas en miles euros e que tanto lles gustan inaugurar aos políticos lucindo a correspondente placa de "esta obra foi inaugurada sendo Presidente/Conselleiro/Alcalde Don Fulanito de Tal", que pouco máis é parece que foi financiada polo político do seu propio bolsillo. Non, porque nese caso costaría máis a placa conmemorativa que a obra en si.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Debido ao gran numero de accidentes
Mareas a punto de rebosar no paseo
Reinauguración Oficial de Diego Alonso
A Xornada de Juanillo 16-12-2012
Novo atentado contra o Club Náutico