Dende o 30 de Setembro, as vilas de Camariñas e Vimianzo están irmandadas coa localidade suíza de Delemont, capital do cantón de Jura. A irmandade entre vilas ou cidades orixinouse nos anos sesenta e dende finais dos anos oitenta existe un apoio a nivel europeo para este tipo de relacións. Con elas pretendese achegar distintos puntos xeográficos que comparten aspectos culturais ou históricos, sendo no caso de Camariñas e Vimianzo con Delemont un importante pasado común como o punto que foi para a emigración da costa da Morte que se desprazou até esta cidade para buscar traballo e mellorar as súas condicións de vida. A día de hoxe segue a existir unha gran cantidade de galegos nesta capital suíza elevándose o número a un total de 350 veciños e veciñas que, procedentes da costa da Morte, alí residen.
Acudiron ao acto representantes dos tres municipios. Pola parte do camariñán foron a alcaldesa Sandra Ínsua e a concelleira de servizos sociais Begoña Tajes, pola de Vimianzo a alcaldesa Mónica Rodríguez e o tenente de alcaldesa Víctor Muíño e pola de Delemont o alcalde da cidade Damiel Chappuis. Nel falaron do pasado común e da estreita relación que se creou entre as localidades na historia, así como os desexos de que o futuro continúe no mesmo camiño.
Este martes pasado saía a cuarta entrega do programa “Eu Son Camariñas” tendo como protagonista a Evaristo Antelo López “Ito” armador e patrón da súa propia embarcación, o buque “Apostol”.
O xermen desta toda vorágine de cenas das comisións de festas tivo o seu xermen, como non podía ser doutra maneira, hai máis de 10 anos en Camariñas. Daquela, a comisión de festas do Carme comandada polo noso amigo JM Canosa Campaña organizaba a primeira edición da Cena do Carmen de Camariñas, un evento que se convertiría nunha tradición e que animaría a maioría de comisións de festas dos arredores a copiar os seus pasos. Agora esta comisión do Carme, convertida xa na Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” está a desenrolar un impresionante traballo para tratar de traer a nosa vila unha das edicións máis impresionantes que se lembren da nosa Festa do Carme. Unha das derradeiras iniciativas deste xenuino grupo humano que conforma a comisión do Carme 2019 é a continuación da tradición coa elebración da cena do Carmen 2019. Unha actividade co propósito principal de recadar fondos para financiar a nosa festa pero que tamén sirve como prolegómeno e pistoletazo da conta atrás para o día grande de Camariñas. Para elo a comisión de festas ten planeado organizar unha verdadeira bacanal culinaria que se celebrará na Praza do Mercado de Camariñas o 29 de xuño e que contará por si as moscas cunha gran carpa onde albergar a todos os comensais. Haberá hinchables para os mais cativos, sorteos varios e diversión a raudales cun gran ambiente garantizado como ven sendo habitual nestas cenas do Carme. Tamén nos queren informar dende a comisión que en datas previas á Cea realizarase a esperada presentación do espectacular Cartel do Carme 2019, de cuio deseño se está encargado un habitual colaborador de gran parte das iniciativas desta comisión, como é o fotógrafo de bodas Diego Alonso así como da nova e impresionante páxina web da ACCDR Virxe do Carme de Camariñas. Tamén nos recordan desde a comisión que próximamente darán a coñecer públicamente o nome o "Camariñán de Honra" desta edición do Carme 2019 que terá o orgullo de dalo pregón das festas da vila das palilleiras o próximo 15 de xullo. Para rematar a ACCDR Virxe do Carme de Camariñas queren facer público seu agradecemento polo gran apoio institucional e social que están a recibir para que as nosas festas sexan cada vez mellores. Señoras e señoras, camariñáns todos: O Carme 2019 xa está aquí!
A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” da comezo a súa temporada de andainas destinadas a recadar fondos para financiar as festas do Carme a través de prácticas saudables. A primeira delas será unha andaina entre Camariñas e a área recreativa do Ariño, na parroquia de Xaviña, que se celebrará o próximo 2 de xuño. A hora de saída será as 10 da maña dende a Praza de Insuela, diante da Casa do Concello, e a distancia a percorrer é de 14 quilómetros por un circuito que nunca perde de vista o mar e as marabillosas paisaxes da Ría de Camariñas. Ao remate, os andantes poderán degustar un xantar campestre que inclúe empanada, churrasco, postre, bebidas e café. As reservas poden facerse no teléfono 646 94 22 95 ou contactando con calquera dos membros da Asociación.
Despois da multitudinaria preestrea de Eu Son Camariñas, o equipo creativo deste programa promocional do Concello de Camariñas ven de publicar no blog da súa web oficial o video do acontecido o pasado domingo 7 de abril na Casa de Pedra. Alí preto de 200 persoas se deron cita, a pesares da intensa chuvia, para ver en primicia o video-clip que ten en vilo a toda Camariñas. Neste acto foi o seu creador, Diego Alonso Freire, o encargado de explicar nunha interactiva e amena presentación en diapositivas de todo o programa. A preestrea de Eu Son Camariñas contou tamén con varias sorpresas como a proxección dun video do mellor deportista da historia da Costa da Morte, o camariñán Víctor Vigo que tamén se uníu a este programa. E ao final, despois dos emocionados aplausos do público asistente, o equipo de grabación recolleu, nun escepcional video, a opinión dos protagonistas do spot así como dalgunhas das testemuñas que quixeron voluntariamente valorar este proxecto promocional. E aquí volo deixamos a continuación para que poidades ver o acontecido nese acto de preestrea do programa Eu Son Camariñas.
Páxina 1 de 5