O Museo MAN acolleu esta mañá a inauguración dunha exposición da Fundación Vicente Ferrer baixo o título ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’, o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica.
O Museo MAN albergará o vindeiro sábado, 26 de setembro, unha exposición da Fundación Vicente Ferrer baixo o título ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’, o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica. A inauguración será o vindeiro sábado, 26 de setembro, no propio Museo e ás 12:00 horas. Será obrigatorio o uso de máscara sanitaria e o Concello porá a disposición das persoas asistentes xel hidroalcólico para a correcta desinfección das mans.
Outro magnífico éxito para a querida familia da nosa gran bailarina de Camelle Carla Pérez Tajes. Esta pequena artista ven de recoller, xunto a súas compañeira de equipo do Club de Baile Deportivo de Narón, o segundo premio na categoría junior de Danza Coreografica de Baile de Salón no certame de Baile Cidade de Vigo celebrado este sábado 15 de febreiro. Sen dúbida unha merecida recompensa a todo o impresionante traballo de adestramentos e sacrificio por parte desta rapaciña camellana que, gracias ao seu tesón e bo facer e gracias tamén ao decidido apoio de toda a súa familia, ven de conquistar semellante éxito. Pero esto non acaba aquí, xa que Carla e todo o seu equipo desputarán no mes de xuño o Campionato de España de Baile de Salón, do cal xa conseguiron estes dous derradeiros anos a quinta posición na clasificación final. Este ano van a ir a por todas e prometen dar moita guerra e, dinnos por aquí caladamente que Carla ten pensado conseguir nese campionato de España un importantísimo resultado que encha de orgullo a todos os camelláns. Nos dende aquí seguiremos todos os éxitos desta rapaciña que de maior quere ser fisioterapeuta, pero sen olvidar nunca a súa paixón que é o baile de salón e que xa lle inculcou á súa irmanciña Nerea. Noraboa Carla e noraboa familia!
O Museo Man de Camelle acollerá a exposición “Arte + 3 Olladas”, que amosará as obras dos artistas Soledad Pite Sanjurjo, Pedro Avila Durán e María José Pampín Bugallo. Arredor de 50 obras que presentarán tres formas de ver a vida cotiá e o mar. A presentación da mostra terá lugar o vindeiro sábado, 11 de maio, ás 19:30. A ela acudirán os creadores das pezas que estarán alí expostas. A mostra exhibirá cadros e cadernos de viaxe, entre outros elementos.
O Concello de Camariñas, en colaboración co Consultorio de Camelle, o doutor Fernando Cuadrado, a Farmacia de Camelle e a Asociación de Veciños A Pergoliña organizará do 15 ao 19 de marzo as ‘Xornadas de pinchos saudables’ en Camelle, onde establecementos da localidade participarán neste evento gastronómico.
Este pasado sábado 23 de febreiro de 2019 tiña lugar no impresionante Museo Man de Camelle a inauguración da exposición 'Imaginatio Mare' do artista catalán Joan Pascual Roca. Ademais do autor da obra estiveron presentes a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua Rial xunto ao segundo tenente de alcalde e concelleiro por Camelle Juan Carlos Canosa Marcote que presentaba a inauguración. Ata a última fin de semana de marzo poderase visualizar o traballo deste artista catalán, que a través da técnica da pintura con tinta chinesa invita ao expectador a somerxerse dunha maneira case existencial no ecosistema mariño. Ao remate do acto de inauguración o artista non quixo perderse a oportunidade de fotografiarse xunto a estatua do Alemán de Camelle en homenaxe a Man cun grupo de visitantes de Baleares.
O Museo Man de Camelle, de Camariñas, organizará os días 2 e 3 de marzo uns obradoiros polo Entroido. O obxectivo principal do programa é o fomento da aprendizaxe mediante a experimentación persoal. As persoas inscritas poderán realizar máscaras ou un bálsamo labial libre de tóxicos. Tamén haberá xogos. Este compendio de actividades permitirán poñer en práctica as artes prácticas, pero tamén poñer en valor o consumo responsable.
Páxina 1 de 2